Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: sensacións contrapostas

1ª Galicia: sensacións contrapostas
C.D. BAIO 0 - C.F. DUMBRÍA 0 CD BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago Couto, Norberto, Damián, Bieito, Moreno, Peque, Iván Rojo, MC e Javi Suárez. Tamén xogaron Rubio, Sergio e Josiño. CF DUMBRÍA: Jorge, Canario, Pablo Paz, David Carreira, Matías, Iago, David, Xabi, Darío Capelo, Cespón e Yuyo. Tamén xogaron Charly, Eloy, Brandon e Borja. Emotivo derbi pola homenaxe ó inicio do mesmo a Ramón, Mario e Martín, os tres espadas baieses que se retiraron esta tempada despois de incontables partidos defendendo as cores brancas e azuis. Foi un clásico derbi cun primeiro tempo moi táctico sen apenas opcións de gol, excepto lanzamentos lonxanos e algún balón parado. No segundo tempo puido adiantarse Diego Cespón cun disparo cruzado. Dani Varela tivo que facer unha das súas paradas nun man a man con Xabi. O treito final foi para os locais, que encerraron ó Dumbría, e MC puido anotar o tanto da vitoria pero o balón botoulle demasiado alto. Xusta igualada nun encontro moi espeso por ambos conxuntos. S.D. ESTEIRANA 2 - CORDEIRO C.F. 1 SD ESTEIRANA: Alex, Codesido, Simón, Josiño Alves, Maroñas, Alex Rama, Josiño Barreiro, Elías, Ramiro, Manu Tobío e Raúl. Tamén xogaron Pablo Rama, Roberto Pladur, Adrián e Samu Pensado. GOLES:0-1 45´Rubén Bodaño   1-1 76´Pladur de penalti   2-1 90´Codesido Expulsados Raúl 71´ por parte local e  Antón 75´ por parte visitante. A Esteirana tivo que remontar de maneira espectacular e nos últimos intres o gol inicial do Cordeiro, para levarse os puntos nun competido encontro no Xosé Luis Vara. De inicio foi superior a Esteirana de Geno, pero o último cuarto de hora do primeiro tempo o Cordeiro mostrouse como un bo equipo e logrou o tanto que o adiantou no marcador xusto antes do descanso. Pero no segundo tempo a Esteirana puxo máis fútbol e corazón e logrou darlle a volta ó marcador. Unhas mans do central foron sinaladas como penalti que transformou Pladur no tanto do empate, e a pouco do final unha internada de Codesido desatou o delirio no graderío, co gol dunha traballada e buscada vitoria. C.D. LALIN 1 - SONEIRA S.D. 0 SONEIRA SD: Javi Souto, Darío, Samu Vázquez, Agra, Alemán, Alex Figueiras, Alex Taibo, De la Sierra, BAsti, Pichi e Nazo. Tamén xogaron Jairo, César, Sergio e Brais. GOL 1-0 43´Rego Veu de vacío o Soneira o sábado de Lalín, a pesar de facer unha gran primeira parte, con claras ocasións de Nazo, Basti, Pichi e un balón ó pao de Alex Figueiras. E cando xa se estaba a chegar ó descanso, regalo soneirán e 1-0 no marcador. No segundo tempo o Soneira tentouno ata a extenuación, con ocasións para Pichi, un man a man do debutante Jairo, pero non foron quen de marcar. O Lalín buscando a contra tivo varias ocasións pero o marcador non se moveu. S.D. FISTERRA 1 - FLAVIA S.D. 2 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julio, Andrés, Roco, Aarón, Roa, Bruno, Pablo Lestón, Dani, Jesús e Mackay. Tamén xogaron Mané, Gabri, Piti e Dani Martínez GOLES: 0-1 25´Padín   0-2 47´Jesús   1-2 65´ Mackay Frustrante encontro no Ara Solis onde se impuxo o veterano equipo do Flavia, con Padín e Alex Pérez á fronte. Un forte inicio do Fisterra case supón o 1-0, con ocasións para Roco e Jesús, pero o Flavia empezou a combinar cun Alex Pérez espectacular e chegou o primeiro tanto anotado por Padín. Ata o descanso quedou o Flavia con 10 pola expulsión de Víctor Lorenzo e anulouse un gol a Aarón. No segundo tempo xerro de auga fría co 0-2, de córner directo. O Fisterra volcouse, hai un claro penalti a Bruno non sinalado, Mackay acurtou distancias pero foi insuficiente.

Comentarios