Venres. 05.03.2021
El tiempo

180 nenos e 120 adultos disfrutaron en Dumbría da festa BTT

180 nenos e 120 adultos disfrutaron en Dumbría da festa BTT
BTT en Dumbria

O pasado sábado día 16, celebrouse no circuito BTT de Dumbría, o III trofeo do Concello en materia de mountain bike. E de novo, gran éxito de participación que demostra que xa Dumbría é unha das capitais galegas das dúas rodas. En total 300 bicicletas subindo polos montes arriba e disfrutando da Costa da Morte.

A minibtt

Houbo un gran ambiente en tódalas categorías, cun total de participantes de 180 nenos/as, que desfrutaron dun gran dia de ciclismo e natureza. Dentro dos resultados àra o club ciclista Dumbría, destacar a gran actuación de Marco López, 2º clasificado na categoría infantil, perfilándose como un rival a ter en conta na categoría. Os demais participantes do club, fixeron todos/as un gran papel, dando a cara e rematando as distintas probas.

Xa a primeira hora da mañá, comezaban chegando os clubs dende toda a comunidade, formalizaban as inscriccións correspondentes, montaban as carpas de equipo e os participantes estudiaban os distintos percorridos. A primeira categoría en pedalear era a prebenxamín, que deberían completar un total de 2 voltas a un circuito de 300m. A seguinte os promesas o mesmo circuito 3 voltas. Os principiantes darían 2 voltas o circuito de 700m. Ambas categorías repetirían a mesma competición. Xa en alevin, a una soa manga, 4 voltas ó circuito de 700m, e infantís, una manga a un percorrido cunha lonxitude total de 5.200m.

O Rali XC

Unha vez rematado as competicións de base, sobre as 16,45h deuse a saída a carreira de Ralli XC. As categorías: cadete masculino e feminino, junior masculino e feminino, master 30, 40, 50 e 60, élite, sub 23, e élite feminino. Un total de 120 corredores completaban un circuito de 6.200m, donde dependendo da categoría darían máis ou menos voltas.

As competicións remataban coas ceremonias de entrega de trofeos e medalla, e poñian fin a una xornada de ciclismo en familia, xuntando na localidade entre deportistas e familiares, máis de 500 persoas.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios