Venres. 29.03.2024
El tiempo

Semana social nos centros culturais de Carballo

Semana social nos centros culturais de Carballo
Faladoiro sobre Violencia Obtetricia

Varias citas importantes acolle esta semana a capital bergantiñá. Por unha banda, o BNG carballés organiza un faladoiro sobre violencia obstétrica para abordar a violencia machista no sistema sanitario. Paralelamente, o Casino 1889 acolle a presentación do novo vídeoclip da artista de Arzúa MJ Pérez e celebra a Semana sen Fronteiras.

Faladoiro sobre violencia obstétrica

Arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no BNG de Bergantiños quere abrir un debate social sobre esta forma de violencia que se produce no sistema sanitario. sabel Abel, da Asociación Galega de Matrona falará sobre a violencia obstétrica, este o sábado 24, a partir das 17.30 horas, no Fórum Carballo. Con ela estará Nuria Otero, de “O parto é noso”, un colectivo con presenza en Galiza desde hai 11 anos que pretende mellorar as condicións da atención a nais e fill@s durante o embarazo, o parto e o posparto; e María Porto, de Embarazadas Galicia, que nos últimos anos veñen denunciando as prácticas obsoletas e reivindicando os dereitos das mulleres embarazadas para evitar o tan frecuente turismo obstétrico.

Fin de semana no Casino

O Casino1889 acolle o venres 23 de Novembro, ás 21h, a presentación do videoclip e unha curta documental de MJ Pérez, que animará a velada cun exclusivo concerto para o público asistente.

Ademais, o sábado, día 24 de Novembro, ás 13h, terá lugar na nosa sede a presentación da Semana sen Fronteiras, unhas xornadas solidarias, centradas nas persoas refuxiadas, que desenvolveremos durante a semana do 10 ao 14 de Decembro. Ademais do programa, tamén se presentarán as bases dun concurso solidario de micro-relatos, e proxectarase unha curtametraxe, dirixida por José Palazón, sobre a situación dos menores en Melilla. Despois do acto, haberá uns pinchos.

O mesmo día, pola tarde, a partir das 19h, haberá a presentación do libro “Galicia en guerra”, a cargo da Plataforma en Defensa do Monte Neme, incluída no programa das xornadas Monte Neme, que decorrerán ao longo dos días 23 e 24 de Novembro.

Comentarios