Martes. 23.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: os da cola non saen, o Fisterra saese

1ª Galicia: os da cola non saen, o Fisterra saese
SIGÜEIRO C.F. 3 - S.D. SAN LORENZO 2 SAN LORENZO: Javi Souto, Baneira (Anxo 78´), Luciano, Samu, Juanjo (Alex Taibo 66´), Pablo Garrido (Pablo Díaz 66´), Aitor, Iván Parafita, Diego Varela, Mario e Dani Pena (Brais Cancela 78´) GOLES: 1-0 18´Aitor   1-1 44´Parafita   2-1 56´Chema   2-2 59´Parafita   3-2 65´Felipe Non foi quen o San Lorenzo de sacar algo positivo da súa visita a un rival directo, o Sigüeiro, a pesar de que os de Pablo Mallón xogaron un bo partido, responderon sempre ós goles locais, pero o tanto de Felipe, ex sofanista, foi demasiado para os de Verdillo. Adiantouse pronto o Sigüeiro por medio do seu extremo Aitor, e antes do descanso Iván Parafita, vaia tempada a súa a nivel goleador, igualou o encontro. Pronto marcou Chema Albor para os locais á volta do descanso pero de novo Parafita marcou o empate, esta vez de penalti. Foi Felipe, pouco habitual en facetas goleadoras o que anotou o tanto ante o que xa non puido facer nada o SAn Lorenzo. SONEIRA S.D. 5 - AT. RIVEIRA 1 SONEIRA: Anxo (Josiño 70´), Chinda (Rudi 61´), Jota, Aarón, Forján, Chapela (Nazo 34´), Pichi (Basti 67´), Vía, Sandelo, De la Sierra e Alex Figueiras (Brais Mouzo 72´) GOLES: 1-0 3´Chapela   2-0 9´Pichi   3-0 14´Pichi   3-1 21´Madiop   4-1 38´Forján   5-1 66´Pichi Partido sen historia en Vimianzo. En 15 minutos o Soneira finiquitou o encontro con 3 tantos, e o resto do partido foi un deixar pasar o tempo, e aínda así a goleada puido ser de escándalo se os de Pedro Gómez quixeran apretar algo o acelerador. Pichi tivo unha boa tarde con 3 tantos ante un Riveira que parece carne de 2ª autonómica, a pesar de ter a Madiop, un dos mellores dianteiros da categoría. Debutou no cadro local, Rudi, ex xogador do San Lorenzo. S.D. FISTERRA 2 - C.F. SILLEDA 0 FISTERRA: Paulo, Dani, Ayose, Breixo (Andrés Vigo 75´), Robertín, Jesús (Ezequiel 75´), Roco, Roa, Pablo Lestón (Gabriel Vigo 71´), Isaac (Víctor 82´) e Nacho GOLES: 1-0 8´Roa   2-0 16´Miguel en pp Como está o Fisterra. Onte saíron a merendarse a un rival directo, sabedores que unha vitoria sacaríaos lonxe dos postos de perigo e afundiría de paso ó conxunto de Silleda. E así foi. Un penalti sobre Jesús que transformou Roa abriu a lata. O Fisterra fixo un primeiro tempo de categoría, coa calidade de Jesús e Lestón, e ese puñal que é o rapaz Isaac. Ó cuarto de hora un despexe dun defensa local converteuse no segundo tanto. Tivo Nacho unha boa opción antes do descanso. O Silleda foise arriba, e un penalti feito por Robertín foi a súa mellor ocasión, pero Paulo estivo sensacional e cortou o amago de remontada de raíz. S.D. AGOLADA 2 - C.D. BAIO 0 O Baio non puido co líder BAIO: Dani Varela, Pablo Novo (Josiño 83´), Norberto, Isaac, Adrián Lema, Yago Couto, Peque (Ramón 83´), Mario (Fachal 69´), Rubio (Moreno 53´), Martín e Iván Rojo GOLES: 1-0 36´Rubén   2-0 75´Jemba Expulsados Yago Couto 61´ e Jacobo 64´ Non puido traer puntos do terreo de xogo do líder o Baio, encaixou un gol en cada tempo e non foi capaz de facer excesivo dano ó conxunto local. O Agolada é un conxunto que arrisca o xusto e espera as súa ocasión con paciencia, basado no potencial ofensivo dos seus dianteiros. Pero onte foi un defensa, Rubén Canutas o que puxo o primeiro tanto no marcador. Buscou a igualada Iván Rojo cun disparo lonxano que rozou o pao longueiro, pero ó descanso o Baio perdía 1-0. O conxunto local puido anotar o 2º tanto nun disparo de Aitor Hurtado que sacou Pablo Novo a córner. En 5 minutos, dous expulsados, un por cada bando, e pouco despois o exótico atacante Jemba puxo a sentencia. O Baio pouco puido facer ata o final.

Comentarios