Martes. 16.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: sensacións diversas

1ª Galicia: sensacións diversas
AT. RIVEIRA 1 - S.D. SAN LORENZO 2 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Baneira (Anxo 64´), Juanjo, Pablo Díaz, Parafita, Mario, Pablo Garrido, Aitor (Yago Varela 74´), Brais Cancela (Diego Varela 64´) e Dani Pena (Alex Rodríguez 73´) GOLES: 1-0 59´Vicente   1-1 80´Parafita de pti   1-2 89´Diego Varela   O San Lorenzo logrou unha vitoria das que suben a moral, no terreo de xogo dun rival directo e nos últimos minutos. No primeiro tempo o San Lorenzo estivo moi ben, cunha clara ocasión de Brais Cancela a centro de Dani Pena. O segundo tempo foi máis descontrolado. Adiantouse o Riveira por medio do rápido dianteiro Vicente, e cando parecía que os puntos ían quedar na Fieiteira, un penalti doulle a oportunidade a Parafita de igualar o encontro, e nos últimos intres, Diego Varela anotou o segundo e dalle aire ó equipo de Mallón. C.F. SILLEDA 0 - SONEIRA S.D. 3 SONEIRA: Anxo (Josiño 75´), Darío (Chinda 68´), Jota, Aatón, Forján, Sandelo (Brais Mouzo 73´), De la Sierra, Alex Figueiras, Basti (Nazo 68´), Pichi e Vía (Chapela 75´) GOLES: 0-1 6´Basti   0-2 39´Via de penalti   0-3 69´Vía Gran vitoria do Soneira en Silleda, nun partido que dominou con solvencia, no marcador e no xogo. O Silleda concedeulle o balón ós de Vimianzo e facer iso cun equipo como o que ten o Soneira é un suicidio. Foi un monólogo dos nosos, que de estar atinados podían ter anotado algún tanto máis.  Adiantouse o conxunto de Pedro Gómez con gol de Basti ós 6 minutos. Vía anotou o segundo de penalti, e no segundo tempo sentenciou a un Silleda inoperante e que acabou con 10 xogadores. Os locais impotentes ante o Soneira recurriron á violencia como única arma. C.D. UNION 1 - S.D. FISTERRA 0 FISTERRA: Paulo, Ayose (Ezequiel 78´), Dani, Breixo, Robertín (Gabri 68´), Jesús (Fabián 70´), Roco, Piti, Isaac, Pablo Lestón ( Edu 55´) e Nacho GOL: 1-0 58´Manu Competiu ben o Fisterra en Rianxo, pero non puido traer botín. Nun bo primeiro tempo fisterrán, marraron ocasións de Nacho, nun man a man, e Jesús nunha boa contra levada por Isaac. Paulo interveu nun disparo dende fora da area para abortar a mellor ocasión local. No segundo tempo, nunha boa xogada do Unión, Manu adiantou ó equipo local. Quedou con 10 homes o cadro local e o Fisterra buscou o empate, con ocasións de Isaac, e un penalti non sinalado sobre Breixo nos intres finais. Unha pena pois os fisterráns xogaron un partido moi completo. C.D. BAIO 0 - PUEBLA F.C. 1 BAIO : Dani Varela, Pablo Novo, Isaac, Adrián Lema, Ramón (Josiño 79´), Peque, Moreno (Rubio 71´), Iván Rojo, Martín (Santi Díaz 71´), Fachal e MC GOL: 0-1 76´Diego Rivas O Baio non sae dos postos de arrastre ó caer novamente no Platas Reinoso ante un aspirante ó ascenso, o Puebla. A mellor opción para os locais tivoa Iván Rojo ó cuarto de hora, pero só ante o porteiro Juan enviou alto. Con igualada chegouse ó descanso. Santi Díaz enviou alta unha falta ó borde da area xusto antes do solitario tanto do encontro, chegou faltando un cuarto de hora para o final, por medio de Diego Rivas. O Baio recibiuno como un verdadeiro xerro de auga fría e non foi quen de reaccionar para buscar cando menos a igualada.

Comentarios