Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira parece capaz de todo

1ª Galicia: O Soneira parece capaz de todo
S.D. FISTERRA 0 - CORDEIRO C.F. 1 FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo (Gabriel Pazos 45´), Breixo (Fabián 60´), Robertín, Roa, Piti, Dani, Jesús, Ezequiel (Gabriel Vigo 75´), Isaac e Nacho (Mané 35´) GOL: 0-1 8´Pablo Castro Noé non foi quen de levar ó Fisterra á vitoria Nova derrota do Fisterra no Ara Solis, que lle complica moito a vida de cara a unha posible permanencia. O encontro quedou decidido cun solitario tanto de Pablo Castro no minuto 8 de partido. O Fisterra tentouno pero está negado cara a gol nas últimas semanas. Notáronse as baixas de Pablo Lestón e Víctor Agulleiro na dianteira, aínda que a nota positiva foi a volta de Nacho á que é a súa casa. Seguro que o xogador fisterrán pode aportar moito na próximas xornadas ó equipo. Nacho volveu a xogar coa camiseta verde SONEIRA S.D. 3 - S.D. PILOÑO 0 SONEIRA: Anxo, Darío, Jota, Aarón, Forján (Josiño 88´), Sandelo, De la Sierra, Pichi (Alex 85´), Basti (Nazo 65´), Vía, Chapela (Chinda 75´) GOLES: 1-0 34´Chapela   2-0 69´Pichi   3-0 89´Aarón Partido redondo do Soneira ante o que era líder, o Piloño, que mostra a categoría do equipo de Vimianzo e da esperanzas de cara a unha boa posible segunda volta que os poña nos postos cabeceiros. Dende o inicio levou o peso o cadro de Pedro Gómez, aínda que Marc, o especialista a balón parado do Piloño, lanzou con perigo un par de faltas. Á media hora a nova fichaxe, Chapela, aproveitou un centro de Vía para anotar o primeiro tanto do encontro. Foi Pichi ós 70´tras un gran pase de Vía novamente o que sentenciou o encontro. O Piloño, véndose derrotado, tirou máis de marrullerías que de outra cousa, e foi expulsado o xogador visitante Imanol. Aarón co partido case rematado anotou o terceiro que facía xustiza ó visto no terreo de xogo. S.D. SAN LORENZO 1 - U.D. BASTAVALES 3 SAN LORENZO: Puyol, Adrián (Diego Varela 73´), Luciano, Samuel (Anxo 82´), Pablo Díaz, Juanjo (Yago Varela 45´), Alex Taibo, Dani Pena, Iván Parafita, Mario, Aitor (Brais 68´). GOLES: 0-1 15´Beiroa   0-2 35´Julián Nieto   0-3 62´Jacobo   1-3 86´Brais A historia de sempre en Verdillo, O San Lorenzo tivo o control do balón pero a experiencia visitante acabouse impoñendo. O primeiro gol é un exemplo do infortunio local. O porteiro visitante David Insua ten que facer un auténtico paradón para evitar o gol local, e nunha rápida contra acto seguido é Adrián Beiroa o que anota o primeiro do Bastavales. O de Julián Nieto, que nace doutro balón longo dende a defensa, foi demasiado para os locais, que o tentaron no segundo tempo pero sen demasiado acerto. Incluso Mario marrou un penalti, rexeitado polo longueiro, e os locais pediron outra pena máxima que o colexiado pasou por alto. Demasiado castigo para os méritos do San Lorenzo unha vez máis. CHAIAN C.F. 3 - C.D. BAIO 1 BAIO: Adrián, Pablo Novo, Mario, Peque, Yago Couto, Adrián Lena, Isaac, Martín, Bieito (Iván Rojo 61´), Diego Moreno (Santi Díaz 46´), Rubio GOLES: 1-0 2´Rubén   2-0 55´Antón   2-1 75´Iván Rojo   3-1 89´Caeiro Partido extraño en Augasantas no que o balón parado condenou ó equipo de Diego Díaz. Pronto se encaixou o primeiro tanto, ós 2 minutos, e isto cambiou o plan de encontro que tiña o Baio. Un tanto no inicio do segundo tempo puxo moi costa arriba a remontada, e aínda que Iván Rojo, no primeiro balón que tocou, reduciu distancias, non foi que o conxunto baies de levantar o partido e encaixou o terceiro e definitivo co tempo cumplido. O Baio non está a atopar o camiño da vitoria lonxe da casa

Comentarios