Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte con teatro, música, gastronomía, sendeirismo e máis letras

Unha #AxendaCostadaMorte con teatro, música, gastronomía, sendeirismo e máis letras
Xa con resaca pero tamén con moitas gañas de seguir disfrutando das Letras Galegas chega esta nova fin de semana de 19, 20 e 21 de maio. Unha fin de semana que volve poñer o foco na pequena aldea do Couto, con ese magnífico Festiletras que sitúa Bergantiños no centro da celebración máis auténtica do país. Pero a #AxendaCostadaMorte chega con moitas máis cousas. Teatro, sendeirismo, gastronomía, música, exposicións, limpezas… Así ide tomando nota do parte meteorolóxico que nos mandan os amigos de 4gotas.com para que ver que roupa sacades: Hoxe irá achegándose o anticiclón, pola mañá aínda quedará algún chaparrón feble e moi espallado no tempo. A partir do mediodia deixará de chover para toda a fin de semana. O día de hoxe ainda será fresco, sobre todo na mañá e na noite, pero o sábado comezan a subir as temperaturas no sur da Costa e o domingo seguirán a subir, chegando aos 25 graos no sur e interior e uns 22-23 no norte. Non estará o ceo azul na finde polo que esa calor deixará sensación de bochorno, con moita humidade.

Festiletras

  • Esta fin de semana chega o cumio da35ª edición do Festiletras. Durante a mañá do venres haberá cistas para escolares co Festiciencia. Durante a tarde terá lugar un café da memoria, co documental de Omar Rabuñal recordando as minas de titanio. Xa pola Noite do prácido luar, teatro e música lusófona con Uxía e Joao Afonso na Casa dos Veciños. O sábado arrinca co IV Encontro de Aldeas Singulares. Pola tarde, Cova Céltiga cos regueifeiros de Bergantiños, e clase maxistral con Luís Davila para rematar co mónólogo de Carlos Blanco. E xa o domingo, Feira de Artesanía, foliada, e pola tarde música tradicional, con Inllar e o concerto de Luar na Lubre para pechar 35 actos polas Letras Galegas. Ademais, a fin de semana virá completa tamén cos descontos e pinchos en 103 bares de Ponteceso.

Teatro

Rutas de sendeirismo

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Gastronomía

  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
  • Rutas de tapas en Santa Comba. Esta fin de semana continúa en Santa Comba a VII edición da Ruta de Tapas na que participan oito establecementos da vila.

Outras citas

Fonte

Comentarios