Luns. 09.12.2019
El tiempo

Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”

Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”

Ucha Velo e alcalde de Santa Comba por segunda vez

Alzouse alcalde un San Antonio. “Estaba cantado” pensaba el a pesar das dúbidas sobre o posible pacto entre PP e TEGA. E o fai por segunda vez, pois Jose Antonio Ucha Velo (PSOE) colle o bastón de alcalde, despois de facelo durante un ano en 2007, cando se convertíu un alcalde nun pacto con TEXA e PX, pero desaloxado tras unha convulsa moción de censura que colocaba a Miguel Pérez como alcalde. Daquela saíu a hombreiros do pleno, apoiado por unha marea de veciños a pesar da minoría coa que chegara ao poder. E o mesmo tiña pensado facer, volver a hombreiros ao despacho, se tivese gañado a maioría absoluta. Non foi así, pero como forza máis votada converteuse no novo alcalde de Santa Comba, reemprazando á popular María Pose. No pleno de investudira cada grupo votouse a si mesmo, pero días despois o PSOE e TEGA chegaron a un pacto para formar “un goberno estable”.

 

Temín, temín, tendo en conta que non era unha idea para nada improbable pois varios dos edís de TEGA son ex do PP. Pero creo que os egos persoais impediron ese pacto, ningún dos dous cederon pois ambos querían a alcaldía.
Agora ben, penso que hai que respectar a vontade popular, que nos situou a nós como forza máis votada. Ademais, é a nosa obrigación formar un goberno estable, e por iso lle ofrecimos a TEGA un pacto, que aceptou. Pero tamén lle ofrecimos ao PP formar parte da Xunta de Goberno Local e da mesa de contratación, algo que a min nunca me ofreceron. A miña idea é que foran dous órganos paritarios en canto a representación dos grupos municipais (ademais da presencia do alcalde como presidente), pero o PP rexeitou, polo que agora queda unha Xunta con 2 membros do PSOE, 2 de TEGA e mais eu presidindo.

  • QPC: Como será entón esa coalición con Terra Galega, tan positiva como na oposición?

 

Temos decidido facer un “borrón y cuenta nueva”. Partimos de cero, pensando en facer unha audioría, poñer ao día as licitacións, e focalizar na transparencia, e no aproveitamento de recursos e das brigadas propias. Nestes puntos estamos dacordo así que non haberá problema.

Os pactos só se poden basear na confianza, e se lles propuxen un pacto é porque confío neles tanto como nos meus concelleiros. Non entendería o acordo doutro xeito, e como temos moitas cousas en común, non será difícil levalo adiante.

  • QPC: Como vai ese primeiro mes de mandato a nivel persoal?

 

Pois é unha satisfacción que os veciños confíen en ti. Hai que darlles as gracias antes de nada, e saber que eles son sempre os teus xefes. Ademais hai que ter claro que esto é circunstancial, non se lle pode coller apego ao sillón e a este despacho e por iso non traio cousas persoais. O poder emborracha, pero como xa é a segunda vez que estou aquí, creo que teño cousas aprendidas.
Iso significa traballo, sacrificio e entrega ao 100%. Acabáronse os sábados e domingos, e os traballadores saben que chego o primeiro e saio o último. Pero este traballo ten que ser vocacional, ten que ser por ideais
.

  • QPC: Primeiras semanas e xa vos atopades cun problema na fronte, o dos gandeiros. Que pode e que vai facer o Concello de Santa Comba, e os concellos da volta como Mazaricos, Zas e Vimianzo, para axudar aos gandeiros da zona?

 

Pois facer de interlocutores diante da Xunta, pouco máis podemos facer que estar con eles, falar ca xente e telos unidos cos sindicatos e demais. É un gran problema económico, pero non ten que ver coa falta de rendibilidade das explotacións. É un problema político polo que se pode solventar, pois mentre en Galicia non nos deixan producir todo o que podemos, noutras comunidades están duplicando a produción e as administracións galegas estannos deixando tirados.

