Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Empate técnico

1ª Autonómica: Empate técnico

O doble duelo costeiro-coruñés da xornada 25 da 1 Autonómica saldouse con táboas. O Cee merecía algo máis ante o Victoria mentres que o Ponteceso ata fallaba un penalti no que puido ser unha vitoria clara dos de Marco. Os ceenses seguen afundidos na táboa mentres que o Ponteceso mantén unha cómoda 11ª posición.

Cee - Víctoria (1-1)

  • CEE: Parroto, Nico, Luis (Moncho, min.56), Julio, Rafa, Fermín, Diego Cespón (Tasky, min.56), Isma, Víctor (Sergiño, min.80), Angel e Fer (Penedo, min.46).
  • Goles: 1-0, min.48: Isma; 1-1, min.52.

Primeira parte pouco vistosa pero con algunha ocasión clara para ambos bandos. A primeira na botas Ángel que tras recibir un gran pase de Diego, envía cara Isma que se atopaba só dentro da área pero o seu pase é cortado por un defensa. As chegadas do Vitoria non eran moi perigosas.

Mentres, Víctor, que volvei a ser o mellor do Cee, tivo a ocasión máis clara da primeria no minuto 32 cando se planta só diante de Xabi pero non é capaz de definir.

Na segunda saíu moi metido o Cee que recuperou o dominio do balón, e nunha das súas primeiras chegadas, Diego sérvelle a Víctor un pase por banda, que este chega á linea de fondo e dá o pase da morte a Isma que bate entre as pernas a Xabi. Non duraría moito a alegría, pois aos 4 minutos deste gol un erro defensivo, cun mal despexe, do balón cáelle ao visitante Richi que dentro da área e con todo o tempo do mundo fusila a Parroto ante a pasividade defensiva.

O Cee buscou máis a vitoria e tería outra clarísima ocasión, desta volta, nas botas de Tasky, que se aproveita dunha gran xogada con Ángel, que lle serve un gran pase deixándoo só diante do porteiro que volve salvar ao seu equipo.

Seguiuno intentando o equipo de Llanero pero sen premio final.

Imperator - Ponteceso (0-0)

  • PONTECESO: Norberto, Dani Pallas, Fabi (Alex, min.64), Fabián, Ramón, Tucho, Alberto Recarey, Puente (Adrián Porteiro, min.79), Mendieta, Luisete (Pablo Vázquez, min.65), Toniño.
  • Expulsión: un visitante na xogada do penalti no min.77.

Partidazo dos de Marco, que apenas sufriron atrás, e iso que chegaban con 3 xuvenís de inicio. Mereceron moito máis, por ocasións e por xogo os pontecesáns que ata fallaron un penalti, por medio de Toniño no minuto 77 que puido significar a vitoria.

Xa dende o comezo saíu o Ponteceso convencido da vitoria. Fabián enviaba un cabezazo ao longueiro tras un córner xa aos 5 minutos. Á media hora, Luisete falla un man a man, e 5 minutos despois, Toniño falla por dúas veces diante do porteiro e a segunda ao pao. Só aí, preto do descanso, chegaron os coruñeses cunha ocasión que solventou o de sempre, Norberto.

Na segunda seguíu a mesma tónica, con ocasións para Toniño e un centro de Tucho que non chegou a rematar a dianteira pontecesán. E un penalti para lamentar, o que polo menos é un empate.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios