Domingo. 06.10.2024
El tiempo

20 adestradores comezaron o Curso en Baio

20 adestradores comezaron o Curso en Baio
Presentacion do Curso de Adestrador Nivel 1 en Baio Arrincou onte no Pavillón de Baio, o Curso de Entrenador básico de Fútbol UEFA B, antigo nivel 1. Os 20 alumnos inscritos acudiron á presentación, na que participaron Chema Rei, actual presidente do club baiés; Manuel Corredoira, delegado da Escola Galega de Adestradores na Costa; Lolo Muíño, alcalde de Zas; e Manuel Mosquera, responsable da Escola. As primeiras materias deste bloque inicial son: Orientación, Psicoloxía, Filosofía didáctica, Periodización e Fisioloxía. A partir de aí tocarían cousas como Creación de equipos, Orientación de xogadores, Fisioloxía do Fútbol, Psicoloxía do Fútbol, Xestión de Club, Regras de Xogo, Ética Deportiva, Tecnoloxía e Fútbol, sendo o total de horas de teoría 102 e de práctica 103. Progresivamente iranse adecuando a estas novas esixencias de UEFA e da Escola Nacional da RFEF os niveis 2 e 3. Presentacion en Baio do Curso de Adestrador

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios