Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un novo triunfo da creatividade virtual en Carballo

Un novo triunfo da creatividade virtual en Carballo
Cheo tras cheo no Carballo Interplay Rematou cun novo éxito rotundo, terceira edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. 4 días (arrincaba o xoves) de cultura vangardista, 3 días nos que Carballo foi o foco de aetnción de rede internacional máis creativa. Tras ducias de webseries proxectadas, millóns de risas retratadas, e moita, moita cultura masticada, a noite do sábado era a dos Premios. Unha noite especial, cun nome en maiúsculas, como o do humorista Premio Reyes, que recibía o Premio de Honra. O homenaxeado protagonizaba unha das webseries da sección oficial, Pedro Reyes For President, na que se narra a súa chegada á presidencia do goberno cun programa utópico: “honestidade brutal”. O Carballo INterplay 2016 En canto aos premiados deste curso, “El Partido” gaña os galardóns a mellor webserie en imaxe real e mellor dirección, coa súa historia de corrución política. “Poetarras” recuncan no premio á mellor webserie en galego, categoría na que xa foran vencedores hai dous anos, cos seus sketches arterrorísticos. “Orfanato atroz”, do coruñés Antón Varela, gaña o premio á mellor webserie de animación, cunha mención especial para “Niño ratón”. A suíza “Arthur” gaña o premio á mellor webserie internacional, cunha mención especial para a arxentina Aventuras de corazón roto. E o público escolleu a “Beto”. "Liberdade e Orzamento" [fbvideo link="https://www.facebook.com/srtaboop/videos/10154229059189923/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Uns dos ganadores do Carballo Interplay

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios