Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: o San Lorenzo lévase o derbi

1ª Galicia: o San Lorenzo lévase o derbi
S.D. SAN LORENZO 1 - SONEIRA S.D. 0 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Samuel, Pablo Díaz, Baneira, Parafita, Mario, Pablo Garrido, Alex Taibo, Diego Varela e Dani Pena. Tamén xogaron Aitor, Brais Cancela, Juanjo e Anxo. SONEIRA: Anxo, Darío, Jota, Aarón, Forján, Pichi, Chapela, Nazo, Sandelo, De la Sierra e Vía. Tamén xogaron Chinda, Brais Mouzo e Sergio. GOL: 1-0 39´Diego Varela Venceu o San Lorenzo cun gol de Diego Varela antes do descanso. O Soneira non atopou o seu sitio nun campo demasiado pesado e que só deixaba espacio ó fútbol directo. Parafita tivo a primeira opción pero Anxo respostou cunha boa parada. Tivo o Soneira a súa mellor opción nunha falta que Sandelo mandou ó pao. Chapela marrou dúas boas ocasións. O San Lorenzo defendíase ben, e nun saque de banda Diego á reviravolta anotou o único tanto do partido. Estivo moi serio o San Lorenzo no segundo tempo, e incluso puido incrementar o marcador nunha ocasión de Dani Pena. Un disparo de De la Sierra tivo a resposta nunha boa intervención de Javi Souto. Pichi mandou alto un cabezazo, e Parafita non foi quen de marcar diante de Anxo. Os puntos quedaron en Verdillo, que así alberga esperanzas de salvación todavía. C.D. BAIO 0 - SIGÜEIRO C.F. 1 BAIO: Dani Varela, Pablo Novo, Isaac, Yago Couto, Mario, Norberto, MC, Martín, Iván Rojo, Bieito e Peke. Tamén xogaron Adrián Lema e Rubio. GOL: 0-1 7´Pablo Mato Desastre en Baio. O cadro local non foi quen de imporse ó Sigüeiro, caeu derrotado e ocupa agora mesmo plaza de descenso por arrastres. O gol de Pablo Mato nun inicio de encontro que pillou algo despistado ó cadro local foi decisivo. O habilidoso dianteiro visitante tivo outra opción ós 11 minutos pero o seu disparo saíu a rentes do pao. A ocasión máis clara do Baio foi un libre directo de MC que o porteiro visitante sacou da mesma escuadra. O Baio buscou o empate ante un Sigüeiro replegado, pero creou poucas ocasións de gol. MC disparou alto no 77, e no desconto tivo a máis clara ocasión, pero o meta Souto estivo moi fino outra vez evitando a igualada local. AT. RIVEIRA 1 - S.D. FISTERRA 1 FISTERRA: Paulo, Robertín, Piti, Dani, Ayose, Jesús, Roco, Roa, Gabri Pazos, Víctor e Isaac. Tamén xogaron Nacho e Gabriel Vigo. GOLES: 1-0 18´Fran   1-1 62´Isaac Expulsado Gustavo no 87´ Continúa o Fisterra a agarrarse á categoría e ós partidos como só eles saben facer, e nun encontro importantísimo ante un rival directo sacou un bo resultado, que puido ser mellor aínda. A pesar de que o Riveira se adiantou, as necesidades de puntos do equipo local, en postos de descenso directo, foron unha boa arma para os de Noé, que tiveron paciencia, esperaron a súa, e por medio dun inspirado nas últimas xornadas Isaac Fábregas, igualou o encontro mediado o segundo tempo. Están a ser os rapaces os que anoten os tantos, pero a presencia de veteranos como son Roco, Roa, Robertín, Dani ou Piti está a ser vital para os verdes, que á hora da verdade están a dar a cara e de que maneira. Que continúe a xeira¡  

Comentarios