Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha boa dose de Culturalina para os venres carballeses

Unha boa dose de Culturalina para os venres carballeses
Venres Culturais de Carballo 2018

Programa envexable dende toda a comarca este dos Venres Culturais de Carballo, que chega á súa 15ª edición. Venres de inverno que chegan cargados dunha boa dose de “culturalina”, con 15 propostas culturais con “pílulas” de teatro, monicreques, música, fotografía ou artesanía encherán as fins de semana desde o Entroido ata a Semana Santa. O ano pasado foron máis de 2.500 persoas as que se vacinaron contra o aburrimento, e este ano pretenden chegar a outros tantos.

Cunha exposición aberta dende comezos de febreiro, a primeira actuación será o 23 de febreiro con Elisa e Marcela, a historia do primeiro matrimonio entre mulleres de España contada pola compañía A Panadaría. A última, o 23 de marzo con Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro.

Xa podedes ir resenvando os bonos nas oficinas do Pazo da Cultura (981 704 300).

Venres Culturais Carballo 02-18 Venres Culturais Carballo 02-18

Máis información

Comentarios