Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha Axenda cultural de alto nivel na Costa da Morte

Unha Axenda cultural de alto nivel na Costa da Morte

Completa chega a Axenda para esta fin de semana. Unha fin de semana de outubro na que continúa en marcha o FIOT de Carballo, con citas venres, sábado e domingo. EN clave teatreita tamén terán cita en Laxe, coa Mostra de Teatro Afeccionado.

Pero hai máis cousas, como o comezo da serie de conferencias que o Concello de Cee artella sobre Domingo Antonio de Andrade. Abrirá, como non podía ser doutro xeito, o armadanzas do programa, o historiador Víctor Castiñeira cunha charla de ubicación histórica.

A charla é o sábado, pero a noite do venres chega completa en Cee, pois teremos a posibilidade de ir a un concerto ou disfrutar coa poesía de dous grandes o Batallón Literario da Costa da Morte como son Suso Bahamonde e María Lado.

Como citas culturais non podemos esquecer a primeira sesión do programa Lesentopías, que artella a Universidade Cromática das Virtudes en Corcubión, e que consiste na análise dun libro. Unha proposta dende logo novedosa na bisbarra.

E para os amantes da música coral, a Igrexa Nova de Baio acolle o Encontro de Corais Costa da Morte.



Máis información

Fonte

Comentarios