Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Escapa o Club do Mar, afiánzase o Fisterra e afunde o Nantón

2ª Autonómica: Escapa o Club do Mar, afiánzase o Fisterra e afunde o Nantón

Xornada importante esta a 28ª por arriba e por abaixo. Por arriba o Club do Mar escapa aproveitando o tropezo do Camariñas en Muros. Un Muros que se presenta como equipo chave neste último treito da competición, pois aínda con opcións de meterse entre os 4 primeiros, terán que enfrontarse a Sofán, Corme, Club do Mar, Malpica, Fisterra para rematar co derbi ante a Esteirana.

O partido da xornada disputábase o sábado en Ara Solis. O Malpica, que chegaba tras 16 encontros sen perder, pero caía ante un Fisterra que saca a súa mellor cara cando máis o precisa.

Por abaixo, o Nantón caía na casa ante o Corcubión, quedando en posición moi complicada. Os cabaneses suman 22 puntos, 4 menos que o Zas (que sumaba un punto co Sofán), e 7 menos que os Mazaricos, Castriz e o propio Corcubión. San Lorenzo e Buño parecen case safos.

Fisterra - Malpica (2-1)

  • FISTERRA: Joselu, Piti (Munitis, min.66), Pana, Cote, Manuel Cartamil, Gustavo (C. Hidalgo, min.72), Eddy, Marco do Cabo, Mané (Insua, min.78), Dudo (Roberto, min.90), Rivas (Bruno, min.55)
  • MALPICA: Suso, David Álvarez, Marcos Amado, Andrés, Charly, Rancaño, Neucha, Charro, Pablo, Tato, David Blanco (Daniel, min.35), (Manu Pardo, min.85).
  • Goles: 0-1, min.15: David Blanco de cabeza a centro de Pablo; 1-1, min.20: Rivas de cabeza tras un córner botado por Mané; 2-1, min.21: Mané a pase de Rivas.
  • Lesión: o debutante David Blanco tras un choque con Cartamil e o tamén malpicán Daniel.

Era, se lugar a dúbidas o partido da xornada. 3º contra 4º, pero con dúas liñas completamente diferentes. O Malpica chegaba coa vitola de ser o mellor equipo do 2012 (empatado iso si co Club do mar) con 16 xornadas sen coñecer a derrota (David Baña coñeceu o sabor da derrota), mentres que o Fisterra, con 8 baixas, leva un par de meses aguantando esa terceira praza.

E crecéronse os fisterráns ante un Ara Solis repleto. E iso que comezaba pegando o Malpica, por medio do debutante David Blanco nunha boa contra. O Fisterra xa avisara cunha doble ocasión, e non tardou en responder. En 2 minutos de acerto e descontrol visitante, Rivas e Mané deron a volta ao marcador poñendo en vantaxe aos fisterráns.

O choque intensificábase e ambos conxuntos demostraron por que están aí. O Malpica perdía a David Blanco por un golpe, pero o seguía intentando. A entrega e a intensidade palpábase nas bancadas, había bo xogo e mesmo ocasións, pero os protagonistas desta volta foton os Joselu e Suso nas porterías.

Xusta vitoria fisterrá que os afianza na 3ª praza e lles permite recurtar co Camariñas.

Esteirana - Club do Mar (0-1)

  • ESTEIRANA: Benancio (Benito, min.46), José Varela, Alberto Codesido (Meko, min.90), Dani Rama, Maceiras, Andel (Abel, min.46), Eloy, Álex, Damián Suizo, Adrián, Roberto Pladur.
  • CLUB DO MAR: Gonzalo, Chori, Repi, Álex, Rubén, Juan Lareo, Johny (Santi Silva, min.60), Jacobo, Bertín (Fran Borrazás, min.75), Chapu (Luis Lareo, min.85), Vituco.
  • Gol: 0-1, min.55: Bertín a pase de Chori nunha xogada con Repi.

Sufría o líder para sacar os 3 puntos do Xosé Luís Vara Oliveira, e iso que o cadro local tiña ata 11 baixas. O equipo caionés levou o peso do partido ante unha Esteirana moi ben plantada, pero máis por forza física e veteranía que por xogo. Foron poucas as ocasións claras e moito medio campo, e a diferencia entre a veteranía dos caioneses e a xuventude dos esteiráns non se palpaba no campo, ante a loita dos locais.

Repi, clave no partido levando o control do mesmo, comezou a xogada do gol visitante, que asinou Bertín, xa no segundo tempo.

Pouco a pouco a Esteirana foise estirando, e tivo as mellores ocasións ao final, para acadar un empate, que podería ter sdo máis xusto, pero Roberto Pladur mandou ao corpor de Gonzalo.

Dumbría B - Corme (0-3)

  • DUMBRÍA B: Anxo, José Carreira (Fernando, min.75), Samuel, David Carreira, José Manuel, Jesús, Esteban, Josiño, Pablo Lestón (Ivanete, min.46), Rodrigo, Yerai.
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martín, Juan (Chino, min.70), Adri (Javi, min.76), Iago (Abel, min.67), Diego (Alejo, min.55).
  • Goles: 0-1, min.3: Lucas remacha un rexeite do porteiro a tiro Adrián Doldán; 0-2, min.50: Iago de tiro cruzado tras un pase longo; 0-3, min.60: Alejo tras unha xogada de Iago.

