Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Baio goleou, o resto foron derrotas

1ª Galicia: o Baio goleou, o resto foron derrotas
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica A goleada do Baio foi unha illa no mar de derrotas dos nosos equipos de 1ª Galicia. Dende a chegada de Diego Díaz o Baio enlazou dúas vitorias que o sacan da zona de perigo. Nesa zona están San Lorenzo e Fisterra, ós que lles está costando atopar o camiño da vitoria. O Soneira, xa sen Rafa, caeu en Lalín, e está lonxe dos postos de privilexio. BAIO 6 - SILLEDA 1 BAIO: Dani Varela (Adrián Vázquez 80´), Yago Couto, Adrián Lema, Isaac, Mario, Peque, Moreno (Ramón 60´), Rubio, MC (Bieito 28´), Martín (Pablo Novo 65´), Santi Díaz (Josiño 69´) GOLES: 1-0 12´MC   2-0 36´Moreno   2-1 40´Rubén   3-1 44´Santi Díaz   4-1 47´Santi Díaz   5-1 68´Adrián Lema   6-1   84´Josiño Partidazo do Baio ante un rival que apenas inquietou a Dani Varela, con un xogo de pouca combinación e excesivamente directo. O Baio foi un ciclón, e aproveitouse da lentitude da defensa visitante. MC, que tivo que volver a saír lesionado, anotou o primeiro, e Diego Moreno o segundo. Nunha falta lateral recortou distancias o Silleda, pero o gol de Santi Díaz antes do descanso dou tranquilidade. O segundo tempo foi un paseo e o Baio aínda puido marcar algún tanto mais. O Baio estivo imparable PUEBLA 5 - SAN LORENZO 1 SAN LORENZO: Javi Souto, Pablo Díaz, Javi Puñal (Adrián 71´), Juanjo, Luciano, Samuel, Brais Cancela (Diego Varela 54´), Dani Pena, Iván Parafita, Yago Varela (David Lorenzo 63´) e Alex Taibo GOLES: 1-0 4´Pape   2-0 18´Diego Rivas   3-0 58´Pablo Queiruga   4-0 64´Viturro   4-1 68´Treus en pp   5-1 86´Viturro Non tivo moita opción o San Lorenzo na Pobra contra un conxunto local en forma, que se adiantou pronto con 2 goles de vantaxe, e apenas viu perigar os puntos. A pesar dos 5 tantos locais resulta curioso que o gran goleador Changui non anotou ningún deles. BASTAVALES 2 - FISTERRA 0 FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Dani, Piti, Ezequiel (Víctor 75´), Breixo (Gabriel Vigo 60´), Robertín, Gabri, Pablo Lestón (Noé 66´) e Mané (Javi 82´) GOLES: 1-0 15´Dani Labandeira   2-0 89´Víctor Mané foi obxecto dun claro penalti Dura derrota do Fisterra en Brión, pois os de Noé mereceron cando menos o empate ante o Bastavales. No primeiro tempo Gabi, Piti, Pablo Lestón e Ezequiel marraron opcións de gol, e nun disparo espectacular de Dani Labandeira adiantouse o equipo local. Seguiu buscando o gol o Fisterra no segundo tempo, dominaron o xogo, Breixo ata que estivo e Robertín controlaron as contras locais, e o propio Robertín tivo o gol do empate, pero con todo o Fisterra volcado chegou o segundo do Bastavales e o final do encontro. O Fisterra fixo un bo partido ante o Bastavales LALÍN 2 - SONEIRA 0 SONEIRA: Anxo, Rubén Forján, Chinda (Darío 46´), Jota, Aarón, De la Sierra (Alex 82´), Sandelo, Nazo, Pichi, Basti, Vía GOLES: 1-0 25´Camba   2-0 33´Richi Foi inxusto o fútbol co Soneira, pois foi moi superior ó Lalín, pero non tivo acerto de cara a gol. Fixo o Soneira unha boa primeira media hora, pero o Lalín en dous acercamentos sen maior perigo anotou os seus tantos. No segundo tempo foi un monólogo do Soneira, con ocasións clarísimas: Pichi mandou alto só na area pequena, Vía marrou un man a man, De la Sierra disparou fora só no punto de penalti, e Aarón tivo a última. Incluso se lle anulou un tanto ós visitantes, que hoxe non tiveron o seu día cara a gol.

Comentarios