Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volven as festas á #AxendaCostadaMorte

Volven as festas á #AxendaCostadaMorte
Santa Irene, Serramo (ambas en Vimianzo) e Sardiñeiro serán esta fin de semana as capitais do verbeneo. Ademais destas citas, da #Axenda da Costa da Morte énchese de actividades para todos os públicos e para todos os gustos. Coma sempre, comezamos co parte meteorolóxico que nos traen os compañeiros de 4gotas.com O venres acabará por achegarse a Galicia a borrasca que provocou o vento do sur e a calor destes días. Será un día treboento, con ballóns puntuais e algún intenso e con treboadas e mesmo cara a noite con algunha saraibada. Haberá 5-6 graos menos que o xoves, con máximas nos 18-20 graos. O sábado comezará a afastarse a borrasca, pero paseniñamente. Aínda quedarán chaparróns na mañá e algún podería repetirse ao mediodía. Irá gañando paso o sol na tarde e acabará por lucir durante todo o domingo con máximas nos 22-24 graos. Como vedes, un tempo de tolos, moi cambiante, e esta montaña rusa repetirase varias veces durante o mes de Maio.

Festas

  • A localidade vimiancesa de Santa Irene celebra tres días de festa na honra da súa patrona. Os festexos comezan hoe coa festa do pulpo amenizada polo grupo Ciclón e a discoteca móvil CDC. Mañá tamén haberá actos relixiosos e verbena da man da orquesta Alaska e coa atracción de La Década Prodigiosa. E xa o domingo, actuará o dúo Élite e os grupos de baile de Salto.
  • As festas de San Cruz de Serramo - en Vimianzo - chegan mañá con varios actos litúrxicos e con sesión vermú e verbena coas orquestras Cinema e Samba.
  • III Festa da Amizade en Sardiñeiro. O grupo Ciclón será o encargado de amenizar a verbena que comeza ás 22 horas.

Teatro

  • Mañá volve ao auditorio de Zas o terceiro espectáculo que se enmarca dentro da II Mostra Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas. A función correrá a cargo de Martabelas - asociación teenses pola igualdade (Teo) que trae a súa obra "Dez baixo cero". A función, que é gratuita, comeza ás 21 horas e está dirixida a público maior de 7 anos.
  • Teatro Infantil en Vimianzo. A casa da Cultura de Vimianzo acolle este domingo, ás 18:30 horas, o espectáculo infantil "Fabaloba. A casa encantada de Alí". A entrada é de balde.

Rutas de sendeirismo

Primavera en Danza

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e doming de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Exposición no Museo do Alemán. Do 12 de abril ao 1 de maio o Museo do Alemán (Camelle) acolle a exposición “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.

Gastronomía

  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.

Outras citas

Fonte

Comentarios