Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Camariñas escapa

2ª Autonómica: O Camariñas escapa
Freou o Fisterra ao Club do Mar tralo imponente comezo de campaña dos caioneses, que xa levan 3 partidos sen gañar. Esta mala xeira está sendo moi ben aproveitada polo equipo de Manolín que leva 5 vitorias consecutivas tras vencer onte no difícil campo de San Andrés. É o Muros o que se mete 2º. O cadro de sil, sen tanta floritura como outros anos, amósase máis firme e parece que xa podemos contalo como candidato. Por abaixo, importante vitoria do Corcubión en Mazaricos, que lles permite aos de Manín sacar a cabeza do pozo. Os que non a sacan, nin con novo trío de entrenadores, é o Pindo, que caía ante un San Lorenzo que suma dúas vitorias seguidas e mira cara a zona media.

Fisterra - Club do Mar (3-2)

  • FISTERRA: Ángel, Roberto (Munitis, min.77), Piti, Roco, Juan de Elvira (Dudo Rivas, min.35), Cote (Guardiolla, min.90), Santi, Tata (Rivas, min.80), Mané, (Roa, min.60), Marco do Cabo e Dudo.
  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Chori, Álex, Repi, Rubén, Juan Lareo(Fran Borrazás, min.80), Jacobo, Johny, Santi Silva, Vituco e Bertín.
  • Goles: 1-0 min.30: Mané mete o pé a un remate de Cote nunha falta botada Roberto; 2-0 min.44: Marco Docabo de penalti; 2-1 min.60: Santi Silva dendfe o pico da área; 2-2 min.75: Juan Lareo de cabeza; 3-2 min.85: Dudo de falta.
Cando máis intenso é un partido máis dá o do de peito o Fisterra. Así foi de toda a vida e así o demostraron este pasado sábado os fisterráns ante o poderoso Club do Mar, que cae á 3ª praza logo dos últimos resultados. Foi un partido con alternativas. O Club do Mar comezou forte e o novo porteiro xuvenil Ángel tivo que sacar varios balóns. Pero foi a picardía de Mané a que rompeu a igualada metendo a punta do pé a un remate de outro xuvenil, Cote. O gol desestabilizou aos caioneses e o Fisterra veuse arriba, controlando e combinante neste último treito de primeira metade cun Dudo aguerrido desafiando a Iago Dans. Chegou ao fío do descanso o gol de Marco Docabo de penalti. A outro ritmo saíu o Club do Mar tralo descanso. Os caioneses meteron a marcha e viñeronse arriba e conseguiron afundir a renda local con dous fermosos tantos. Pero o Fisterra non se rendiu e tirou de garra para, nun último impulso, acadar o gol da vitoria por medio de Dudo, que de falta volveu demostrar a súa categoría, esa que ás veces o clube fisterrán bota de menos. Xa co tempo cumplido, os caioneses pedirían penalti sobre Vituco que o colexiado interpretou como "perigo" sinalando unha falta en ataque.

Zas - Camariñas (1-2)

  • ZAS: Elías, Mancebo, Dani, Martín, Oliver, Peque, Jaime (Ismael, min.25), Pablo, Juan, Pichín (Diego, min.60) e Pablo Muíño (Rafa, min.30).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Breo, Carlos, Maikel, Alberto (Nico, min.65), De la Sierra, Moriño, Javi (Paco, min.70), Brais, Juan oBello (Dani, min.65) e Leo.
  • Goles: 1-0, min.15: Pablo Muíño; 1-1, min.40: Brais; 1-2, min.60: Javi.
  • Expulsión: De la Sierra (min.70).
  • Lesións: Jaime e Pablo Muíño.
Impresionante este Camariñas que reacciona e remonta un partido nun campo difícil como o de San Andrés. Os de Manolín están de líderes por algo e conseguiron superar o gol inicial de Pablo Muíño, quen se non. Brais e Javi asinaron os tantos e a defensa foi clave nos últimos minutos cando a expulsión de De la Sierra deixaba con 10 aos camariñáns. Pero os puntas zaenses non estiveron afinados no segundo tempo, xa con Pablo Muíño fóra por lesión, ao igual que Jaime.

Dumbría B - Sofán (0-1)

  • DUMBRÍA B: Anxo, Jose Manuel, Ramiro, David Carreira, Sergio Cives, Tati, Riki (Ivanete, min.76), Jesus, Esteban (Rodrigo, min.45), Pablo Leston e Fernando.
  • SOFÁN: Richard (Luis de la Peña, min.45), Adrián, Diego, Juanjo, Miniño, Pensado (Manuel Varela, min.87), Jacobo (Alemán, min.65), Suso Docampo, Abel, Ivan Rey e Berti (Edu, min.75).
  • Gol: 0-1, min.15: Suso Docampo a un bo pase de Pensado.
Liña ascendente do Sofán que se cruza cunha lixeira liña descendete deste Dumbría B que comezou coma un cañón. Foi un encontro moi competido, con dous equipos moi ben prantados e sen fisuras. Os de Ferrío controlaron o balón e buscaron a meta visitante por medio de Pablo Lestón e Jesús. Pola súa banda a SD buscaba contras perigosas como a que acabou no único gol do partido. No segundo tempo Ferrío meteu a Cives na punta e o filial buscou máis balóns aéreos, pero na meta sofanista estaba Luís de la Peña, que substituiu ao lesionado Richar, e é todo un seguro por arriba.

San Lorenzo - O Pindo (2-0)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Adrián, Dubra, Puñal, Miguel (Marcos, min.65), Anxo (Canteiro, min.75), Cachizo, Chucho (Jorge, min.70), Fuentefria e Javi (Eloy, min.80).
  • O PINDO: Garrido, Juan de Fisterra, Manolito, Herminio, Javi Conexo (Hipólito, min.70), Eloy, Carlos Leis, José da Maroca (Diego León, min.46), Juan de Dios, Bicho e Lolo (Vicente, min.65).
  • Goles: 1-0, min.5: Cachizo remata no segundo pao un saque de banda longo; 2-0, min.44: Puñal remata unha falta botada por Fuentefría.
Nin a destitución de Caluso como adestrador do Pindo serviu para celebrar con vitoria a estrea dos novos adestradores. 3 homes da casa como son Bruno de Anxela e os propios xogadores Juan de Dios e Lolo, toman o relevo nunha situación moi comprometida para os carnotáns. Esta semana caían ante un rival directo e xa van 10 xornadas sen sumar. Foi importante para o cadro de Chema Eirís esta vitoria, a segunda consecutiva, nun encontro que controlaron case que os 90 minutos, que marcaron en xogadas a balón parado, e que puido ampliar nos últimos lances, xa co Pindo entregado, se Marcos ou Chucho estiveran acertados.

Muros - Baio (2-0)

  • MUROS: Lupi, Gael, Teo, Marco, Mayuyo, Dani, Jesús (Gelo, min.65), Dani, Alberto, Óscar (Iván, min.65), Sexo e Yanki (Mingos, min.75).
  • BAIO: Manuel, Fermín, Matías, Freire, Iván (Valentín, min.70), Mario, Eloy, Canai, Alberto, Rubio (Pirucho, min.60) e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.25: Mayuyo de falta; 2-0, min.30: Sexo.
Segundo xa está este Muros, con menos individualidades pero con máis solvencia que outros anos. Os de Sil seguen amosando a súa seriedade e firmeza no xogo, e onte superaban un fantástico Baio. I é que os visitantes dominaron boa parte do partido, pero non estiveron acertados. Durante o segundo tempo o intentaban os baieses pero Lupi e a defensa muradá demostraron por que, este ano, o Muros parece que si que estará arriba. O que si estivo acertado, de novo, foi Mayuyo, pichichi muradán.

Mazaricos - Corcubión (0-1)

  • MAZARICOS: Juan, Casais, Chico (Tuco, min.80), Matías, Marcos, Rodri (Aldo, min.55), Ramón, Brais, Estéfano (Rafa, min.70), Cristian (Esteban, min.50) e Kevin.
  • CORCUBIÓN: Cristian, José de Atalaya, Sergio Manín, Senra (Sancho, min.75), Conguito (Balucho, min.65), Sebas (Jonhie, min..70), Papi (Paulo, min.55), Alán, Eduardo (Andrés, min.92), Mario e Lourido.
  • Gol: 0-1, min.92: Mario de cabeza á saída dun córner.
Partido moi entretido, entre dous equipos necesitados e probablemente xusta vitoria para un Corcubión que xogou mellor e tivo as mellores ocasións. Sen embargo o tanto visitante non chegou ata pasados os 90 e foi Mario de cabeza o que deu tres puntos fundamentais para que os de Manín non desesperen. Puido tamén o Mazaricos porse por diante cunha de Kevin fóra na primeira metade e un balón ao pao de Brais na segunda. E iso que a defensa corcubionesa estivo moi segura, moi dura, e non permitiu que os de Periscal puxeran moita profundidade. Pola súa banda, o Corcubión aproveitou unha das súas dúas ocasións, pois o propio Mario tivo unha boa acción que mandou ao boneco.

Malpica - Buño (0-1)

  • MALPICA: Suso, Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Nando, Daniel (Neucha, min.55), Cheo, Alfredo (Pablo, min.64), Andrés (Charro, min.46) e Rancaño.
  • BUÑO: Toni; Ángel, (Eloy, min.70), Brais, Alfredo, Diego, Jorge, Dourado (Miguel Dourado, min.80), Ismael, Víctor Vilar (Richard, min.65), Elías e Juan (Óscar, min.85).
  • Gol: 0-1, min.50: Elías de vaselina tras un "autopase" que despista á zaga local por un fóra de xogo posicioanl de Víctor Vilar.
Un estrano tanto á volta do descanso foi sufiente para que o Buño vencese o derbi malpicán ante un cadro local que xa non mira tanto para a zona alta como ao comezo de temporada. O cadro oleiro endosou a 3ª derrota na casa a este Malpica que o intentou en inmurables ocasións pero nin os Cheo, Rancaño, Neucha, Nando ou Charro puideron marcar. Os visitantes moi serios, aproveitaron unha das poucas ocasións que tiveron, cun balón de Elías, que metía para Víctor Vilar, pero este ao verse en fóra de xogo non interviu na xogada e ante a pasividade da defensa malpicán o propio Eláis recolleu o balón e marcou de vaselina ante a desesperada saída de Suso. A partir de aí o Buño amosouse moi sólido e firme, presionando ben a todo o campo e sen permitir que os de Agilda armasen ataques combinados.

Nantón - Castriz (2-2)

  • NANTÓN: Martín, Félix, Sito, Diego, Lareo, Carlos Vidal, Cristian, Martín (Bonano, min.70), Luís, Manolo e Rubén (Eloy, min.75).
  • CASTRIZ: Antonio, Sergio Pose (Prego, min.70), Toniño, Michi, Alex, Toño, Martín, Mauri, Iván, Pablo (Koeman, min.75) e Sebas.
  • Goles: 0-1,min.15: Sebas; 1-1, min.20: Manolo; 1-2, min.40: Sebas; 2-2, min.65: Sito.
Comezou Sebas adiantando a este Castriz que xoga mellor fóra que en San Pedro. De feito, durante os primeirros 45 minutos os xalleiros foron superiores e marcharon cunha renda mínima para o descanso. Pero na segudna reaccionou o Nantón, que subiu liñas e foi polo partido. Sito conseguía empatar e o propio Manolo do Cruceiro, que empatara o gol inicial de Sebas, e Cristian, tiveron dúas boas ocasións contra o final para poñer por diante aos cabaneses. Sebas, o mellor dos rossoneros puido tamén asinar o tanto da vitoria.

Esteirana - Corme (3-2)

  • ESTEIRANA: Beni, José Varela (Maceiras, min.60), Dani Rama, Lestón, Damián, Alex Rama, Eloy, Dani (Cajulo, min.55), Roberto Pladur, Andel (Sergio, min.70) e Adrián (Iago, min.75).
  • CORME: Susiño, Alejandro, Pandi, Adolfo, Abel (Lelo, min.60) (Dani, min.85), Diego, Adrián, Lucas, Alejo e Iago.
  • Goles: 0-1, min.5: Iago; 0-2, min.25: Alejo; 1-2, min.55: Roberto Pladur; 2-2, min.75: Dani Rama; 3-2, min.90: Cajulo .
Partidazo en Esteiro entre dous equipos que buscan xogar. E con dúas partes foi diferenciadas. Comezou mellor o Corme, que con este Alejo en racha se puxo con 0-2 que parecía suficiente para aguantar na segunda metade. Nos últimos minutos da primeira metade o partido caldeouse e a tensión comezábase a notar. Na segunda saíu o Esteiro a por todas, e barriron do campo aos cormeláns, que se viron superados por un ambiente forte e unha Esteirana arrolladoora. Damián Korea marcou xa co tempo cumplido o defintivo 3-2, cando todo parecía indicar que habería reparto de puntos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios