Xoves. 14.11.2019
El tiempo

O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo

O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo
Festival Carballo Inteplay 2018

Aínda esperan que cheguen máis proxectos en galego, pois aínda continúa aberto o prazo para presentar proxectos de webserie en galego, pero O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pechou onte o prazo de recepción de webseries para a súa competición oficial con, nada menos que 256 propostas recibidas dende todos os continentes.

A imaxe do CIP homenaxea na súa quinta edición, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril, as mulleres pioneiras da tecnoloxía e do audiovisual, reivindicando o traballo da actriz e inventora Hedy Lamarr, precursora da tecnoloxía móbil, GPS e wifi, da matemática e escritora británica Ada Lovelace, da primeira persoa que dirixiu unha película de ficción e pioneira dos efectos especiais Alice Guy, da matemática Joan Clarke, da inventora do e-book Ángela Ruiz Robles, da pioneira da música electrónica Delia Derbyshire, da científica computacional, matemática e enxeñeira de sistemas Margaret Hamilton, da precursora da Internet Radia Perlman, da enxeñeira e programadora Mary Allen Wilkes e da pioneira no deseño de interfaces de usuario, Susan Kare.

Novidades

Ademais da “Experiencia audiovisual extrema” no Campamento Kamikaze, Carballo Interplay estrea, tamén, nesta edición, un Mercado Profesional que integrará unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia. As persoas interesadas en participar neste Día PRO, que terá lugar o xoves 5 de abril, xunto con FLOOXER (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), CRTVG ou Playground, así como con epresentantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais, deben acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival,carballointerplay.com.

Máis informaciónInscrición no Campamento Kamikaze | Inscrición no Mercado Profesional | Concurso de webseries | Concurso de proxectos de webserie en galego

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios