Martes. 16.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: so o Soneira salva a honra

1ª Galicia: so o Soneira salva a honra
Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio, patrocina a 1ª Autonómica Mala xornada en 1ª Galicia. Baio, San Lorenzo e Fisterra caeron derrotados e están da metade da taboa hacia abaixo, mirando mais ós postos de descenso que ós de arriba. O caso inverso é o Soneira, que tras 4 vitorias e 1 empate nos últimos 5 encontros, colócase cos de hoxe con 14 puntos 2º na taboa, detrás do sorprendente líder Bastavales. SONEIRA 4 - SILLEDA 2 SONEIRA: Anxo, Darío (Ismael 82´), Jota, Aarón, Pichi (Mayor 88´), Alex Figueiras (Bermúdez 72´), Agra, Nazo (De la Sierra 60´), Vía, Basti e Bruno. GOLES: 1-0 5´Alex Figueiras   1-1 14´Rubén   1-2 17´Martín   2-2 62´Basti   3-2 85´Bruno   4-2 89´Basti O Soneira adicoulle a vitoria a Oscar Foi un rival moi correoso este Silleda, que caeu derrotado contra o final pero vendeu cara a súa pel. Os soneiráns dedicáronlle a vitoria ó seu compañeiro Oscar, lesionado a semana pasada de certa gravidade. Adiantáronse os de Rafa cun zurdazo á escadra de Alex Figueiras. Parecía cousa doada o encontro, pero en 2 minutos o Silleda levantou o resultado. No segundo tempo despertou o Soneira e o acoso foi total, ainda que os de Silleda mandaron un balón ó pao nunha contra. Primeiro Basti, e a pouco do final Bruno puxeron por diante ó Soneira, cando xa o Silleda xogaba con 10 homes. Un novo tanto de Basti sentenciou o encontro. FISTERRA 2 - UNION 3 FISTERRA: Paulo, Piti, Dani, Breixo, Robertín, Roa, Pablo Lestón (Noé 63´), Víctor (Dani 83´), Jesús (Angel 89´), Gabri (Aarón 46´) e Ezequiel (Mané 73´). GOLES: 0-1 11´Juanma   0-2 17´Juanma   1-2 39´Pablo Lestón   2-2 67´Aarón   2-3 89´Nieto Partido loco en Ara Solis. O inicio foi trepidante: Víctor Agulleiro marrou unha pena máxima e o Unión aproveitouno adiantándose doblemente no marcador. Pablo Lestón aproveitou un rexeite do longueiro a tiro de Víctor para reducir distancias. No segundo acto o xuvenil Aarón igualaba nunha boa xogada de Jesús. Foi expulsado entón Paulo por mans fora da area, pero o Fisterra non se arredou, e Mané tivo a vitoria nun disparo ó pao. Con Robertín na portería, o Unión aproveitou unha contra para anotar o terceiro e levarse a vitoria, ante o estupor xeral. PUEBLA 2 - BAIO 0 O Baio pelexou pero non tivo excesiva sorte BAIO: Dani Varela, Norberto, Fachal (Moreno 68´), Isaac, Iago Couto, Mario (Pablo Novo 78´), Martín (Peke 58´), MC (Santi Díaz 58´), Bieito, Rubio e Javi Suárez. GOLES: 1-0 46´Changui   2-0 80´Pape Non puido o Baio cun candidato serio ó ascenso. O trío atacante formado por Espi, Pape e Changui é suficiente para ter en conta a este Puebla. A primeira ocasión foi de outro gran dianteiro, MC, que rematou fora un pase de Dani Varela. O mazazo chegou no inicio do segundo tempo, Changui anotou o primeiro tanto nun barullo. Pouco despois MC tivo a igualada pero Juan sacou cos pes o seu remate. Lesionouse MC e o Baio perdeu o seu potencial ofensivo. O gol de Pape foi a puntilla. SAN LORENZO 1 - AT.RIVEIRA 3 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Cuki (Brais Cancela 43´), Rubén (Juanjo 66´), Adrián (Javi Puñal 83´), Mario, Aitor, Kevin (Iago Varela 62´), Alex Taibo, Pablo Díaz e Diego Varela. GOLES: 0-1 10´Fran   0-2 14´Madiop   0-3 44´Joseíño   1-3 82´Diego Varela Non se esperaba en Verdillo os tempraneiros goles visitantes, que foron un mazazo para o equipo de Oscar Suárez. O terceiro de Joseíño ó borde do descanso deixaba o partido moi difícil para o segundo tempo. O SAn Lorenzo, sabedor de que este era un partido moi imporante, intentouno pero so Diego Varela a pouco do final foi quen de anotar.

Comentarios