Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Tres artistas carballeses mostran a súa particular visión sobre o FIOT

Tres artistas carballeses mostran a súa particular visión sobre o FIOT
A través das súas obras, os tres artistas expoñerán a súa particular visión sobre o FIOT A través das súas obras, os tres artistas expoñerán a súa particular visión sobre o FIOT Eva Facal, Mon Lendoiro e Laura Tova son os autores das obras que se expoñerán ata o 1 de novembro no pazo da Cultura de Carballo. "Versión orixinal", que é título da exposición, inagúrase hoxe ás 20:30 horas nun acto no que participarán o presidente da asociación cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e no que Paco Souto ofrecerá un recital poético. Cada un dos artistas carballeses reflectirá a través da súa obra o que para eles significa a “versión orixinal” – a liña argumental sobre a que o FIOT xira nesta edición-, é dicir, tres versións diferentes sobre un mesmo concepto e idea. As obras reclaman o protagonismo da súa propia voz, onde converten ao espectador en cómplice da súa verxión orixinal. Mon Lendoiro optará por unha pintura misturada con collage, Laura Tova exporá unha obra pictórica fusionada con outros elementos e Eva Facal montará unha instalación. O resultado: tres obras fusionadas nunha soa, pero cada unha con entidade propia. Para iso farán súa a sala de exposicións do auditorio do Pazo da Cultura, transformando por completo este espazo, aínda que o resultado é unha sorpresa que ningún dos artistas quere desvelar ata o momento da inauguración. O que si se pode adiantar é que a intervención da sala forma parte do proceso creativo e suporá un cambio sustancial respecto ao seu aspecto actual. A entrada é gratuita.     cartel Longa traxectoria Os tres artistas xa coincidiron anteriormente noutros proxectos, destacando entre eles a iniciativa “Derrubando muros coa pintura”, impulsada polo concello de Carballo co obxectivo de converter a cidade nunha gran galería de arte ao aire libre e así paliar os efectos do feísmo no entorno urbano. A artista Eva Facal, sobriña do escultor carballés Manuel Facal, acumula unha traxectoria de 15 anos no mundo das artes plásticas. Formada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, traballou como deseñadora en empresas de publicidade e grandes compañías e actualmente dedícase ao seu obradoiro de debuxo e pintura en Carballo. Forma parte da asociación Crea Formas, á que tamén pertencen Mon Lendoiro e Laura Tova. Tras o seu paso pola escola de Arte e Deseño Superior Pablo Picasso da Coruña e curtida en talleres con algúns dos máis grandes ilustradores (Chris Haughton, Pablo Amargo e Miguel Tanco), Laura Tova é toda unha experta en ilustración, deseño e arte urbano. Pola súa banda, Mon Lendoiro é un dos pintores e ilustradores máis polifacéticos de Carballo e todo un referente no seu pobo natal. Recentemente inaugurou unha nova galería en Carballo, Garabato, e é o presidente da asociación Crea Formas, que aglutina a pintores, fotógrafos, deseñadores e ilustradores de toda a comarca de Bergantiños. Fonte

Comentarios