Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Volven as orquestas á #AxendaCostadaMorte

Volven as orquestas á #AxendaCostadaMorte
AxendaCostadaMorte-4 decembro Esta primeira fin de semana de decembro, algo máis longa do habitual para algúns grazas á ponte da Constitución, chega á #AxendaCostadaMorte en forma de música e de rutas gastronómicas. Ademais, segundo indica o parte metereolóxico de 4gotas.com o tempo aliarase co lecer, ainda que "haberá un pouco de todo". "Tralas chuvias de onte, as precipitacións desaparecerán case por completo no día de hoxe. Como moito, quedará algunha a primeira hora para darlle paso aos claros entre algunha nube. Irá algo máis de fresco que onte. Mañá sábado aumentarán algo as nubes, especialmente ao sur de Fisterra, ainda que non está previsto que chova. Non está tan clara a xornada do domingo polo que é moi posible que só quede o ceo case cuberto, e sen precipitacións. Botádelle unha ollada á web por se hai cambios. O luns reforzarase o anticiclón con boas temperaturas - á mañá fresco, iso si - e predominará o sol. O martes todo apunta a que chegará unha fronte que deixará chuvias, especialmente na tarde. Para os que teñan pensado pasar a ponte fora da Costa da Morte, interesarálles este artigo".   Música Teatro
  • Hoxe continúa en Malpica a XI Mostra de Teatro coa obra "Xango". Talía Teatro interpreta a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Este espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, preferiblemente para nenos e nenas de 6 a 11 anos, comeza ás 20:30 horas no centro Cívico malpicán.
  • Vimiano inaugura o sábado ás 21 horas o "Decembro teatreiro" na Casa da Cultura. Sal-Monela Teatro presenta a obra "Tan perfecto non te quero", unha obra ambientada en 1955 que mostra as vicisitudes dunha serie de persoas que configuraban a sociedade da época.
  Xornadas gastronómicas Monólogo
  • O sábado a partir das 23:59 horas continúa o ciclo de Monólogos no bar A Molinera de Camelle. Diso encargarase Moskis, o ventrílocuo leonés que leva 16 premios nacionais e máis de 500 actuacións por España adiante.
Fonte  

Comentarios