luns. 02.12.2024
El tiempo

Un entroido de cervexa e artesanía en Santa Comba

Un entroido de cervexa e artesanía en Santa Comba
Entroido e Festa da Cervexa Artesa en Santa Comba

Menuda proposta a que se prepara en Santa Comba para este Entroido 2016. Durante a fin de semana do 5, 6 e 7 de febreiro, a capital xalleira celebrará, ademais das actividades habituais de cada entroido, a Festa da Cervexa Artesá de Galicia, e a Feira de Artesanía. Tres citas ás que non se pode faltar.

A cita, organizada polo Concello de Santa Comba e ADICCAG-Asociación para a divulgación da cultura cerveceira artesá galega, celebrarase no Recinto Feiral, aberto desde as 12 do mediodía ata a 1:00h da mañá ininterrumpidamente. A inauguración coa pinchada do primeiro barril será o venres 5, as 17:30 horas.

Teremos un certamen de cervexa artesá galega rodeado dunha docena de produtores con máis de 60 variedades de cervexa. Arredor do “liquido elemento” (para moitos) haberá cursos de formación, presentación de novas cervexas, degustacions, catas guiadas e unha carpa restaurante para 120 persoas, con comidas e o domingo un cocido popular por 15 €/persoa (sopa, cocido, postre e café).
Uns 25 artesanos de todo tipo (coiro, vidrio, teares, perfumes, bisuteria, ferro, prata, etc) tamén formarán parte da Feita de Artesanía. Non faltará o típico festival infantil de entroido con animación e concurso de disfraces.
E para amenizar a cousa, haberá concertos de rock, algúns deles tributo a grandes formacións, discoteca móvil, baile para os maiores.

Programa completo

Programa do Entroido Santa COmba 2016

Outro día falamos máis polo miúdo das cervexas que estarán presentes en Santa Comba así como faremos un especial das bandas locais que amenizarán as noites. Pero xa traemos o programa completo:

- Venres 5 de febreiro. Pola mañá, e se as condicións meteorolóxicas o permiten, desfile polas rúas do pobo de tódolos nenos disfrazados dos colexios Barrie de la Maza, Inmaculada, Pepe Xan Baña e Rural Agrupado. Pola tarde ás 17:30 inauguración e pinchada do primeiro barril por parte de autoridades, coa actuación do grupo da Escola de acordeonistas Amigos do Xallas. As 18:30 horas sesión de baile co Trío Alborada. Pola noite a partir das 21:30 horas concerto de rock coa formación local Marmota Phill (Indie-Pop) e a formación tributo a Héroes del Silencio Rueda de la Fortuna.

- Sábado 6. Ao mediodía, ás 13:00 horas presentación da primeira cervexa artesá Xalleira de Santa Comba “Estrela da Canteira”. Durante o acto e por cortesía da firma local Alón Vin, haberá unha degustación de productos de Porco Celta (especie autóctona de Galicia en fase de recuperación baixo a tutela da Xunta de Galicia e de Asoporcel-Asociación de Criadores de Porco Celta) en diferentes variedades de comercialización como chourizo, salchichón, lomo ou en pata de xamón, para o cal se contará cun cortador profesional. Pola tarde ás 17:00 horas curso teórico de fabricación de cervexa artesá. Impartiráse de forma gratuita e deberá contarse con inscrición previa. As 18:00 horas sesión de música de tarde con DJ animador e o BusDisco de Factory de 12 metros de longo e 10.000 watios de sonido. Pola noite a partir das 21:30 horas concerto do grupo local Grand Sould Band (Soul) e tributo a cantantes de formación dos 60/70/80/90 como David Bowie, The Killers ou Radiohead coa formación Versionettes. Pola mañan tamén se celebrará a habitual feira-mercadiño periódica do concello de tódolos los primeiros sábados de mes no Campo da Feira.

- Domingo 7. Ao mediodía, ás 13:00 horas. Cata gratuita de diferentes variedades de cervexa artesá acompañados de guía especialista. Para participar é necesaria inscrición previa. As 14:00 horas cocido popular na carpa restaurante do certame. O menú inclúe sopa, cocido, postre e café. 15 €/persoa. É necesario reservar praza o venres ou sábado no propio restaurante da feira ou chamando o teléfono 622295189. Límite máximo 120 persoas. Pola tarde a partir das 17:00 horas celebraráse o tradicional Festival Infantil de entroido, con concurso para os mellores disfraces, animación e inchables. O festival comenzará cunha exhibición de cetrería e de vos de aves rapaces.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios