Sábado. 04.07.2020
El tiempo

2ª Autonómica: Á caza do líder

2ª Autonómica: Á caza do líder
O Outes celebra un tanto ante o Montelouro -Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Nova xornada completa a que se disputaba integramente na tarde do domingo. E a 7ª xornada deixa ao Sofán como claro líder en solitario, imbatido tras superar un escollo como era un Volantes fortísimo, pero que cae á 6ª praza. Por detrás da SD manteñen o ritmo o Corme e o Esteirana, que sufrían máis do esperado ante Cabana e Dumbría B, colistas que seguen amosando melloría. O Baio e o Cee parece que se meten definitivamente no trren de arriba tras vencer a San Lorenzo e Muros.

Sofán - Volantes (3-0)

  • SOFAN: Bugy (Dani, min.85), Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Jacobo (Eloy Cabeza, min. 46), Ivan Rojo (Pikas, min73), Edy, (Ivan Rojo, min.62) e Abel (Santi, min.68)
  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan, Javi (Jesús, min.68), Nimo, Mingos, Vao, Adrián (Benja, min.55), Ivi (Miguel, min.65), Seluco, Jaro (Josiño, min.46) e Fran.
  • Goles: 1-0, min.10: Abel case sen ángulo; 2-0, min.15: Abel de cabeza tras unha gran xogada de Edy; 3-0, min.80: Eloy a pracer a pase de Pikas tras unha combinación con Santi.
Sofan-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Novo partidazo do Sofán ante un dos que estaban arriba. A SD comezaba fulgurante cunha verticalidade espectacular e en 15 minutos case que sentenciaba o choque gracias ao olfato de Abel e sen que os visitantes se asentasen no céspede do Carral.

O Volantes tomou a iniciativa movendo o balón pero a SD demostrou que tamén está moi firme en defensa. Seluco e Ivi facían algo de perigo pero só a balón parado, e Jaro, moi incisivo, tamén fixo esforzarse a un gran Buguy. Xa co partido rematando Eloy sentenciaba.

Sofan-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Esteirana - Dumbría B (1-0)

  • ESTEIRANA: Marcos, Chispi, Maceiras, Dani Rama, Suizo (Roi, min.80), Simón, Picholeiro, Pepiño, Kike, Roberto Pladur, Álex (José Varela, min.61).
  • DUMBRÍA B: Rubén, Samuel, Tati, Fernando (Israel, min.70), Toja, Isma Pedrosa, Jesús (Vicente, min.60), Pereira (Jose, min.70), Josiño, Álex Siaba, Roi.
  • Gol: 1-0, min.5: Álex.

Segue a Esteirana o paso firme do líder tras superar, con máis dificultades das esperadas polo visto na clasificación a un novo Dumbría B. I é que o filial estreou a Ángel Canosa no banco, pois Ferrío decidiu deixar paso a novas caras pero se mantén como preparador físico.

Os dumbrieses aguantaron ben as embestidas dos locais, que se adiantaban demasiado rápido cun tanto de Alex. O choque estivo igualado, co Dumbría ben armado atrás sen permitir que os perigosos homes de arriba locais creasen demasiado perigo. Así e todo o Dumbría B tampouco creou ocasións e segue sen puntuar a pesar de mellorar a imaxe.


Baio - San Lorenzo (4-2)

Baio-San Lorenzo - Foto- Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Jose Antonio (Fachal, min.80), Pablo, Mario (Eloy, min.75), Moncho, Norberto, Iago, Alberto (Chucho, min.46), Martín, MC, Jorge (Rubio, min.55).
  • SAN LORENZO: Puyol, David, Adrián, Casillero (Chucho, min.47), Quillo, Anxo, Jorge Pichel (Eloy, min.47), Robin (Carlos, min.55), Peque (Bolón, min.71), Javi Pensado, Fuentefría.
  • Goles: 1-0, min.43: Martín; 2-0, min.50: MC a pase de Eloy; 3-0, min.52: MC tras unha falta rápida botada por Martín; 4-0, min.60: Rubio a pase de Martín; 4-1, min.65: Chucho; 4-2, min.75: Fuentefría.

Os dous equipos comenzaron con moitas gañas de levarse a vitoria, pero cada un practicando un fútbol distinto. O Baio optou polo xogo con transicións de balón, mentres o San Lorenzo o intentaba cun fútbol máis directo. Ao fío do descanso, o capitán Martín adiantou aos braquiazuis cun tiro cruzaso despois de anticiparse aos zagueiros de Verdillo.

Parecía que o San Lorenzo voltaba a tomar posicións pero nos primeiros minutos MC facía 2 tantos, e xa suma 8. Pouco despois Rubio, de novo a pase de Martín, polo que non pasan os anos, empurrou o balón ao fondo das redes para facer o 4-0. Xa era tarde cando reaccionou o San Lorenzo e só lle deu tempo a recurtar con tantos de Chucho e Fuentefría.

Baio-San Lorenzo - Foto- Santi Diaz

Muros - Cee (1-5)

Muros-Cee - Foto- Jorge Parri
  • MUROS: Trozo, Manu Dosil, Ramón, Javi, Mayuyo (Pulpo, min.73), Lisardo (Kulo, min.84), Gabriel (Adrián, min.60), Juanito (Gabi, min.79), Sexo, Saúl, Gelo.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Piquero, Rafa, Diego Cespón, Fernandito, Angeliño (Berto, min.84), Penedo (Serginho, min.78), Rubén Yayá (Mario, min.84), Chiru (Rubén Fiuza, min.72).
  • Goles: 0-1, min.5: Rafa tras un córner; 0-2, min.50: Rubén Yayá a pase de Diego Cespón; 1-2, min.60; Mayuyo; 1-3, min.70: Diego Cespón; 1-4, min.85: Diego Cespón; 1-5, min.90: Fernandito.

Parece que o Cee pon a quinta marcha acandando a terceira vitoria consecutiva ante un potente Muros e nun Miraflores con boa entrada. Os visitantes adiantábanse pronto por medio de Rafa. O Cee continuou controlando o primeiro cuarto de hora e Penedo puido ampliar a renda. Pero pouco a pouco o Muros foise metendo no partido e tivo opcións para empatar por medio de Sexo e Raúl.

Na continuación o Cee empezou igual que a primeira parte levando o peso do partido e así aumentou a diferencia. As ocasións seguían para o lado visitante, Anxo logo dunha boa xogada, pásalla a Nico pero o seu tiro sae desviado. Mayuyo facía lucirse a Parroto que lle saca da escuadra unha gran falta lanzada polo central. E sería o propio Mayuyo quen recortaría distancias ao rematar un saque de banda. Este gol volveu meter no partido ao Muros e deixo tocado ao equipo visitante. Parroto, con outra gran intervención, evitaba o empate nunha boa xogada de Sexo. Cando parecía que o Muros podía conseguir o empate, chego o gol ceense, Anxo saca unha falta que Diego peitea e manda o balón á rede. Este gol foi unha laxa moi pesada para o Muros que xa apenas inquedo a portería rival. Diego e Fer nos minutos finais sentenciaron o choque.

Muros-Cee- Parada de Parroto-Foto- Jorge Parri

Mazaricos - Corcubión (5-2)

  • MAZARICOS: Pejo, Rodri, Tubi, Martín, Casáis, Ramón, Brais, Cristian (Molinos, min.60), Estéfano, José Ángel (Chico, min.75), Kevin (Marcos, min.60)
  • CORCUBIÓN: Cristian, Sebas, Conguito, Lema, Senra (José de Atalaya, min.65), Edu, Alán, Jonnie (Miguel, min.80), Pabo Lestón, Lourido, Mario.
  • Goles: 1-0, min.5: Tubi; 2-0, min.10: Kevin; 2-1, min.25: Mario; 3-1, min.30: José Ángel; 4-1, min.60: Kevin; 4-2, min.70: Lourido; 5-2, min.90: Molinos.
Mazaricos-Corcubion-Foto- Sara Ramos

Mala liña leva o Corcubión que volvía comezar descentrado e deixaba que os locais se meteran en 10 minutos con 2 tantos por diante. Reaccionaban os de Manolín pero pronto o Mazaricos volvía escapar no marcador. Na segunda o control foi local e o Corcubión non puido reaccionar.


Zas - Buño (3-3)

Buno-Zas- Foto- Wash Calvo
  • ZAS: Elías, Mancebo, Óliver (Quintáns, min.50), Víctor Vecino, Amado, Lagoa (Pablo, min.60), Peque, Jaime, Rubio, Pastor (César, min.65), Pichín.
  • BUÑO: Toni, Casáis, Secundino, Ángel, Diego, Jorge Calvete, Emilio (Gustavo, min.61), Mauri, Dourado, Elías (Miguel, min.75), Víctor (Juan, min.80)
  • Goles: 1-0, min.10: Jaime; 1-1, min.20: Mauri; 1-2, min.65: Elías; 1-3, min.75: Víctor; 2-3, min.90: Jaime; 3-3, min.93: Víctor Vecino.

Complejo choque en San Andrés que rematou cun empate in extremis do Zas recurtando dous goles no tempo de desconto. O partido foi igualado, pero o Buño fixo méritos para quedar cos tres puntos sobre todo tralo arreón na segunda metade. Pero cando o partido morría, co 1-3 claro para os visitantes, un par de goles de córner (o segundo con algo de polémica pois os malpicáns pedían saque de porta) puñan o empate no marcador.


Corme - Cabana (2-1)

  • CORME: Javi, Adolfo, Jesús, Pandi, Martinciño, Alejandro, Manu (Juanma, min.76), Diego (Chino, min.88), Brais, Lucas, Juan Chans (Dani, min.66).
  • CABANA: Añón, Eloy, Marcos, Mato, Pazos, Sandro, Fariña (Diego Varela, min.60), Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (Jacobo, min.50), Fernando (Edgar, min.70), Berti (Adao, min.86).
  • Goles: 1-0, min.55: Juan Chans a pase de Lucas; 1-1, min.75: Berti; 2-1, min.85: Juanma a pase de Lucas.
  • Expulsión: o cabanés a Marcos (min.80).

Sufríu máis da conta o Corme ante un Cabana que segue amosando melloría semana tras semana. Na primeira metade os locais o intentaron pero non conseguiron romper a seria defensa cabanesa. Na segunda, a calidade de Lucas abriu a lata, pero os cabaneses non se botaron atrás e respostaron con xogo e cun tanto de Berti. Só faltaban 5 minutos cando outro bo pase de Lucas deixaba a Juanma só para facer o defintivo gol que permite que o Corme se manteñan a tiro de pedra do líder.


Carnota - Castriz (2-1)

Carnota-Castriz -Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Pumuky (Pablo Beiro, min.58), Pedro Pichín, David de Brea, Manolo Chouza, Loló (Martín, min.63), Rodrigo, Jacobo, Nakata (Urko, min.69), Joselu (Pedro de Vigo, min.90), Bernardo (Miki, min.85)
  • CASTRIZ: Toño, Martín, Pepe, Alejandro, Sergio, Iván (Anxo, min.70), David Pose, Pablito, Luis, Sebas, Roberto.
  • Goles: 0-1, min.30: Roberto; 1-1, min.60: Jacobo a centro de Bernardo; 2-1, min.85: Jacobo tras un rexeite.

Impresionante o de Jacobo Sande este ano en Carnota. O ceense, reconvertido nun dianteiro estilo Alexanco por Cambeiro, ante o falta de Casti, remontou o partido ante un Castriz que se metía por diante a base de brega.

Pero trasunha boa primeira metade, os xalleiros foron acusando o cansanzo e a falta de efectivos e deixaron que o Carnota se viñese arriba e conseguise remontar.

Carnota-Castriz - Foto. Jorge Parri

Montelouro - Outes (0-2)

Montelouro- Foto-Jorge Parri
  • MONTELOURO: Ismael, Geiko, Álvaro, Pedro de García, Mingos, Fernando, Chema (Pepiño, min.60), Dani de Sahorta (Denís, min.55), Raúl (Bolo, min.80), Ancho e Isma de Cosma.
  • OUTES: Gato, Martín, Damián (Sergi, min.77), Chúa, Lago, Arturo, Poke (Saúl, min.70), Potro (Elías, min.69), Deivi, Pesco, Quim (Borja, min.89).
  • Goles: 0-1, min.15: Pesco tras unha gran acción combinativa; 0-2, min.50: Poke.

Partido de rivalidade na Agra da Filgueira no que o Outes deixou patente a sua melloría e saca aos loureáns da zona de arriba. Abaixas no cadro local foron claves e o Outes aproveitou para meterse por diante por medio de Pesco nunha desas xogadas que tanto gustan aos Manu Roque e Tomé. Ata 20 toques sobre a terra do campo muradán para que o dianteiro asinase o primeiro.

O Montelouro reaccionaba e se metía algo máis no partido pero Gato só tivo que intervir nun par de ocasións. Comezaba a segunda metade de novo cun tanto visitante, desta volta Poke, que case que sentenciaba o partido.

Montelouro-Outes -Foto- Edu Olveira

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios