Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Fisterra consegue subir ao liderato dende Esteiro

1ª Galicia: O Fisterra consegue subir ao liderato dende Esteiro
O Fisterra alzouse líder tralo partido de Esteiro

Tivo que ser tralo derbi en Esteiro cando o Fisterra se alce, por primeira vez, no liderato. Os fisterráns venceron, un choque que puido perfectamente ter acabado en empate no Xosé Luís Vara, e aproveitaron o tropezo do Sigüeiro no campo do Tordoia de Dani Calvete, para roubarlle un liderato que collía na 2ª xornada. Os fisterráns seguen aumentando o soño dos Rapacollóns, mentres a afección blaugrana, que tamén respondía este domingo, fica coa esperanza de ver que o seu equipo está competindo moito mellor do que di a crúa realidade, que o mantén de pechacancelas, a só, iso si, 5-6 puntos da salvación.

Polo demais, Baio e Dumbría seguen demostrando que son equipos para loitar a todo. Os baieses golearon con contundencia a un Cordeiro que anos atrás viña de galo, mentres que o Dumbría vencía comodamente tamén ao Chaián, salvando un momento de relaxación perigoso. Ambos quedan a 5 e 8 puntos do líder.

Na zona de abaixo, marcando o posto de descenso directo fica o Soneira, con 15 puntos, despois dun empate que non sabe a nada, pois mereceu máis e ademais ficou moi castigado pola actitude abritral.

Baio - Cordeiro (5-1)

  • Baio: Dani, Isaac, Yago, Álex Varela, Damián, Álex Figueiras, Peke, Bieito, Rubio, Martín MC e Iván Rojo.Tamén xogaron: Julián, Pablo, Sergio, Josiño e Santi Díaz.
  • Goles: 1-0, m.22: en propia; 2-0, m.40: Álex Varela de cabeza nun córner; 3-0 m.58: MC; 4-0, m.81: Santi Díaz a pase de Josiño; 5-0m n.84; MC á reviravolta; 5-1, m.92: de penalti.
O Baio venceu con comodidade ao Cordeiro O Baio venceu con comodidade ao Cordeiro

Partido sen historia cun Cordeiro que chegaba pechado atrás, e o Baio intentando propoñer un xogo máis combinativo. Tiveron varias ocasións os locais antes do gol inicial en propia meta, a partir dende o que o cadro visitante tívose que abrir permitindo continuas chegadas á meta.

O Baio fixo un partido moi completo, pois ademais de ter numerosas ocasións, apenas permitiron a Dani amosar a súa calidade baixo paus.

 

Esteirana - Fisterra (1-2)

  • Esteirana: Alex de Yi, Code, Simón, Dani Rama, Maroñas, Josiño Alves, Alex Rama, Manu Tobío, Raúl, Róber Pladur e Elías Ruso. Tamén xogaron: Samu Pensado, Pablo Rama, Josiño Barreiro, Adrián e Roberto Blanco.
  • Fisterra: Iván, Roco, Andrés, Julio, Dani, Aarón, Cote (Pichino, m.46), Roa (Jesús,, m.46), Pablo Lestón (Piti, m.65), Mané (Dani, m.55) e Adrián Makaay (Edu, m.75).
  • Goles: 0-1, m.30: Adrián Makaay de cabeza tras un balón que peitea Aarón; 0-2, m.60: Jesús aproveita un rexeite dentro da área; 1-2, m.90: nun córner.

Partido igualado no Xosé Luís Vara, con moito público enchendo as bancadas, que mantén as liñas dos dous equipos, se ben o derbi puido ter rematado en empate, xa que a Esteirana fixo un gran partido, demostrando que non debe estar aí abaixo.

A primeira metade estivo máis controlada pola Esteirana, que tivo varias ocasións para meterse por diante (mesmo dous balóns á madeira e unha a bocaxarro de Raúl nas que case se cantou o gol) pero era o Fisterra, en estado de gracia, o que abría o marcador a media hora e marchaba inxustamente ao descanso con vantaxe.

Na segunda, o Fisterra estaba cómodo e o partido se puxo máis igualado, en ocasións. Así o segundo gol visitante chegou nunha xornada a balón parado e tras varios rexeites. Antes tivera Makaay outra ocasións que pegaba no pau, tras un bo pase de Mané. Sen demasiado sufrimento, o Fisterra aguantaba as embestidas locais, que só conseguían recurtar distancias sobre o pitido final.

 

Val do Ulla - Soneira (0-0)

  • Soneira: Javi, Darío, Pose, Aarón, Alemán, De La Sierra, Taibo (Brais min.67), Agra, Chinda (Luís, min.58), Samu e Basti.

Partido no que o Soneira incomprensiblemente non se levaría os 3 puntos xa que fallaría numerosas ocasións de gol clarisimas. Na primeira parte Basti cruzaría por moi pouco un disparo dentro da área e Aaron e Alemán terían dúas boas ocasións de gol.

Na segunda parte o Soneira tería numerosas ocasións de gol por medio de Samu, que fallaría 3 claras e ocasións e mesmo Basti, que cun Soneira en inferioridade numérica se prantaba só diante do porteiro pero o balón saía demasiado cruzado. Tamén Samu dispuxo de dous mans a mans pero un lanzada o porteiro e noutra alto.

Ademais, os soneiráns, que queren amosaro o seu malestar coa actitude do colexiado ante os xogadores e o corpo técnico (actitudes “chulescas”, mesmo chamando “porterita” ao meta visitante, mentres que cos locais “estaba de risas”, segundo denuncian, ademais de expulsar 3 soneiráns sen apenas abrir a boca), potestaron un penalti non pitado por un empurrón sobre Pose cando estaba a piques de rematar.

 

Dumbría - Chayan (4-2)

  • Dumbría: Iván Baña, Canario, Matías, Iago, Marcos Mouro, Rivi, Marcote, Cespón, Darío, Pablo Paz e Yuyo. Tamén xogaron: Sergio, Eloy, David, Xabi e Charly.
  • Goles: 1-0, m.9: Yuyo a pase de Marcote; 2-0, m.20: Rivi de cabeza; 3-0, m.26: David; 3-1, m.28; 3-2, m.44; 4-2, m.65: Yuyo.
CF Dumbria no Conco

Partido en liñas xeráis cómodo para o CF Dumbría, marcando en 25 minutos 3 goles. Pero o Chaián, aproveitando a relaxación local, metíase no partido con dous tantos antes do descanso.

Na saída do segundo tempo o Dumbría volveu meterse no partido e co 4-2 de penalti sentenciou... o rival de feito non creou ningún perigo ata o pitido final.

 

Comentarios