Martes. 16.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Baio e Fisterra ven a luz ó final do túnel

1ª Galicia: Baio e Fisterra ven a luz ó final do túnel
S.D. PILOÑO 0 - C.D BAIO 3 BAIO: Dani Varela, Pablo Novo (Fachal 49´), Isaac, Adrián Lema, Yago (Ramón 88´), Peque, Norberto, Martín (Rubio 54´), MC, Moreno e Santi Díaz (Iván Rojo 71´) GOLES: 0-1 18´MC  0-2 68´MC  0-3 83´MC Cando máis difícil parecía para o Baio, apareceu MC e con tres tantos noqueou ó líder e doulle aire ós de Diego Díaz, que ven máis cerca a permanencia. O encontro iniciouse cun triple paradón de Dani Varela en dous córners consecutivos. E pouco despois un trallazo de MC significou o primeiro tanto. Puido aumentar a vantaxe Santi Díaz á media hora pero o seu remate detivoo o gardameta local. Para remater Marc lanzou unha falta ó pao de Dani Varela, e o longueiro axudou nun centro de Romero no inicio do segundo tempo. Dani Varela, moi fino toda a tarde, fixo un paradón a Dani Méndez, e MC pouco despois nunha contra anotou o segundo. Pouco despois unha xogada de Iván Rojo foi o terceiro tanto de MC, co que a afección de Baio desplazada vibrou e festexou unha importante vitoria. S.D. FISTERRA 3 - BERTAMIRANS F.C. 2 FISTERRA: Paulo, Robertín (Noé 85´), Ayose, Dani, Piti, Breixo, Roco, Roa, Isaac (Fabián 89´), Edu (Ezequiel 75´), Jesús (Pablo Lestón 63´) GOLES: 0-1 11´Jorge   1-1 15´Sande en pp   1-2 58´Alvite   2-2 74´Edu   3-2 88´Isaac O Fisterra está feito doutra pasta. Remontou sobre a hora e acércase á permanencia. O encontro foi de dominio local, pero á saída dun córner adiantouse o Bertamiráns. Noutro córner igualou o equipo local. Ata o descanso poucas ocasións. No segundo tempo un par de chegadas de Robertín e Edu preceden ó gol do Bertamiráns. Despistouse un pouco o Fisterra e puido sentenciar o Bertamiráns, pero se deixas ó equipo de Noé vivo págalo, e así foi. Igualou Edu tras unha boa xogada de Breixo e coa hora Isaac, que fixo un auténtico partidazo, anotou o gol da vitoria ante o delirio do Ara Solis. S.D. SAN LORENZO 0 - CHAIAN C.F. 2 SAN LORENZO: Javi Souto, Pablo Díaz, Juanjo, Baneira (Dani Cotelo 69´), Luciano (Joaquín 81´), Alex Taibo, Pablo Garrido (Anxo 84´), Parafita, Brais Cancela (Iván 73´), Dani Pena e Diego Varela GOLES: 0-1 77´Iván González   0-2 94´Juan O San Lorenzo tivo a sorte de espaldas ante o Chaián, así como unha discutible actuación arbitral. Nun partido de poder a poder, que máis podía ser de empate que de vitoria visitante, o Chaián tivo acerto a pouco do final para anotar o primeiro tanto, e xa no desconto sentenciar cun segundo. Os locais reclaman un claro penalti a Brais Cancela, e o colexiado si que sinalou un a Parafita, pero que anulaba a instancias do línea por fora de xogo. SONEIRA S.D. 1 - FLAVIA S.D. 1 SONEIRA: Josiño, Darío (Chapela 65´), Jota, Aarón (Chinda 32´), Forján, Sandelo, Alex Figueiras, De la Sierra, Pichi, Basti e Vía GOLES: 1-0 7´Aarón   1-1 50´Brais Rodríguez Incrible que o Soneira non vencera ó Flavia en Vimianzo. Xogou moito mellor, tivo ocasións de sobra, con dous paos de Basti e outro de Forján, mans a mans fallados por Via e Basti, e incluso un penalti marrado. Aarón adiantou ós locais ó rematar unha falta lateral, pero pouco despois tivo que retirase con fractura de tabique nasal. O Flavia igualou á volta do descanso e despois foi todo un acoso infructuoso do Soneira, coa pena máxima fallada incluída, pero que non serviu para mover o marcador.  

Comentarios