Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Fisterra asalta o Conco

1ª Galicia: o Fisterra asalta o Conco
O sábado o Fisterra sacou tres puntos de ouro no Conco nun derbi no que mostraron o seu potencial, con dous goles de Pablo Lestón, un dos múltiples ex do Dumbría que hai no cadro fisterrán. Hoxe pola mañán o Soneira igualou en Chaián, todavía coleando o "caso Alex Figueiras". O equipo de Pedro desperdiciou unha boa ocasión de ir hacia arriba. Pola tarde o Baio non foi quen de superar a un Bastavales moi necesitado e a Esteirana caeu ante un imparable líder, o Sigüeiro. C.F. DUMBRÍA 1 - S.D. FISTERRA 2 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Juan, Canario, Matías, Marcos Mouro, Pablo Paz, David, Darío, Cespón, Yuyo e Rivi. Tamén xogaron Iago, Charly, Eloy e Xabi. SD FISTERRA: Iván Bouzón, Andrés Vigo, Roco, Dani, Coté, Breixo, Aarón, Roa, Pablo Lestón, Mackay e Bruno. Tamén xogaron Jesús, Piti, Dani Martínez, Edu e Mané. GOLES: 0-1 53´Pablo Lestón   0-2 62´Pablo Lestón   1-2 87´Xabi Partidazo no Conco coas bancadas cheas de xente, no que o acerto de Pablo Lestón no segundo tempo decantou a balanza. O primeiro tempo foi igualado, o Dumbría tiña ben estudiado ó Fisterra e cortou as vías de perigo, tendo Yuyo e Darío claras ocasións para adiantar ós locais no marcador. O Fisterra tivo as súas nas botas de Aarón, Mackay e Pablo Lestón. No segundo tempo o Fisterra saíu mellor, con Jesús enlazando ben co ataque e nun disparo lonxano Pablo Lestón marcou o primeiro da tarde. O Fisterra estaba lanzado e nunha gran xogada de equipo de novo Pablo anotaba o segundo tanto. O DUmbría notou bastante o golpe moral, abríronse buscando o ataque pero só nun córner Xabi reduciu distancias, pero non foi suficiente. CHAIAN C.F. 0 - SONEIRA S.D. 0 SONEIRA SD: Javi Souto, Sito, Samu Vázquez, Alemán, Agra, Aarón, De la Sierra, Basti, SAndelo, Alex Taibo e Pichi. Tamén xogaron Nazo, Darío, Jairo e Sergio. Incrible como o Soneira non venceu en Chaián, nun encontro que mandou tres balóns ó pao e no que foi claro dominador, aínda que sen moita claridade en ataque. No primeiro tempo Pichi, Sandelo e Nazo mandaron sendos remates ó pao. Lesionouse Pichi na nota máis negativa para os de Pedro Gómez, sendo substituido por Nazo no 23´. No segundo tempo Alex Taibo cun gran disparo e De la Sierra tiveron claras ocasións. Javi Souto luciuse tamén nun remate de cabeza. Igualada que de pouco le sirve ó Soneira. C.D. BAIO 1 - U.D. BASTAVALES 1 CD BAIO: Dani Varela, Alex Varela, Yago Couto, Damián, Peque, Norberto, MC, Bieito, Moreno, Iván Rojo e Santi Díaz. Tamén xogaron Alex Figueiras e Rubio. GOLES: 1-0 36´Yago Couto   1-1 44´Eloy Fóronselle dous puntos ó Baio no Platas REinoso, nun encontro no que fallou ocasións suficientes para ter ganado. O Bastavales xogou cun home menos dende o minuto 26 no que expulsaron a Xaco. Pouco despois Yago Couto marcaba despois de varios rexeites. Tivo a sentencia MC nun disparo que David Insua, ex do Sofán do Zas, sacou a córner. Antes do descanso, o xerro de auga fría. Un erro defensivo acaba co tanto do empate. No segundo tempo acosou o Baio, pero David Insua sacou un balón d Bieito e despois primeiro Iván Rojo e pouco máis tarde Mc mandaron o balón ó longueiro. David Insua acabou o seu recital cunha parada a Santi Díaz e unha intervención milagreira nun disparo que ía á escadra. Alex Varela tivo as dúas últimas opcións pero de maneira incrible o Baio non marcou. SIGÜEIRO C.F. 3 - S.D. ESTEIRANA 0 SD ESTEIRANA: Alex, Codesido, Simón, Maroñas, Manu Tobío, Josiño Alves, Dani Rama, Raúl, Alex RAma, Adrián e Rober Pladur. Tamén xogaron Rafa, Elías e Manu.  GOLES: 1-0 32´Juan Castro   2-0 48´Juan Castro   3-0 53´Astray Foi moito líder o Sigüeiro para a Esteirana. O cadro de Geno aguantou bastante ben o primeiro tempo, incluso tivo un disparo de Rober Pladur dende o borde da area e outro de Alex rozando o poste. Á media hora adiantouse o equipo local nun centro que rematou Juan Castro no segundo pao. Adiantou liñas a Esteirana pero pronto sentenciou o Sigüeiro o encontro, cun gol de Juan Castro e outro moi bo de Astray, ante o que nada puido facer a Esteirana.

Comentarios