Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2 vitorias e 4 derrotas para a familia do tenis de mesa costeiro

2 vitorias e 4 derrotas para a familia do tenis de mesa costeiro
Imaxe do partido do Concello de Mazaricos ante o San Ciprian (3ª nacional) A pasada fin de semana deixou unha manchea de encontros e diferentes sensacións para a familia do tenis de mesa costeiro.

2ª División Nacional

  • Resultado: Oroso TM - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).
Gonchu, Brais Blanco e Edu Quintela pouco puideron facer ante un Oroso que conta con xogadores de categorías superiores, pois tanto Valery como Timur xogaron en Superdivisión e marcan as diferencia nesta. Non era este encontro o de gañar, o que si serán os seguintes do calendario.

3ª División Nacional

  • Resultado: Concello de Mazaricos - CD San Ciprian de Lugo (3-4)
Miguel Rey, Javier Rodríguez e José A. Lado a piques estiveron de vencer ao cadro da Mariña pois con que un dos dous partidos se decantase para o seu lado estaríamos falando doutra vitoria dos mazaricáns. Esta liga é moi competitiva e todos van aproveitar os erros dos rivais. Esperemos que os novos dirixidos por Miguel Rey o fagan nos vindeiros partidos sabéndose seguros de que con MIguel Rey xa teñen garantidos tres puntos e con que só fagan un xa gañan o encontro.

1ª División Galega, Centro

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Relojería Enrique de Cambados (4-0).
Pouca resistencia fixo este equipo de Cambados, recén ascendido e con xogadores casi novatos, aos Luis Azevedo, Raúl López e Ana García. O encontro acabouse en menos dunha hora, pero non todos van a ser tan fáciles.

2ª División Galega, Centro

VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Sphera copia O VTM Pinturas Figueiras ante o Finisterre Sphera
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Finisterre Sphera de A Coruña (3-4).
  • Resultado: Arteal Promesas - AD Zas O Pinar (4-3).
  • Resultado: Club del Mar infantil - AD Zas Dimobel Bazar Baio (0-4).
Só o AD Zas Dimobel Bazar Baio foi capaz de gañar esta xornada e fixoo de forma contundente e rápida ante os xovenes de Club del Mar de A Coruña. Nos outros dous encontros os resultados foron moi apretados e nos que poido gañar calquera. Así o VTM Pinturas Figueiras, formado por Brais Touriñan, Julio Figueiras e Nico Paz, loitou moito contra os debutantes na liga pero xa xogadores veteranos que aproveitaron esa veteranía para controlar os momentos decisivos dos partidos. Partidos moi igualados foron os que disputaron os de AD Zas O Pinar en Santiago pero os puntos nos momentos clave foron para os de Santiago. Pero os xogadores costeiros, Tatiana Recarey, Lara Romero e Budi, disfrutaron do xogo e sobre todo da merenda despois do encontro. AD Zas O Pinar disfrutando despois de xogar copia AD Zas O Pinar disfrutando despois de xogar  

Vindeira xornada

Sábado 13 de outubro: - 3ª División Nacional, grupo norte: Afer Formación Rábade - Concello de Mazaricos ás 17 horas en Rábade, Lugo. - 1ª División Galega grupo centro: AD Zas Construcciones Cernadas - Liceo Noia D, no ximnasio de Zas ás 17 horas. - 2ª División Galega grupo centro: Hipica Coruña - VTM Pinturas Figueiras, ás 17 horas en Coruña - 2ª División Galega grupo centro: Oroso Peluquería Tije - AD Zas Dimobel Bazar Baio, ás 16 horas en Sigüeiro - 2ª División Galega grupo centro: Oroso TM Trastes - AD Zas Dimobel Bazar Baio, as 18 h. en Sigüeiro. Domingo 14 de outubro, ás 11 horas en Vigo: 2ª División Nacional grupo 1: Helios Bembrive TM - AD Zas Ponciano Nieto.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bo-comezo-de-curso-para-a-familia-do-tenis-de-mesa-costeiro/

Comentarios