Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Xornada olímpica

2ª Autonómica: Xornada olímpica
4 de 4 leva o Club do Mar, pero esta semana tivo que roer a vitoria ata o final ante un Baio que mellora partido a partido e que mereceu algo máis na Porta Santa. Por detrás do cadro caionés segue o Dumbría B, que tamén sufríu para sacar a vitoria ante o correoso Nantón. O Malpica, que parece que comeza a porse en serio, e o Camariñas, que sacou 3 valiosos puntos do Cairo, non se despistan da zona alta. O detalle foi a consecución de dous goles olímpicos: o de Richard para o Buño que vale un empate, e o de Pablo Lestón para o Dumbría B que serviu para abrir o marcador ante o Nantón.

Sofán - Buño (2-2)

  • SOFÁN: Richard, Adrián, Víctor Docampo, Jesus, Juanjo, Alemán (Roberto Souto, min.78), Eloy (Abel, min.21), Jacobo (David Pensado, min.68), Iván Rey (Berti, min.75), Suso Docampo e Mario Casal.
  • BUÑO: Toni, Brais, Oscar Pardo, Alfredo, Angel, Jorge Calvete, Ismael (Richar, min.60), Elias (Antelo, min.46), Emilio, Víctor e Dourado (Dani Calvete, min.78).
  • Goles: 1-0, min.35: Jacobo cun centro chut que deixa pasar Mario; 1-1, min.50: Richard en propia meta; 2-1, min.83: Suso dende o borde da áre pola escuadra; 2-2, min.92: Richard de córner directo.
  • Lesión: Eloy Boedo cunha escordadura de novello.
Ata o final loitou o Buño e acabou levando un punto do Carral. Os locais, ademais de considerar ter perdido un punto, suman un novo lesionado aos Gende (homenaxeado nas camisolas iniciais) e David Velo, que estarán moito tempo lonxe dos terreos de xogo. O Sofán comezou moi forte, impoñendo un ritmo rápido e tenso, pero as imprecisións, impedían que se movese o marcador. Ademais o encontro estaba trabado con moita forza por ambas bandos. Jacobo adiantou aos seus á media hora, e neses 15 minutos puido sentenciar o cadro local. Pero Ángel, o mellor dos visitantes, curtou unha internada de Mario, e Ivan Rey marrou tras facer a mellor xogada do partido saíndo dende o medio campo. Tralo descanso cambiaron as tornas. Un gol tonto en propia meta meteu de cheo aos malpicáns no encontro. O Buño non aproveitou os minutos de desconcerto da zaga local pero dispuxo de moi boas ocasións por medio de Dourado e Antelo. Sen embargo, a SD, xa a base de corazón, puña o 2-1 cun auténtico golazo de Suso Docampo. Chegou o premio para o Buño xa no desconto, cun gl olímpico de Richard.

Fisterra - Corcubión (4-2)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Gustavo, Manuel Cartamil, Juan de Elvira (Guardiola, min.80), Roco, Santi Pelada (Marco do Cabo, min.65), Nico, Roa (Rivas, min.46), Mané (Tata, min.70) e Dudo (Pana, min.80)
  • CORCUBIÓN: Cristian, José de Atalaya, Sergio, Paulo (Tarrela, min.65), Conguito, Alberto (Balucho, min.75), Edu, Alán (Sebas, min.55), Papi, Mario e Lourido.
  • Goles: 1-0, min.11: Mané de punteira dende a frontal; 1-1, min.20: Lourido; 2-1, min.30: Mané. 3-1, min.40: Mané; 3-2, min.43: Mario; 4-2, min.70: Roco.
Sufriu, e moito, o Fisterra, para conseguir a súa primeira vitoria en Ara Solis esta campaña. I é que o Corcubión de Manín foi mellor durante moitos minutos e só a certeza de Mané cara gol, e a mala tarde do meta corcubionés Cristian, decantou a balanza para os locais. Comezou o Corcubión dominando, con boas ocasións como a que marrou Mario na liña de gol e sen porteiro. Apareceu Mané que coa axuda de Cristian (impecable ata onte), cun tiro dende o borde da área para facer o 1-0. Pero Lourido empatou facendo valer o bo xogo visitante. O encontro púxose tolo, e Mané aproveitou un par de saídas con dúbidas do meta visitante para poñer doble vantaxe. Pero antes do descanso Mario recurtou metendo de novo aos de Manín no partido tras esta metade de ida e volta. No segundo tempo, durante moitos minutos o Corcubión o intentouno todo, pero o choque xa estaba máis tranquilo, como lle gustaba aos locais. Só Roco marcou para darlle a tranquilidade aos locais nos últimos minutos.

Club do Mar - Baio (4-2)

  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Rubén, Corral, Repi, Chechu, Álex, Tonecho (Juan Lareo, min.60), Bertín, Jacobo (Alberto, min.46), Santi Silva (Fran Borrazás, min.80) e Vituco.
  • BAIO: Poyo, José Antonio, Iván de Treos, Fermín, Matías, Eloy, Mario (Rubio, min.55), Alberto (Pablo, min.75), Martín, MC e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.5: Bertín; 1-1, min.25: Fermín; 1-2, min.46: Fermín; 2-2, min.75: Alberto; 3-2, min.80: Repi; 4-2, min.90: Bertín.
Sufriu tamén o Club do Mar para manter os 3 puntos en Caión. O Baio puxo as cousas moi complicadas, e ata se puxo por diante cun gran Fermín, á volta do descanso. Pero a insistencia dos locais permitiu que nos minutos finais conseguisen a 4ª vitoria consecutiva. Iso si, dende Baio protestaron un penalti e o gol do empate caionés, clave para o desenlace do choque, no que pediron unha falta ao porteiro baiés. Os visitantes, de feito, viñéronse abaixo trala xogada e os últimos 15 minutos desapareceron do campo e deixaron que os locais desen a volta ao partido.

Esteirana - Castriz (2-2)

  • ESTEIRANA: Veni, Maxi, José Varela, Chispi, Picholeiro, Eloy, Adrián (Isma, min.69), Andel (Uru, min.55), Álex, Roberto Pladur e Adelino.
  • CASTRIZ: Toño, Sergio Pose (Sergio, min.85), Martín, Alejandro, Toniño (Michi, min.80), Alberto, Mauri, Johny (Jorge, min.60), Iván e Sebas.
  • Goles: 1-0, min.20: Adelino; 1-1, min.30: Iván de forte disparo; 1-2, min.44: Sebas de vaselina; 2-2, min.80: Álex a pase de Roberto Pladur.
Bo partido en Esteiro entre dous equipos en forma. O choque tivo de todo e o control foi alternando. Os locais adiantábanse polo mellor Adelino, pero Iván e Sebas daban a volta antes do descanso. Foron moitos minutos do segundo tempo no que o Castriz mandaba no marcador e mantiña segura a súa meta. Pero unha boa xogada de Pladur pola banda acabou en gol por medio de Alex, firmando así un xusto empate.

Malpica - O Pindo (4-1)

  • MALPICA: Suso; (Víctor Martínez, min.46), Víctor, Marcos Amado, (Avelino, min.59), (Manu Pardo, min.63), Dani, Iago, , Rancaño, Neucha, Cheo, (Alfredo, min.59), Pablo, Andrés, (Nando, min.59) e Daniel.
  • O PINDO: Garrido, Álex (Diego, min.80), Herminio, Juan, Conexo (José, min.56), Manolito (Casais, min.50), Lolo, Carlos Leis (Pablo,min.57), Hugo, Nano e Carlos.
  • Goles: 1-0, min.15: Cheo tras un pase de profundidade de Andrés. 2-0, min.40: Pablo remata regular un centro de Neucha. 3-0, min.42: Neucha a centro de Pablo. 4-0, min.48: Pablo tras regatear a dous e marcar a porta baleira. 4-1, min.80: Hugo de penalti.
Non foi o partido dos carnotáns, que se viron superados en todo momento polo cadro local. Un Malpica que segue amosando unha moi boa imaxe e que parece que estará na zona alta. Onte foron 4 os tantos marcados pero os dianteiros locais tiveron ata 7 claras ocasións de gol. Só na segunda metade, xa co encontro sentenciado, os visitantes inquedaron a meta de Suso, pero só marcaron de penalti.

Dumbría B - Nantón (4-2)

  • DUMBRÍA B: Anxo, Samuel (José Carreira, min.60); Sergio Cives, David Carreira, Ramiro (Fernando, min.70), Tati, Jesús, José Manuel, Miguel Poyo, Pablo Lestón (Javi, min.80) e Alberto (Ivanete, min.85).
  • NANTÓN: Martín, David Lareo, Diego (Carlos Santos, min.70), Félix, Sito, Carlos Vidal, Cristian, Martín, Luís, Manolo e Iván (Pedro, min.75).
  • Goles: 1-0, min.10: Pablo Lestón de gol olímpico; 1-1, min.25: Manolo; 2-1, min.60: Alberto; 3-1, min.62: Alberto; 3-2, min.70: Manolo; 4-2, min.75: Alberto.
Partido a refachos do Dumbría, que conseguíu 3 puntos que o manteñen moi arriba na clasificación. Os locais comezaron fulgurantemente cuns 15 minutos fantásticos de fútbol. Pero tralo gol olímpico de Pablo Lestón, relaxouse o cadro de César Ferrío e o Nantón meteuse arriba tras un comezo bastante frío. Igualouse a situación, pero na segunda metade marcaron os locais dous tantos practicamente seguidos por parte de Alberto tras un córner e nunha contra. Non se rendiron os visitantes e recurtaron de novo por medio de Manolo. Aí o encontro púxose tolo. O Nantón foise arriba e puido empatar con dúas boas ocasións que non foron quen de materializar. Pero eses ocos abertos na defensa cabanesa permitiron que Alberto completase o seu hattrick nunha contra, deixando ao filial dumbriés 2º na táboa.

Zas - Mazaricos (1-1)

  • ZAS: Elías, Martín (Castelo, min.80), Lagoa, Pereiro, Mancebo, Juan, Diego (Javi, min.46), Jorge (Rafa, min.46), Jaime (Adrián, min.75), Germán e Pablo Muíño.
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Chico, Marcos (Matías II, min.25), Ramón, Matías (Kevin, min.30), Rodrigo, Brais, Cristian, Rafa (Aldo, min.70) e Esteban Pereiro (Estéfano, min.30).
  • Goles: 1-0, min.15: Germán; 1-1, min.35: Kevin a pase de Cristian.
Dúas partes diferenciadas en San Andrés, quedando un xusto empate ao final. Os de Felipe Solís controlaron a primeira parte, na que puideron sacar vantaxe. Germán e Pablo tiveron un par mans a mans que Juan solventou ben. Pero na segunda o Mazaricos, que vai recuperando xogadores, puido remontar malia que á contra tamén tivo o Zas algunha boa ocasión.

Muros - San Lorenzo (2-0)

  • MUROS: Iago, Mayuyo, Marco, Alberto (Manu Dosil, min.75), Iván, Gelo, Dani (Mingos, min.65), Óscar, Cexo, Seluco (Gabriel, min.75) e Maxi (Jesús, min.55).
  • SAN LORENZO: Recarey, Casillero, Santi, Dubra, Puñal, Cachizo, Chucho (Javi Pensado, min.60), Anxo (Javi Varela, min.55), Marcos (Jorge, min.55), Fuentefría (Canteiro, min.83) e Miguel.
  • Goles: 1-0, min.30: Seluco dende o borde da área; 2-0, min.94: Mayuyo tras un saque de esquina.
O San Lorenzo plantou cara a un dos rivais mais fortes da categoría ata o final do partido. O Muros, que marrou un penalti aos 7 minutos por medio de Cexo, non puido desenvolver o seu fútbol de toque ante a entrega e forza dos de Verdillo, que chegan moi necesitados. Foi así un partido moi trabado e sen ritmo, pero sempre coa incertidume do resultado ata o final. O San Lorenzo, que ten que seguir coa dinámica de loita que leva nestes 2 últimos partidos, puido empatar en varias ocasións no segundo tempo e o Muros só sentenciou co tempo cumplido.

Corme - Camariñas (0-3)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Abel (Martín, min.60), Jesús (Gonzalo, min.75), Lelo, Pandi, Alejandro, Diego, Adrián Dourado, Lucas e Iago.
  • CAMARIÑAS: Pombo, Nico, Breo, Carlos (Diango, min.72), Michael, Moriño, Brais (Javi, min.67), De la Sierra, Leo, David (Pereira, min.70) e Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.40: Brais; 0-2, min.43: David; 0-3, min.80: Leo.
  • Expulsión: Pandi (min.80).
Bo partido do Camariñas, pero o resultado puido ser completamente distinto se o Corme acertase nas 3 claras ocasións (dúas por medio de Iago e unha de Adrián) que tivo no primeiro tempo. Pero foron claves as actuacións dos porteiros, e se ben Pombo foi un dos mellores do choque, Susiño non estivo fino. Foi un partido moi vibrante e bonito, con dous grandes equipos. O cadro de Manolín tamén se puido poñer por diante cunha inmellorable ocasión, pero non foi ata o minuto 40 cando se puxo por diante. Foi a xogada clave do partido, xa que cando mellor estaba o Corme, Brais dende 30 metros sorprendía a Susiño. Este gol matou aos locais, e só 3 minutos despois marcaba o segundo ante as protestas dos locais por un posible fóra de xogo de David. Na segunda, con máis empuxe e menos xogo, o Corme foise arriba e puido recurtar con dous mans a mans de Alejandro e un de Martín ao que respondeu Pombo de marabilla. O Camariñas amosouse moi firme, moi veteranos e sabendo controlar o tempo do partido, e só ao final machacou cun tanto de Leo, que está nun gran momento de forma.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios