sábado. 15.02.2025
El tiempo

1ª Autonómica: De ouro no Platas

1ª Autonómica: De ouro no Platas
  • Baio e Sofán protagonizaron un derbi de alta intensidad, con golazos e cun nivel do mellor da tempada.
Baio-Sofan-Foto-SD Intenso derbi no Pratas Reinoso entre Baio e Sofán-Foto-SD A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Non foron tan malas como habitualmente as novas na Primeira Autonómica, onde o Soneira mantense na cabeza, Baio e Sofán deleitan e Outes segue nunha xeira de quitar o sombreiro con 5 vitorias consecutivas. Si que seguen sendo malas as novas por Corme e Malpica, onde a liña de resultados non é nada positiva.  

Outes 2-1 Agolada

  • Campo: O Conchido.
  • Outes: Rama, Borja, Pose, Maroñas, Dani, Jura (Samu m.78), David, Elías (Veleiro m.78), Piki, Iago (Babu m.90) e Mario.
  • Agolada: Rafa, Aitor, Cristian, Marcos (Miguel Ángel m.82), Santi, Alexandre, David, Rubén, Joselu, Rubén e Diego (Juanjo m.87).
  • Árbitro: Buján Vidal (Santiago). Amonestou a Piqui do Outes; Marcos e Rafa do Agolada.
  • Goles: 1-0 m.3 Mario; 1-1 m.34 Aitor; 2-1 m.87 David Sampedro, de penalti.
Parada de Rama no Outes Parada de Rama importante para sumar a 5ª vitoria seguida do cadro da Serra Unha pesca moi golosa Nun dous seus partidos máis espesos da tempada, o Outes foi quen de sacar os tres puntos ante o moi correoso Agolada. Non houbo máis de tres oportunidades en todo o encontro, e na decisiva Mario estivo máis listo que o meta visitante Rafa, quen cometeu un penalti sen perdón na execución por parte de David Sampedro. Nun día no que o empate tería sido o máis xusto, os de Roque seguen a gañar.  

Baio 1-1 Sofán

Empate entre Baio e Sofan-Foto-SD Empate entre Baio e Sofan-Foto-SD
  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio: Pablo, Iago Couto, Fachal, Mario, Norberto, Peque, Martín, Saleta, Luis, Rubio e Moreno (Jose m.85).
  • Sofán: David, Iván Rey, Adrian García, Rubén, Sito, Felipe, Pablo Martínez (Alex Pri m.84), Luis, Franchu (Brais m.58), Insua (Martín m.72) e Raúl.
  • Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña). Amonestou a Mario e Iago do Baio, Pablo e Raúl do Sofán.
  • Goles: 0-1 m.17 Raúl de chilena; 1-1 m.39 Saleta dende 35 metros.
Un produto fresco, divertido e de calidade Marcaxe en curto entre Baio e Sofán, acostumados a verse as caras. Houbo oportunidades, alternativas, espectáculo e ata golazos, como o que inaugurou o marcador para os carballeses, pasado o cuarto de hora. Unha chilena de manual de Raúl permitía aos visitantes xogar cunha vantaxe que de tódolos xeitos tampouco variou en demasía a proposta cauta e estudiada do Baio. E foi tan meticuloso o prantexamento dos locais que ata na igualada se equilibrou a beleza do 0-1. Saleta escolleu para a ocasión un lanzamento lonxano imposible e inalcanzable para calquera porteiro. Na reanudación tamén habería reparto de momentos e ocasións de gol. Iniciou co mando o Baio nun arranque forte, aínda que algo falto de profundidade. Pola súa banda, o máis preto que estaría o Sofán na recta final sería un disparo de Raúl ao longueiro. Aquí, o vídeo da SD co resumo completo do partido:
  E aquí queda xa o vídeo dos golazos da tarde da man de Santi Soneira.
 

