Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: a Esteirana non falla

2ª Galicia: a Esteirana non falla
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com MAZARICOS C.F. 3 - OUTES C.F. 2 MAZARICOS: Toni, Danis, Oreiro, Amoedo, Roberto, Ricardo, Barbeira, Pereiro, Cacho, Manuel Luis, Estéfano. Tamén xogaron David, Carreira e Manuel. OUTES: Antón, Cutu, Álvaro, Simón, Jura, Mario, Quin, Martín, Elías, Babu, Ramón. Tamén xogaron Joel, Lucas e Bruno. GOLES: 0-1 26´Elías   1-1 57´Pereiro   2-1 72´Pereiro   3-1 75´Amoedo de pti   3-2 87´Elías Expulsado Oreiro no 63´ Partido a cara de can no Pino do Val. O Outes fixo un bo encontro pero atopouse sen premio. Adiantouse o conxunto visitante por medio de Elías, que aproveitou un rexeite de Toni a disparo de Mario, e foise con vantaxe ó descanso. Pero no segundo tempo, a pesar de quedarse con 10, o Mazaricos foi mellor. Nun cuarto de hora doulle a volta ó marcador, e a pesar de que Elías recortou diferencias os locais leváronse o partido. CORME C.F. 2 - PUENTECESO S.D. 1 CORME: Susiño, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Eloy, Diego, Lucas, Toniño, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Brais, Alejandro, Samu Costa e Pombo. PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Mendieta, Ismail, Eloy Alvarez, Recarey, Charro, Dieguito. Tamén xogaron Luca, Christian, Yago e Iván. GOLES: 1-0 18´Sueiro   1-1 40´Matías   2-1 47´Alejo Expulsado Sueiro 49´ Clásico derbi no Cairo. Ambos equipos fixeron o pasillo de honra ó xuvenil do Corme campión de liga. Iniciouse o encontro cunha ocasión de Alejo nun disparo lonxano. Sergio Sueiro adiantou ós locais de cabeza tras varios rexeites. Igualou Matías nunha falta lanzada por Martín Puente. No inicio do segundo tempo anotou Alejo sorprendendo a Xurxo. Recarey e Yago tiveron opcións para empatar, e Xurxo sacou unha man salvadora nunha falta de Lucas. O Corme aguantou o resultado e segue optando á promoción de ascenso. CAMARIÑAS F.C. 0 - S.D. ESTEIRANA 2 CAMARIÑAS: Martín, Rodrigo, Moriño, Maikol, Brandon, Maikel, Mickael, Nico, Soule, Saviola e Djibi. Tamén xogaron Dani Costa, Joseba, Brais e Diego. ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Simón, Dani Rama, Josiño Alves, Manu Tobío, Alex Rama, Josiño Barreiro, Roberto Pladur, Pablo Rama e Eloy. Tamén xogaron Jaime, Estévez, Campos e David. GOLES: 0-1 33´Roberto Pladur   0-2 76´Roberto Pladur A Esteirana vai con paso firme hacia o título da Costa. E onte mostrou unha vez máis esa seriedade da que alardean, defendendo con solvencia, comandados polo veterano Dani Rama, e en ataque cando contas cos quilates de talento co que conta este equipo, todo se fai máis fácil. A recuperación de Josiño Barreiro a tempo para aportar nesta recta final está sendo determinante, e por suposto, a presencia do killer Rober Pladur, que sempre está presente nas grandes citas, e onte anotou dous tantos para levarse tres puntos importantísimos de Camariñas. Só lle quedan tres partidos ó líder e con catro puntos de renta, o campionato está moi próximo. Onte fixeron un partido á contra, aproveitando perdas de balón do Camariñas. Alex avisou cun disparo de falta, e Pladur anotou nun centro de Pablo. O Camariñas non tivo moitos recursos no segundo tempo, buscando a Soule e con Moriño tentando poñer criterio no xogo. Noutro centro de Alex Pladur sentenciou o encontro e medio título. U.C.CEE 1 - SP.ZAS 0 CEE: Carlos, Nico, Jorge, Aitor, Bermúdez, Carlos Leis, Canosa, Esteban, Charly, Jon e Martín. Tamén xogaron Penedo, Adrián e Leo. SP. ZAS: Maikel, