Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Corme e Nantón escadan posicións a costa de Zas e O Pindo

2ª Autonómica: Corme e Nantón escadan posicións a costa de Zas e O Pindo

Dous encontros da Liga da Costa disputábanse este pasado martes 1 de novembro. Dous encontros que foran aprazados no seu día e que deixaron ao Corme e ao Nantón algo máis tranquilos. Os que non quedan tranquilos son os do Pindo, que seguen sen sumar tras 9 xornadas.

Nantón - Zas (2-0)

  • NANTÓN: Martín, David Lareo, Diego, Félix, Sito, Rubén, Carlos Vidal, Martín II (Eloy, min.75), Cristian, Manolo do Cruceiro (Iván min.80) e Luis.
  • ZAS: Damián, Dani Castelo, Mancebo, Lagoa (Roly, min.25), Pereiro, Peke, Pablo (Rafa, min.60), Pichín, Juan, Martín e Pablo Muíño
  • Goles: 1-0, min.30: Luis, de penalti; 2-0, min.65: Manolo do Cruceiro de volea.
  • Expulsións: a Rubén do Nantón (min.70) e a Juan (min.63), Mancebo (min.72) e Pablo Muíño (min.85) do Sporting Zas.

4 expulsións dan conta do devir do encontro, con pouco fútbol e moita polémica. Luís adiantaba aos locais no ecuador do primeiro tempo, e Pablo Muíño puido recortar pero se topou cun espléndido Martín. E na segunda, cando máis se esperaba a reacción zaense, o cadro de Solís non apareceu e Manolo sentenciou entre expulsión e expulsión.

Corme - O Pindo (4-1)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Abel, Lelo, Diego, Martín (Gonzalo, min.65), Adrián Doldán (Dani, min.88), Iago, Lucas e Alejo (Jesús, min.85).
  • O PINDO: Diego Garrido, Diego de Ameixenda (Diego Atán, min.70), Juan de Fisterra, Herminio, Manolito, Carlos Leis, Juan de Dios, Ángel (Lolo, min.52), Bicho, Eloy e Diego León (Vicente, min.68)
  • Goles: 1-0, min.30: Alejo, de penalti; 2-0, min.55: Alejo; 2-1, min.70: Lolo; 3-1 min.78: Alejo; 4-1, min.89: Iago, de penalti.
  • Expulsión: a Diego Garrido (min.89) de O Pindo.

9 goles en 4 partidos dan conta da importancia de Alejo nas filas cormelás. O novo punta azulón, ademais é xa adestrador dos xuvenís, xunto a Pandi, e dos infantís, algo que lle está a vir de marabilla para calmar os ánimos.
Onte non é que o Corme fixera o mellor partido, pero O Pindo chegou algo deslabazado e só puido aguantar media hora. Tralo descanso, Alejo sentenciou o a última media hora foi un trámite.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios