Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Variedade de citas na #AxendaCostadaMorte

Variedade de citas na #AxendaCostadaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-20agosto2016 A música folk, as feiras multisectoriais, o teatro, as visitas máis culturais e, como non, as festas enchen a #axenda da Costa da Morte desta terceira fin de semana do mes de agosto. Antes de facer un repaso polas principais citas, vemos o parte costeiro de 4gotas.com. Hoxe pasará unha fronte fría por Galicia que xa deixou choivas a pasada noite ademais de traer vento con refachos fortes do sur. A media mañá cesarán as chuvias e o vento e xa no mediodía lucirá o sol. Iso si, con fresco. Mañá amencerá con nubes baixas e néboas no interior. A medida que avance a mañá irán a menos e volveremos a ter un mediodía e unha tarde de sol, con máximas nos 22-24ºC. O domingo será o día máis estival xa con ventos do norte subirán as temperaturas ao sur de Fisterra con máximas por riba dos 25 grados - día de praia - mentres que nos arredores de Malpica quedarán nos 22-23 e na tarde chegarán nubes baixas - néboas-. En 4gotas.com ou na app AQuePlaya están os datos actualizados para ver os posibles cambios. Festa Folk na Fin do Camiño Tras dous anos de parón, a asociación cultural A Anchoa trae unha nova edición da Festa Folk na Fin do Camiño que arranca mañá a partir da unha da tarde. Haberá degustación de productos típicos galegos, actividades para os máis pequenos e pola noite chegarán os concertos da man da orquesta Tombalobos, Radio Cos, Tiruleque e Liviao de Marrao. ExpoRía Camariñas Hoxe arranca en Camariñas unha feira multisectorial no que o mar será o protagonista. Haberá rutas de tapas polos locais da vila, mostra de artesanía, relatorios, talleres, un campionato de pesca de calamar e moitas actividades máis ao longo de toda a fin de semana. Festas
  • Malpica celebra esta fin de semana as festas do Mar. As celebracións comenzan hoxe cos pasarrúas dende as 11 horas que darán paso á sesión vermú co Dúo de Festa. Á noite amenizarán a verbena as orquestas Marbella e Palladium. Mañá sábado o Dúo Diamante amenizará os bailes da misa e pola tarde, a partir das 19 horas, haberá batucada polas rúas da vila. A verbena chegará da man das orquestas Venecia e do Combo Dominicano. Xa o domingo, o Tren da Unha encargarase da sesión vermú e ás 17 horas terá lugar a procesión marítima. A partir das 21 horas comezará a verbena a cargo do grupo Bomba.
  • Na Ponte do Porto haberá esta noite unha verbena da man da orquesta Trebol e da disco móbil Impacto para celebrar as festas do san Roque.
  • En Santa Sabiña - Santa Comba - os actos relixiosos e a música combinaranse para celebrar o san Lois.
  • A parroquia de Moraime - Muxía - celebra mañá sábado as festas do San Roque. Os actos comezarán xa pola mañá onde non faltará os oficios relixiosos. actividades para os máis pequenos e moita música coa orquesta D`Moda e Ciclón como pratos fortes.
  • En Olveira - Dumbría - celebran o domingo as festa na honra á virxe do Carme. A sesión vermú correrá a cargo de Nueva Fuerza que compartirá escenario á noite coa disco móbil CDC.
Visitas guiadas
  • As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
  • Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
  • O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
  • Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
  • O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas.
Roteiros
  • Continúa en Vimianzo o programa de visitas guiadas bautizado como Historia Viva. Nesta ocasión, o roteiro comeza ás 20:30 horas - cos últimos raios do sol - para visitar os petroglifos de Boallo, o túmulo megalítico da Arquiña de Vilaseco e coñecer a lendaria Pedra do Frade. A saída é do castelo de Vimianzo.
  • Concerto e visita nortuna en Muros. O guitarrista Alberte Romero ofrece hoxe un concerto, a partir das 22 horas, e a continuación terá lugar unha visita nocturna guiada polo casco vello muradán.
Exposicións Outras citas   Fonte

Comentarios