Malpica 0-2 Palmeira

  • Campo: A Pedra Queimada.
  • Malpica: Víctor; Casais, (Sergio m.46), M. Uruguaio, Kike, Óscar Moscoso, Eme, (Carlos Mallo m.72) Dímaga, (Javi Trigo, 66), Vitalie, (Petís m.46), Mara, Charro e Juny.
  • Palmeira: Pirata; Eduardo, Gonzalo, Jorge, Bairón, Chema, Álvaro, Moncho, Óscar, Andrés, (Brión m.68) e Topo (Pablo, 90).
  • Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.47 Jorge; 0-2 m.92 Moncho.
Prolongación infernal Como se dunha mala película de terror de Serie B se tratase, o Malpica sufriu e desangrouse ante un rival tan naif e simple coma efectivo. E o fixo do xeito máis cruel posible: na prolongación de cada periodo. Dous saques de curruncho, un en contra que rematou con testarazo de Jorge, e outro a favor que se convertiría nunha contra, acabaron por ser determinantes. Protestou moito o equipo local unha lei da vantaxe non dada no minuto 81, cando Charro encaraba ao meta rival.  

Unión 1-1 Soneira

Via recibe no Union-Soneira-Foto-SD Vía recibe no Union-Soneira-Foto-SD
  • Campo: Vilas.
  • Unión: Eloy Fungueiriño, Pablo, Dani Conde, Víctor, Mauro, Walter (Kevin m.80), Sergio, Óscar, Álex (Sergio m.58), Seijas e Manoliño.
  • Soneira: Anxo, Cristian (Martín m.70), Brais Mouzo, Aarón, Maikel, Mario (Cristian m.65), De la Sierra, Richi, Basti, Javi (Darío m.70) e Alberto Vía.
  • Árbitro: Vlas Lorenzo (Boiro). Amonestou a Sergio e Víctor do Unión de Asados; Aarón e Brais Mouzo do Soneira.
  • Goles: 1-0 m.44 Mauro; 1-1 m.82 Richi.
Via e Javi no Union-Soneira-Foto-SD Via e Javi no Union-Soneira-Foto-SD Velada grande e resultado positivo O Unión, un dos presupostos máis ambiciosos da categoría, e o Soneira, líder, firmaron táboas nun encontro que respondeu ao currículum de ambos. Manoliño e Javi, dianteiros de superior categoría, igualaron ao remates perigosos nos primeiros minutos. Os barbanzáns buscaban balóns longos para a velocidade do antigo pichichi de Preferente, pero mantivo un alto nivel defensivo o cadro de Manolito, insuficiente, iso si, para frear o 1-0 un minuto antes do intermedio, froito dun gran arreón final unionista. Exerceu de líder e tomou a responsabilidade o Soneira, desde o inicio do segundo acto. Caeu un regueiro de ocasións, pero tivo que ser con suspense e nunha acción de estratexia cando Richi igualara e salvara un punto para o líder.  

Lesende 3-1 Corme

Lucas lanza unha falta no Lesende-Corme-Foto-Fin Lema Lucas lanza unha falta no Lesende-Corme-Foto-Fin Lema
  • Campo: Cabanetán.
  • Lesende: Venancio, Jorge, Antonio, Teo, Rubén, Fran (Roberto m.89), Borja (Dani m.83), Brais, Óliver, Fernando (Adan m.89) e Adrián (César m.69).
  • Corme: Jose, Joshua, Dani, Toniño, Eloy, Alejandro (Adolfo m.46), Juan Chans, Adrián Doldán, Diego (Brais Torrado m.67), Lucas e Brais Corral.
  • Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Expulsou a Óliver (m.87) do Lesende e Dani, no mesmo minuto, do Corme. Amonestou a Antonio do Lesende; Toniño, Juan Chans, Brais, Joshua e Lucas do Corme.
  • Goles: 1-0 m.7 Borja; 2-0 m.35 Fernando; 2-1 m.66 Lucas, de penalti; 3-1 m.74 Fernando.
Unha tarde para deixar atrás Foise moi rápido do partido o Corme en Lesende, con media hora e dous goles abaixo. O tanto de Lucas, xa no segundo acto, deu oito minutos de luz aos bergantiñáns, que seguen a compricarse o seu rol en Primeira. Lesende-Corme-Foto-Fin Lema Duro foi o Lesende-Corme-Foto-Fin Lema  

Crónicas da semana

 

Novas relacionadas

Crónicas da 1ª Autonómica

Máis información

Fonte

Comentarios