Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha Axenda da fin de semana cargada de teatro

Unha Axenda da fin de semana cargada de teatro

Repasamos hoxe venres as actividades que nos ofrece a Costa da Morte para esta fin de semana. Unha fin de semana completa onde o teatro toma o relevo das festas, como podemos comprobar na nosa Axenda Costa da Morte.

Para hoxe venres temos cita co FIOT de Carballo, que xa non para o vindeiro día 31. Pero tamén podemos facer unha ruta por Ponteceso, partindo da Tenda dos Libros coa charla con Carlos Callón, e seguindo polo cine de Corme.

As citas do sábado son variadas. A celebración do 125 Aniversario do IES Fernando Blanco incluirá en Cee charlas e teatro. Por Muxía hai cita co libro de XH Rivadulla Corcón, mentres que en Camariñas hai concerto de Xoán Curiel.
As citas teatreiras complétanse en Muros e Carballo, que se repite o domingo, cando tamén hai en Laxe e en Vimianzo.

E ollo, que para a semana volven as festas, como as Festas do Cristo do Pindo e as Festas da Pilarica da Trabe.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios