Luns. 23.09.2019
El tiempo

1ª Galicia: igualada no derbi e vitorias no resto

1ª Galicia: igualada no derbi e vitorias no resto
C.D. BAIO 0 - SONEIRA S.D. 0 CD BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago, Damián, Peque, Norberto, Alex Figueiras, MC Bieito, Iván Rojo e Santi Díaz. Tamén xogaron Moreno e Sergio. SONEIRA SD: Javi, Sito, Aarón, Samu, Agra, Alemán, Pichi, Alex Taibo, Pose, Sandelo e Basti. Tamén xogaron Darío, Nazo, Fran e Brais. Igualada no derbi. Primeiro tempo de control do Soneira cun Baio buscando as contras. As ocasións máis claras neste período foi un disparo ó pao de MC, e dous remates de Agra e Taibo. No segundo tempo o Baio levou a iniciativa. MC botou un man a man fora, e Pichi mandou unha falta á escadra. Nos últimos intres o partido rompiuse, e Dani Varela estivo moi fino repelendo un disparo de Fran. A igualada póde considerarse xusta. S.D. ESTEIRANA 4 - U.D. BASTAVALES 1 SD ESTEIRANA: Alex, Code, Simón, Rafa, Maroñas, Raúl, Dani Rama, Josiño Barreiro, Alex Rama, Elías e Pablo Rama. Tamén xogaron Adrián, Samu Pensado, Iker e Tobío. GOLES: 1-0 40´Elías   1-1 41´Víctor   2-1 42´Raúl   3-1 88´Raúl   4-1 90´Raúl Atopou a vitoria a Esteirana na tarde de hoxe ante o Bastavales. Despois dunha media hora de tanteo, a Esteirana dou un paso adiante, mandou un balón ó pao e adiantouse no marcador nun erro do porteiro que aproveita Elías. Nun disparo dende a frontal da area empata o Bastavales, pero na seguinte xogada un golazo de Raúl dou vantaxe ós locais. No segundo tempo os de Geno nadaron e gardaron a roupa. Tiveron ocasións para sentenciar pero esta non chegou ata os últimos intres. C.F. DUMBRÍA 3 - CORDEIRO C.F. 1 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, Matías, Alberto, Pablo Paz, Marcos Mouro, Iago, Marcote, Cespón, Darío e Yuyo. Tamén xogaron David, Xabi, Charly e Carreira. GOLES: 1-0 2´Yuyo   2-0 14´Darío   3-0 23´Matías   3-1 88´Antón Cómoda vitoria do Dumbría, que se está a facer forte no Conco. No minuto 25 o encontro estaba sentenciado pois una saída fulgurante dos locais permitiulles anotar tres tantos nese intervalo. Yuyo, en vena goleadora, Darío e o central Matías deixaron noqueado ó Cordeiro, que só no treito final foi quen de inquedar e reducir distancias. VAL DO ULLA U.D. 1 - S.D. FISTERRA 3 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Dani, Roco, Andrés, Julito, Breixo, Roa, Pablo Lestón, Aarón, Mackay e Bruno. Tamén xogaron Adrián Castro, Jesús, Dani Martínez e Fabián GOLES: 1-0 32´Gonzalo   1-1 33´Mackay   1-2 46´Pablo Lestón   1-3 85´Adrián Castro Gran vitoria do Fisterra nun difícil campo, e remontando o inicial tanto de Gonzalo. Mackay pronto empatou cun golazo. O Fisterra sufriu ó principio pero cando se fixo cos mandos tivo opcións para ganar claramente, como unha de Pablo e outra volea de Mackay que roza o pao, e nada máis saír dos vestiarios Pablo Lestón puxo o 1-2. Adrián Castro sentenciou cando xa o equipo rival xogaba con 10 homes. Partido destacado de Roa que dou as tres asistencias de gol  

Comentarios