Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Deixándose levar

1ª Autonómica: Deixándose levar

Pouco interese teñen estas últimas xornadas para os cadros costeiros na 1ª. Ambos están facendo probaturas, pensando xa máis na Copa (tampouco demasiado ante a avalancha de partidos) e na temporada que vén. Así e todo o Cee asinaba undos partidosmmáis completos do ano e acadaba todo un empate ante un Sada ascendido e líder.

Cee - Sada (1-1)

  • CEE: Parroto (Iván min 46), Rubén, Nico, Rafa (Piquero, min.29), Berto (Chiru, min,51), Angel, Fermin, Fer, Diego, Victor y Tasky (Uri, min.76).
  • Goles: 1-0, min.23: Ángel; 1-1, min.44 Isaac.
  • Expulsión: Ángel min.73 por doble tarxeta.

Un dos partidos máis completos dos ceenses que foron mellores que o líder. A pesar duns pequenos descoidos nos primeiros cinco minutos da defensa ceense a socasións foron para os locais. Víctor, logo de irse de varios rivais, lanza un pase cortado por Modesto cando Tasky estaba para empuxala. Unha boa xogada entre Víctor e Anxo que cede a Diego pero o seu centro é desviado a córner por un defensa. O gol chegaría logo dun córner no que o rexeite volve caer nas botas de Diego e centra para que Ángel de cabeza adiante aos ceenses.
As chegadas do Sada eran balóns longos a Gabi que en carreira se presentaba na área pero os seus centros nunca atopaban rematador. Un erro do medio campo ceense acaba co gol do empate. Gabi cede a Isaac que marca sen porteiro.

O Cee volveu saír máis metido no partido, as oportunidades do Sada eran a balón parado, como as de Cololo con dúas faltas e Charly. Nunha falta Angel facía a lucirse a Rochas que se golpea no despexa coa cabeza no pau tendo que ser substituido máis tarde. Coa expulsión rigorosa de Ángel o Sada envorcouse en conseguir un gol que lle dese a liga pero sen crear excesivo perigo á portería ceense. Uri tivo o gol da vitoria no último minuto, saque longo de Ían que peitea Fer e Uri envía o balón por encima da portería defendida por Adrián.

Victoria - Ponteceso (2-0)

  • PONTECESO: Diego (Xurxo, min.75), Fabi (Salva, min.70), David (Adrián Porteiro, min.30), Dani Pallas (Pitu, min.75), Ramón, Pablo Vázquez, Urbieta, Recarey, Borja (Dani Cotelo, min.70), Puente, Alex.

Partido deses que sobran no que Marco preferíu darlle minutos aos menos habituais e aos xuvenís. O Victoria saíu moito máis enchufados pola necesidade de vitoria, e con 3 goles e 2 postes demostraron clara superioridade e instensidade.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios