Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha sesión dobre da Rúa dos Contos abre a 27ª edición do FIOT

Unha sesión dobre da Rúa dos Contos abre a 27ª edición do FIOT
Coa programación da Rúa dos Contos, este venres arranca a XXVII edición do Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT). Cúmprense xa 20 anos deste programa paralelo que naciu co obxectivo de buscar novos espectadores e potenciais afeccionados ao teatro. Co obxectivo cumprido, o día 28 terán lugar as primeiras representacións da 20ª edición da Rúa dos Contos con dúas citas. A primeria delas será na cafetería Colón ás 22:00 horas onde o monologuista galego Avelino Álvarez relatará os seus "Contos de contrabando" nun espectáculo recomendado para maiores de idade. E un pouco máis tarde, Marcos Pereiro expoñerá no Mesón do Polbo "Como ser armario encaixado". Ao día seguinte, sábado día 29, á unha do mediodía e para todos os públicos, no Mesón A Cabana tócalle quenda a Peter Punk: "En cru", espectáculo multidisciplinar con malabares, acrobacia, lume e risas, moitas risas. E á medianoite, no Bulevar Music Café e só para maiores de idade, Víctor Grande presenta o seu novo espectáculo "A vida pasa voando". Mercado municipal O sábado día 29 tamén terá lugar a primeira das representacións programadas no Mercado Municipal, ás nove da noite e para todos os públicos Manoliño Nguema ofrecerá "Ngoan ntangan, dous mundos que se tocan": Guinea Ecuatorial e Galicia. E xa o domingo, día 30, á unha do mediodía no Casino 1889 está programada para todos os públicos "Regueifa 2.0", con Lupe Branco e Bieito Lobariñas. Todos os espectáculos son de balde, agás o convocado á medianoite do venres no Mesón do Pulpo (5 euros) e a función no Mercado Municipal (3 euros). O aforo é limitado e as entradas débense adquirir antes de empezar a función nos propios establecementos. Para o seguinte fin de semana, o primeiro de outubro (5, 6 e 7) a Rúa dos Contos ten programados outros cinco espectáculos mais a sesión do sábado no Mercado Municipal. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/o-fiot-recibe-o-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/ “41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa “Lolita trae ao FIOT a súa obra de teatro “Freda”” — Que pasa na costa “A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra “Crimen y Telón”” — Que pasa na costa “Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán” — Que pasa na costa “O FIOT premia a Manuel Lourenzo co Xograr de Outono 2018” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios