Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Triste xornada

1ª Galicia: Triste xornada
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica O derbi sabatino deixou pouco fútbol, moita igualdade e un empate que non deixa contento a ningún. A xornada do domingo foi moi negativa. Fisterra e San Lorenzo non foron capaces de facer valer o factor cancha e caeron ante Tordoia e Agolada. O Tordoia con esta vitoria deixa o faroliño vermello ó San Lorenzo. SONEIRA 1 - BAIO 1 SONEIRA: Anxo, Forján, Nazo, Agra, Aarón, Figueiras, Sandelo (Mayor 70´), De la Sierra (Jota 70´), Basti, Pichi, Vía (Bruno 78´) BAIO: Dani Varela, Isaac, Mario, Yago Couto, Fachal (Adrián Lema 54´), Moreno (Santi Díaz 54´), Peke, Bieito, Martín (Rubio 66´), Iván Rojo (Novo 89´) e MC GOLES: 1-0 19´Via   1-1 79´Iván Rojo Igualado derbi no Municipal de Vimianzo. Ambos equipos saíron moi metidos no encontro. Os 5´avisou o Baio por medio de MC. Pero foi o Soneira o que se adiantou nun libre directo de Vía Rápida. Tivo o segundo Aarón nun centro de Figueiras pero rematou fora. Anxo rexeitou un disparo de MC e o poste fixo o propio cun de Basti antes do descanso. Puido sentenciar o Soneira nunha doble ocasión dos irmáns De la Sierra e Basti, pero o Baio estirouse buscando o empate. Santi Díaz estrelou un balón no longueiro, e a pouco para o final Iván Rojo disparou dende fora da area e batiu a Anxo. Tivo Aarón a vitoria nos seus pes pero o seu disparo marchou fora. Igualada nun intenso derbi SAN LORENZO 0 - TORDOIA 3 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano (Pablo Díaz 46´), Baneira (Samuel 65´), Adrián (Javi Puñal 85´), Juanjo, Alex Taibo, Parafita, Aitor (Anxo 82´), Kevin, Dani Pena e Diego Varela GOLES: 0-1 13´Denis   0-2 64´Maki   0-3 77´Andrade O San Lorenzo, contra a violencia de xénero O San Lorenzo non puido continuar a xeira das últimas xornadas puntuando e caeu nas Pedreiras ante o colista Tordoia, pasando agora os de Verdillo a ocupar esa posición. O Tordoia, co ex do Puenteceso Barca no banco, derrotou a semana pasada ó Soneira e esta de novo foi gafe para un equipo costeiro, coas mesmas armas ambos partidos: unha defensa cerrada e un contragolpe mortal. Os dous rápidos dianteiros visitantes, Denis e Maki, foron un pesadelo para a defensa local. O San Lorenzo empezou forte, con duas ocasións nos primeiros minutos, pero nun roubo Denis plantouse ante Javi e anotou o primeiro tanto. Tivo Parafita unha falta directa antes do descanso que sacou o meta visitante. No segundo tempo o San Lorenzo xogou mais directo, pero nun novo contragolpe anotou Maki. O terceiro tanto de Andrade foi definitivo, e o San Lorenzo, a pesar de poñer todo no intento, non foi quen de reducir distancias. FISTERRA 0 - AGOLADA 2 FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Robertín, Piti, Dani, Roa, Gabri (Mané 68´), Ezequiel (Tati 32´), Isaac e Champi (Noé 27´) GOLES: 0-1 3´Aitor Hurtado   0-2 89´Miguel Dous tantos nos extremos do partido, un nada mais iniciarse e outro case que co tempo cumplido, servíronlle o 3º clasificado, o Agolada, para tumbar ó Fisterra de Noé en Ara Solis. O encontro veu marcado polo tempraneiro tanto do goleador visitante, Aitor Hurtado, que fiel á súa cita co gol anotou ós tres minutos. Isto permitiu xogar ó Agolada o seu consabido fútbol de contragolpe, ante un Fisterra que o intentou pero que onte non tivo a sorte de cara, ademais de ter unha vez mais numerosas baixas que posibilitou a presencia de varios xogadores xuvenís na alineación titular.

Comentarios