Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un calendario dedicado a agua en Carballo

Un calendario dedicado a agua en Carballo
Fotografías das 18 parroquias ilustran o almanaque editado polo Concello de Carballo a través da área de Turismo. Concretamente, fotografías de fontes, muiños ou fervenzas. Calendario 2018 do Concello de Carballo A fonte de San Miguel en Vilela, o Bosque do Añón en Carballo, a fonte das Labradas en Oza, o muíño de Pardiñas en Goiáns, a férveda de San Paio en Entrecruces, a Ribeira da Pena en Aldemunde, a fonte do Picho en Cances, a praia de Razo, a praia de Baldaio en Lema, a fonte do Pazo do Souto en Sísamo, ... e así ata as 18 imaxes, unha por cada parroquia, que ilustran o calendario do 2018 editado polo Concello de Carballo á través da área de Turismo. A auga convértese no nexo de unión entre tódalas fotografías e tamén entre tódalas parroquias. O mar, os ríos, as fontes e os muíños permiten facer un percorrido polos diferentes recursos hídricos do concello carballes e seguir insistindo, como se ven facendo a través de diferentes intervencións e campañas municipais, na importancia de preservalos e protexelos. O almanaque está dispoñible desde este mercores no Museo de Bergantiños, onde poden solicitalo de balde tódalas persoas interesadas en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30, de luns a venres, e de 11.00 a 14.00 horas, os sábados e domingos de feira agás o 31 deste mes, xa que o día de Fin de Ano o edificio estará pechado.

Comentarios