Moi xustos están nas últimas semanas os de Ferrío, e xa están desenxando que remate a Liga. Onte presentáronse no Conco con só 13, pois coincidían cos xuvenís e os maiores tamén levaron varios xogadores. Ademais xa non contan cun Pablo MUíño que a pesar de estar lesionado está a piques de fichar de novo polo Dumbría, desta volta polo A.

O Dumbría B saía a esperar, pero o gol inicial de Lucas rompía a idea de Ferrío. A partir de aí, á contra machacou con velocidade e calidade arriba, e iso que Pandi permitiu unha ocasión que marraron os dumbrieses tirando ao corpo a Suso.

San Lorenzo - Baio (1-1)

  • SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Casillero, Quillo, Santi, Adrián (Carliños, min.30), Fuentefría (Jorge Pichel, min.50), Cachizo, Miguel Varela (Eloy, min.65), Chucho, Marcos Bartolo.
  • BAIO: Manuel, Ramón, Iago, Fredi, Pablo, Eloy, Mario, Javi Suárez, Alberto, Canai (Bieito, min.70), Martín.
  • Goles: 0-1, min.30: Mario un golazo; 1-1, min.65: Fuentefría de penalti.
  • Lesión: o local Adrián.

Partido con xogo moi directo o que se disputou nesta soleada tarde en 'As Pedreiras'. Bo partido polas dúas partes, con ocasións e cun empate que lle sabe mellor ao San Lorenzo que ao Baio, que pedíu un claro penalti por unha man que o colexiado non quixo ver, pero por Verdillo pediron varios agarróns a Casillero nas xogadas de estratexia nas que o cadro baiés cubrían moi forte sabendo o potencial do equipo carballés.

Adiantouse o Baio por medio de Mario, cun verdadeiro golazo. Pero O San Lorenzo apretou como mellor sabe, a balón parado. Fuentefría foi o encargado de meter o penalti para asinar o empate. Pero o Baio respostaba cun tiro ao pao de Martín e dúas ocasións claras de Canai. Os locals tamén tiveron ocasións para levar o partido, por medio de Carliños, Marcos Bartolo, un man a man de Chucho fóra ou un tiro á cruceta de Jorge Pichel.

Muros - Camariñas (3-2)

  • MUROS: Fabio, Alberto, Javi, Gael, Mayuyo, Dani (Gelo, min.65), Kiko, Jesús (Yanki, min.46), Aitor, Óscar (Adrián, min.55), Sexo.
  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Manuel, min.72), Diango, Alberto, Ogando, Nico (Yuyo, min.85), Paco, Moriño, De la Sierra, Brais, Javi, Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.20: Brais tras un córner; 0-2, min.30: Juan oBello tras un córner; 1-2, min.60: Yanki; 2-2, min.70: Yanki; 3-2, min.75: Gael.
  • Expulsión: Pombo no min.73. por doble cartón.

Partido moi reñido, marcado, segundo os camariñáns pola actuación arbitral de Goyeneche. I é que o colexiado sinalou dous penaltis aos visitantes, marrados polos locais, e ademais expulsou ao meta Pombo, que obrigou a que os últimos 20 minutos fóra o xogador de campo Alberto o que se metíu baixo paos.

Comezou o Muros cuns primeiros 20 minutos moi ben prantado, pero baixou e tralo ecuador dese primeiro tempo o Camariñas entrou por todas partes, asinando dous tantos tras sendos saques de curruncho. A esa altura xa fallara o Muros unha pena máxima, pero non esperou ata o descanso.

Coa saída de Yanki gañou mordiente arriba o cadro local. Un novo penalti fallado para preparar unha remontada apoteósica, en media hora espectacular dos muradáns, ante un mermado Camariñas, que perde comba na loita polo liderato.

Mazaricos - O Pindo (4-0)

  • MAZARICOS: Juan, Casais, Marcos, Chico, Matías, Ramón, Rodri (Martín, min.82), Estéfano (Cristian, min.65), Rafa (Esteban Pereiro, min.55), Brais (Iván, min.75), Kevin (Aldo, min.75).
  • O PINDO: Juan Vilela, Diego Trillo, Juan Fis, Manolito, Garrido, Eloy (David Bicho, min.65), Lolo, Javi Bicho, Pablo (Diego León, min.46), Hipólito (Diego Riolo, min.46), Carlos Leis.
  • Goles: 1-0, min.25: Ramón de cabeza tras un córner; 3-0, min.35: Marcos dende o borde da área; 3-0, min.49: Ramón de penalti: 4-0, min.85: Cristian.
  • Expulsión: Garrido por vermella directa no min.70.

Hoxe O Pindo non foi o das últimas semanas, pois contaba con moitas baixas (os 3 defensas titulares Dani Freire, Juan de Dios, Alex), e mesmo xogando o meta Garrido de lateral esquerdo. Así que o Mazaricos non relaxou e machacou aos carnotáns, que ademais non amosaron a intensidade doutros días.

Xa comezou con ocasións claras o Mazaricos, con dous man a man de Estéfano e Kevin que non marcaron. Pero a partir xa do primeiro tanto, de Ramón, acabouse o partido e foi un monólogo local.
Na segunda metade, e cunha calar tremenda no Pino do Val, o partido decaeu en ritmo e xogo.

Só cómpre destacar o debut cos mazaricáns do xogador de Baíñas Iván, que xa xogara no Vimianzo, e que vén completar o curto plantel do Mazaricos.

Nantón - Corcubión (0-2)

  • NANTÓN: Bonano, David, Diego, Felix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luís, Manolo, Iván (Rubén, min.70).
  • CORCUBIÓN: Andrés, Paulo, Sancho, Senra (Gabri, min.75), Jose de Atalaya, Papi (Alán, min.46), Conguito, Gabriel, Lema, Mario (David de Muxía, min.46), Lourido (David de Rama, min.75).
  • Goles: 0-1, min.12: Conguito de cabeza; 0-2, min.55: Lourido.

A tormenta continúa sobre Nantón. O cadro cabanés tiña onte un partido clave, pero malo se presenta o seu futuro que cando non gañan aos da súa liga e cando agora quedan por xogar cos de arriba. Unha vitoria, ao tempo, tremendamente importante para os corcubioneses, que non coñecían a vitoria dende a chegada de Nito ao banco e levaban unha mala xeira de resultados.

E iso que comezou o Nantón mellor, mesmo chegando, sen demasiado perigo, iso si, á meta visitante. Pero na primeira chegada do Corcubión, gol de cabeza de Conguito case dende o borde da área.
Co 0-1, Luís a bocajarro fallou cun paradón de Andrés, na xogada máis destacada do primeiro tempo.

Repetiuse a película na segunda: saíu o Nantón a por todas, pero aos 10 minutos chegaba o segundo do Corcubión, cun bo tanto de Lourido á contra. Intentouno o Nantón con todo, con ocasións de Luís, pero non entraron e a marexada achégase polo interior cabanés.

Zas - Sofán (1-1)

  • ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Lagoa, Mancebo, Quintáns, Rubio (Jaime, min.50) (Amado, min.65), Jorge, Ismael (Pablo), Peque, Pastor (Rafa, min.75).
  • SOFÁN: Richard, Víctor, Meniño (Adrián, min.60), Juanjo, Gustavo, Eloy, Alemán (Gurita, min.65), Iván Rey, Edu (Abel, min.55) , Suso, Berti (Jacobo, min.55).
  • Goles: 1-0, min.23: Peque tras un malentendido entre defensa e porteiro; 1-1, min.60: Eloy dende fóra da área.
  • Expulsión: un xogador zaense.

Partido importante para o Zas que sumou un punto, que visto o acontecido na xornada, vale ouro. Os de Corredoira, plagados de xuvenís que están facendo unha temporada espectacular tanto na súa categoría como na Liga da Costa, prantaron cara sobre todo na primeira metade. Pero foi un primeiro tempo bastante igualado, sen demasiadas ocasións e no que adiantaría o cadro local por medio de Peque cunha xogada de pillo adiantándose ante unha indecisión entre porteiro e defensa visitantes.

A SD intentaba lograr o empate pero Suso cunha internada, Berti cun balón ao longueiro e un man a man ao corpo de Eías, ou Eloy cunha falta á crucerta, non acertaron.

Na segunda baixou o Zas fisicamente e o Sofán empatou e tivo ocasións para levar o partido, por medio de Gurita e Jacobo. Pero tamén o xuvenil Quintáns, a falta de 5 minutos puido decantar a balanza para os zaenses pero Richard (Luís De la Peña fichou polo Estudiantil) provocou que mandase fóra.

Castriz - Buño (2-2)

  • CASTRIZ: Herrera, Sergio Pose, Sergio Gerpe (Jorge, min.60), Alberto, Toniño, Bruno (Michi, in.46), Martín, Jonhie, Pepe, Sebas.
  • BUÑO: Brais, Eloy, Diego, Angel, Brais San Luís, Jorge, David, Ismael (Emilio,m in.70), Miguel (Richard, min.46), Juan (Elías, min.75), Víctor.
  • Goles: 1-0, min.20: Pepe; 1-1, min.30: Juan; 1-2, min.50: Ismael; 2-2, min.75: Sebas.

Empate en Castriz ante un equipo local que non logra amosar a súa mellor cara na casa. Foi un empate bastante xusto, nun partido sen dominador claro, no que o Castriz fixo un par de regalos que non desaproveitaron os malpicáns.

Adiantouse o Castris por medio de Pepe, e de contado Jonhie marrou un man a man. E xusto na mesma contra, ao saque do porteiro, Juan asinaba o empate ante o desconcerto local.

Á volta do descanso, Toniño protexía un balón que marchaba para banda pero roubáronlle a carteira e gol de Ismael para poñer por diante agora ao Buño. Un Buño que se prantou atrás confiando en poder manter o resultado, pero a calidade de Sebas serviu para asinar o empate final.

Máis información

Crónicas da semana

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios