Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Portugal analiza nun congreso internacional o papel medios en galego e os neofalantes nun congreso internacional

Portugal analiza nun congreso internacional o papel medios en galego e os neofalantes nun congreso internacional
Ubaldo Cerqueiro de QPC nas charlas dos 10 anos de GC Ubaldo Cerqueiro, segundo pola dereita, nas charlas dos 10 anos de GC, xunto con director do GC, Xurxo Salgado; Rocío Castro, ex directora de Vieiros; Xosé Pereira, ex vicereitor de Comunicación da USC; e Marcus Fernández, coordinador de Código Cero "Focusing on Policies and Practices, the New Speakers" é o lema das xornadas que durante tres días reunirán en Coimbra, Portugal, aos principais especialistas europeos neste campo. Un encontro que contará, ademais, cunha mesa enteiramente galega para falar, precisamente, da situación do idioma, dos neofalantes e do panorama mediatico do galego no noso país. Nesta mesa participará o director do xornal Que Pasa na Costa, e secretario da Asociación Galega de Medios (Amega), Ubaldo Cerqueiro, que estará acompañado do director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Moderarán este panel, que levará por título "New speakers and the future of the Galician Media: Role of crowdfunded Galician newspapers in creation of bottom-up language policies", Anik Nandi, da Universidade Queen's University Belfast, e Bernadette O’Rourke, da Heriot-Watt University. Esta conferencia examinará o o rol do español como lingua dominante en Galicia e o papel das administracións e da sociedade galega na preservación e defensa do galego. Ademais, abordará a situación dos neofalantes e o papel dos xornais en galego como "contra-élites" que permiten revitalizar o impulso da lingua desde a base. De feito, durante os tres días que dura o congreso tamén se analizará a situación doutras minorías lingüísticas como a escocesa, a irlandesa, a catalana ou a vasca, ademais de abordar as políticas referidas aos neofalantes en diferentes estados europeos ou a Carta Europea das Linguas Minoritarias. O neofalantismo Este congreso está organizado pola rede "The Newspeakers" (Neofalantes) da European Cooperation in Science and Technology (COST) que entende aos neofalantes como actores lingüísticos que teñen que adaptarse, expresarse e vivir en contextos lingüísticos novos diferentes á a súa lingua nativa ou na que foron educados.  

Máis información

Fonte    

Comentarios