Xoves. 28.03.2024
El tiempo

unha-festa-da-pataca-coristanco-regueifa

A regueifeira Lupe Blanco será a pregoeira
unha-festa-da-pataca-coristanco-regueifa

37 Festa da Pataca de Coristanco 2017

Esta fin de semana do 16 e 17 de setembro ten lugar a XXXVII Festa da Pataca de Coristanco, unha cita singular este ano marcado polo sainete municipal que provocou que mesmo os carteis non saísen ata esta mesma semana.

A que falará en clave de esperpento será a pregoeira, a nova regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco. Como non pode ser doutro xeito, fará o pregón en verso, e como non pode ser doutro xeito, a retranca será a protagonista. Seguro que non safa ninguén.

O sábado haberá coches clásicos, xogos, a presentación do libro “Lembranzas” da Asociación Traba e verbena.

Para o domingo, ademais da misa, moito pasarrúas e moitas patacas co habitual desfile e concurso de carrozas.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios