Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Baio móstrase candidato a todo

1ª Galicia: o Baio móstrase candidato a todo
Gran vitoria do Baio na que foi a peor tarde da tempada do Fisterra, nun encontro no que MC anotou tres tantos e escala á cabeza da tabla de goleadores, xunto con Yuyo, que tamén anotou 2 tantos e Adrián Mackay. Os goleadores costeiros mandan¡ Non tivo boa tarde a Esteirana en Bertamiráns, onde xa no primeiro tempo perdía por 3-0 e pouco puido facer na reanudación. O sábado, noutro dos derbis da xornada, o Dumbría segue a facerse forte no Conco e derrotou a un Soneira que non da coa tecla necesaria para saír dos postos de perigo. BERTAMIRÁNS F.C. 3 - 1 S.D. ESTEIRANA SD ESTEIRANA: Alex, Simón, Codesido, Raúl, Dani Rama, Tobío, Josiño Barreiro, Pablo Rama, Rober Pladur, Adrián e Alex Rama. Tamén xogaron Dani Maroñas, Samu Pensado, Rafa e Elías. GOLES: 1-0 9´Julio   2-0 16´Julio   3-0 45´Jairo   3-1 90´Elías Mala tarde en Bertamiráns da Esteirana, que despois da derrota de hoxe ocupa a última posición da clasificación, superado hoxe polo propio Bertamiráns. Xa no primeiro cuarto de hora os locais vencían por 2-0, con goles de Julio Díaz. Un tanto antes do descanso de Jairo sentenciou o encontro. Aínda que o intentou, só Elías recurtou diferencias cando xa era demasiado tarde. C.D. BAIO 4 - S.D. FISTERRA 0 CD BAIO: Dani Varela, Alex Varela, Isaac, Yago Couto, Damián, Alex Figueiras, MC, Bieito, Iván Rojo, Peque e Santi Díaz. Tamén xogaron Pablo, Moreno, Sergio e Josiño. SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés, Breixo, Fabián, Dani Martínez, Dani Marcote, Pablo Lestón, Aarón, Mackay e Bruno. Tamén xogaron Roa, Piti, Jesús e Mané. GOLES: 1-0 35´Alex Figueiras   2-0 55´MC   3-0 86´MC   4-0 89´MC Gran partido do Baio para imporse a un Fisterra que viña lanzado pero que non tivo a súa mellor tarde no Platas Reinoso. Adiantou ós locais Alex Figueiras cun gran disparo dende o borde da area. Dani Varela tivo que sacar unha tremenda man ante un remate de Aarón, na parada do partido. No segundo tempo o Fisterra tentou apretar para buscar o empate pero MC aproveitou á perfección o espacio que deixaron os verdes e firmou o seu trío de goles. C.F. DUMBRÍA 3 - SONEIRA S.D. 1 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, Pablo Paz, Matías, Marcos Mouro, Rivi, Marcote, Cespón, Darío, Yuyo e Eloy. Tamén xogaron Iago, Alberto Loureiro, David e Xabi. SONEIRA SD: Javi Souto, Darío, Sito, Alemán, Aarón, De la Sierra, Agra, Basti, Sandelo, Adrián Pose e Alex Taibo. TAmén xogaron Samu Vázquez, Pichi, Sergio e Nazo. GOLES: 1-0 14´Marcote de pti   1-1 39´Agra   2-1 58´Yuyo   3-1 89´Yuyo Expulsado de la Sierra 89´ O Dumbría aproveitou o mal momento do Soneira para levarse o derbi do sábado. De inicio, tanteo, e na primeira chegada Darío cometía penalti que transformaba Marcote. Dominou a partir de ahí o Soneira buscando a igualada, Basti tivo unha boa opción pero foi Agra o que rematou un centro de De la Sierra ás mallas. O Dumbría estivo moi ben de inicio no segundo tempo, e despois de ocasións de Marcote e Cespón, Yuyo anotou o segundo tanto, nunha falta de entendemento entre Javi Souto e Alemán. O Soneira buscou o empate, o Dumbría reclamou un penalti a Marcote e nunha falta lateral sentenciou Yuyo poñendo o 3-1 no marcador.

Comentarios