Sábado. 04.04.2020
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee reafirma a súa candidatura

1ª Autonómica: O Cee reafirma a súa candidatura
A derrota do Olímpico en Arteixo, e a gran vitoria do Cee onte ante o Imperátor devolve aos de Pato ao máis alto da táboa, e en solitario. Preto mantense o Xallas que acadaba un puntiño nun campo complicado. E o Dumbría, que tamén sacaba un empate fóra de casa, non descarta meterse na loita polo título a pesar da súa continuada irregularidade. Para esta semana, o derbi entre Xallas e Cee pode ser clave para as aspiracións de ambos conxuntos.

Cee - Imperator (1-0)

  • Cee: Mingos, Ruben Fiuza, Jacobo, Rafa, Dani Freire, Angeliño, Chapu (Diego Cespón, min.76), Penedo (Carlos Leis, min.65),Tasky (Luilli, min.86), Llanero, Fernando (Fermin, min.89).
  • Gol: 1-0, min.30: Llanero.
Continúa o Cee facendo desta campaña unha festa. Onte visitaba o campo de San Pedro de Refoxos un rival directo e candidato ao ascenso, e os de Pato controlaron o xogo de principio a fin. Tan só un gol foi suficiente para sentenciar o choque, se ben Llanero controla o balón coa man antes de batir ao meta coruñés. Iso si, o equipo local víu como o colexiado lle anularon 2 goles en suposto fóra de xogo, moi protestados pola afección ceense.

Estudiantil - Dumbría (0-0)

  • Dumbría: Juan, Suso, Pablo Conde, Chula, Pablo Serrano, Aarón, Schuster, Iago, Piri (Tatán, min.75), Eloy, Brais (Adrián Mackaay, min.65).
Partido duro no campo de terra do Estudiantil, con poucas ocasións, no que dous equipos moi serios non amosaron fisuras ao longo dos 90 minutos. Unha boa nova para os dumbrieses que ás veces perden a concentración en momentos claves. Na primeira metade, o equipo de Canosa tivo algunha ocasión clara. Xogaba mellor o equipo visitante, pero tampouco creaba demasiado perigo. Na segunda, o control do balón foi máis do equipo local, pero o Dumbría tivo unha gran ocasión á saída dun córner no que tras varios rexeites non foron capaces de marcar.

Sada - Xallas (0-0)

  • Xallas: Cheli, Rubén, Isma, Pika, Álvaro, Brais, Jesús, Adrián Prol (Leo, min.65), Ventura (Pereiro, min.70), Toni, Adrián Beiroa.
Encontro moi igualado en Sada entre dous conxuntos que se manteñen coas posibilidades intactas para loitar ata final polo ascenso. O respeto foi a nota predominante do encontro, no que houbo varias ocasions para os dous bandos, pero que non se chegaron a materializar.

Zas - Calo (1-3)

  • Zas: Luis de la Peña, Diego Muíño, Luis Albite, Iago (José, min.60), Adrián, Kiko, Rony, Churía, Javi Suárez, Ismael, Esteban de Baíñas (Victor, min.46).
  • Goles: 0-1, min.20; 1-1, min.30: Ismael a pase de Rony. 1-2, min.60; 1-3, min.70.
Boa imaxe a que amosou o conxunto zaense na primeira parte mellor, que rematou con empate. Pero é 6 xuvenís no 11 zaense fanse demasiado costa arriba para competir en toda unha 1ª Autonómica. Un erro defensivo ao comezo da segunda e penalti mal feito botaron por terra todo o esforzo da primeira. E iso que os locais mandaron dous balóns ao pao, e marraron tres boas ocasións nos pés de Javi Suárez, Ismael e César, que enviou unha lambendo a pao.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios