Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Os equipos coruñeses fan dano

1ª Autonómica: Os equipos coruñeses fan dano

Fin de semana nefasta para os Cee e Ponteceso na 8ª xornada da 1ª Autonómica. A xornada sabatina non sentou ben aos de Llanero e aos de Berto, que caeron ante os cadros coruñeses dos Victoria en Imperátor.

A única boa nova que deixou a fin de semana para os clubes é a sinatura do convenio co U.C. Cee coa Estación de Servizo Bazarra. Convenio que permite manter vivas as categorías inferiores do clube ceense e que os pais non teñan que sufragas as fichas dos rapaces. Así, este curso os gastos dos equipos de prebenxamíns, benxamíns e alevíns serán sufragados por Bazarra, por un total de 3.800€.

Víctoria - Cee (2-1)

  • Cee: Parroto, Ruben, Luis, Rafa, Julio, Fermin, Piquero (Jacobo, min.80) Nico, Penedo (Jorge, min.58) Diego (Fernando, min.61), Tasky (Victor, min.78).
  • Goles: 0-1, min.35: Luis de penalti dubidoso sobre penedo; 1-1, min.78: de falta; 2-1, min.92.

Xa co tempo cumplido perdeu o Cee un puntiño na Coruña. E iso que o cadro que dirixe Llanero comezou mellor que o cadro coruñés e dominou boa parte do primeiro tempo. Tasky puido poñer por diante aos ceenses con varias xoagdas de perigo, pero só Luís, tras un dubidoso penalti forzado por Penedo o Cee puido adiantarse.

Cambiou o conto tralo descanso. Meteuse demasiado atrás o Cee, e malia manter firme a liña defensiva, tras unha acción a balón parado cando faltaban menos de 15 minutos para o final, o Victoria empataba. Parecía que o marcador non se movería e polo menos, xa con mal sabor de boca, o Cee esperaba un punto. Pero xa co tempo cumplido unha chilena dun dianteiro coruñés facía o segundo e deixaba aos ceenses con cara de parvos, facendo mella no xa mal comezo de campaña.

Ponteceso - Imperator (0-2)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián, Nando, Dani Pallas, Carlos Mato (Tucho, min.50), Pablo Vázquez, Mendieta, Adrián Porteiro (Álex, min.50), Luisete, Rubio, Toniño.
  • Goles: 0-1, min.30: de penalti; 0-2, min.90.

Non atopa o Ponteceso o camiño do gol. Este sábado, malia controlar o tempo do partido non ofreceu demasiado perigo e permitiron que os coruñeses, á contra, fixeran dano. Púxose por diante á media hora o Imperátor por diante, e de aí en diante o partido foi un monólogo. Pero un monólogo máis ben soso, onde o verdadeiro perigo chegaba nas rápidas contras dos puntas coruñeses. Os Luisete, Rubio e Toniño tiveron opcións de empatar pero non estiveron acertados, e xa co tempo cumplido unha contra visitante supuña a sentencia.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios