Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Só gaña o que xogou de local, o Baio

1ª Galicia: Só gaña o que xogou de local, o Baio
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica Vaia tarde de viaxes para olvidar dos nosos representantes da 1ª Galicia. Os tres que xogaron a domicilio caeron derrotados. O Soneira en Padrón levou 3, o mesmo que o Fisterra en Bertamiráns, e o San Lorenzo 2 en Chaian. Oito goles en contra e ningún a favor, pobre balance. O Baio salvou a xornada cunha tremenda vitoria ante o potente Piloño, mostrando que os de Pedro Gómez cando están finos poden ganarlle a calquera. FLAVIA 3 - SONEIRA 0 SONEIRA: Anxo, Darío (Rubén Forján 46´), Jota, Aarón, Agra (Brais Mouzo 85´), Nazo (Chinda 46´), Pichi, Sandelo, De la Sierra (Mayor 62´), Basti, Vía GOLES: 1-0 9´Calderón 2-0 32´David Pérez   3-0 89´Brais de pti Un mal primeiro tempo pasou factura ó Soneira en Padrón. Os de Vimianzo non saíron metidos no partido e xa ós 9´ encaixaron o primeiro tanto. Puido igualar Basti nun remate desviado a centro de Pichi, pero foi de novo o Flavia o que acertou co 2-0 nun contragolpe. Anxo evitou o terceiro tanto nunha boa parada a pouco do descanso. O Soneira puido recortar diferencias se o colexiado sinalase un claro penalti a Pichi. Si que sinalou outro na area do Soneira cometido por Chinda, e Brais Rodríguez aproveitou para poñer o marcador final. CHAIAN 2 - SAN LORENZO 0 SAN LORENZO: Javi Souto, Samuel, Baneira, Juanjo, Pablo Díaz (Brais Cancela 80´), Parafita, Mario (Dani Pena 70´), Yago Varela (Kevin 46´), Alex Taibo, Diego Gesto e Aitor GOLES: 1-0 35´Anxo   2-0 88´Valdo O San Lorenzo non puido seguir coa súa xeira en Augasantas Non foi quen de seguir coa súa xeira o San Lorenzo no campo de Augasantas de Chaián, ante un cadro local que enlazou varias vitorias seguidas nas últimas xornadas para saír dos últimos postos da taboa clasificatoria. Un tanto mediado o primeiro tempo adiantou ós locais por medio de Anxo. O San Lorenzo intentouno pero non foi quen de atopar o gol, e a pouco do final Valdo establecía o segundo para sentenciar o encontro. BERTAMIRÁNS 3 - FISTERRA 0 FISTERRA: Joselu, Andrés Vigo, Fabián, Robertín, Dani, Jesús, Ezequiel, Pablo Lestón (Noé 72´), Isaac, Gabri (Dani Martínez 65´) e Piti GOLES: 1-0 1´Alex Boo   2-0 9´Meijide   3-0 89´Cacho Está a acusar as baixas o Fisterra. Foi a Bertamiráns sen Breixo, Víctor, Tati e Roa, e con dous xuvenis de primeiro ano na alineación. Aínda así pelexou dignamente en Bertamiráns, a pesar de que se puxo en contra o partido moi cedo. Unha gran volea de Alex Boo e pouco despois Meijide facía o segundo. O Fisterra buscou recortar diferencias con disparos de Pablo Lestón e Robertín, este que dou no pao da porta local. O equipo tivo uns bos minutos de fútbol, e outra vez Robertín de cabeza e Ezequiel tiveron claras opcións de marcar. O ex do Dumbría e Carnota Cacho fixo o terceiro no treito final, deixando un marcador engañoso para o que se viu no campo. BAIO 2 - PILOÑO 1 BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago Couto, Norberto, Mario, Peke, Martín, Bieito, Fachal, Santi Díaz e MC (Adrián Lema 46´) GOLES: 1-0 18´MC   1-1 29´Peke en pp   2-1 58´Adrián Lema O Baio celebrando un dos tantos da gran vitoria de onte Xogou o Baio un gran partido, especialmente no primeiro tempo, para impoñerse ó Piloño. Adiantouse con gol do de sempre, MC, que tivo que sair ó descanso lesionado. Nun corner igualou o Piloño, pero no segundo tempo o Baio anotou un tanto máis por medio do rapaz de Laxe Adrián Lema, facendo xustiza o que se viu no encontro. Tiveron os locais mais ocasións para lograr algún tanto ata o final do encontro, pero o marcador non se moveu.

Comentarios