Hai que lembrar que no rural galego a gandeiría é máis que un medio de vida, é unha forma de vida, e é un sector que ten que ser rendible económica e socialmente. Nós prometemos prestarlle máis atención ao campo, pero tamén é certo que no interior ás veces nos unimos menos, e “cada un torna a auga para o seu rego”, pero temos que ir máis xuntos.

  • QPC: Que foi a primeira cousa que fixo ao recoller o bastón de mando?

 

O primeiro foi darlle as gracias aos veciños. E de seguido tocou paralizar unha obra que estaba en marcha e era un tema urxente. É un tema que vén de tempo, dunha persoa que leva alugando unha nave ao Concello de Santa Comba, pero que lle está facendo un fraco favor. O Concello comproulle a nave este ano, por un prezo 3 veces por riba do seu valor, coa excusa de que non lle pasaría a cobrar o aluguer dos últimos 3 anos. Pero agora atopámonos no Concello con que ademais da venda, quere reclamar 85.000€ dos alugueres destes anos, unha auténtica estafa, pero como aquelo se fixo como se fixo… O caso é que cando fun visitar a obra para ter unha xuntanza cos traballadores da brigada, estaban facendo un muro medianero, e na venda puña que xa tiña que estar feito, polo que paralicei a obra para ter tamén armas xudiciais.

  • QPC: Atopouse algunha sorpresa agradable ou desagradable ao abrir os caixóns?

 

Pois xa que o dis, cando abrín os caixóns, fisicamente, digo, atopei caixas baleiras de moitas cousas. Deberon saír correndo porque non tiraron nin as caixas dunha cámara de fotos, un ipad…

Xa en serio, está todo moito peor do que esperabamos, organizativa e administrativamente. Economicamente xa o esperabamos pois aínda non temos os orzamentos do 2015 aprobados, e iso é por algo. Agora atopámonos con que non temos con que dar subvencións aos clubs de fútbol, asociacións…

Outra das cousas máis graves, é que temos máis de 20 servizos básicos sen contrato, que se están pagando contra factura, e iso é un gran problema á hora de facer unha planificación. A auga, a luz, a asesoría xurídica, o teléfono, a xardinería… todo está sen contrato. É coma ter un traballador no bar sen seguro.

Por todas estas cousas estamos case ao fío dunha intervención pois todos estes casos están na Fiscalía. Hai que formalizar a situación, e sei que esas cousas non dá votos, pero temos que poñernos ao día.

  • QPC: Cales son os seguintes pasos a dar?

 

Como digo, o primeiro é facer audioría, poñer ao día as licitacións, e focalizar na transparencia, no aproveitamento de recursos propios, dándolle prioridade aos Servizos Sociais. Ampliamos de feito neste caso de 2 medias xornadas a 2 xornadas completas e 2 novos postos para os Servizos Sociais, para empezar. “Se somos menos, non pesamos máis”, xa que temos que ser conscientes de que se mantemos a estrutura municipal é todo un éxito, coa baixada importante de poboación que sufrimos a pasada lexislatura, e que suporá unha baixada de igresos que pode rondar o millón e medio de euros. Temos que racionalizar o gasto para manter os servizos.

Outro punto importante é o de facer as cousas cos nosos propios recursos e deixar de externalizar. Esta é a clave. Gobernar con moitos recursos é fácil, pero agora temos poucos e hai que organizar.

Sobre a transparencia, se foran outros tempos, teríamos ata un canle de TV, porque temos os medios técnicos e persoas, pero as licencias a día de hoxe non son tan fáciles. En todo caso, faremos un canle de youtube para subir os plenos e outras actividades.
Tamén queremos facer partícipe ao Concello de Mazaricos da Radio Xallas, que pasará de ser municipal a comarcal, porque penso que é bo para todos. Compartiremos contidos e gastos, e todos sairesmos gañando, sobre todo os veciños.

Novas relacionadas

 

Comentarios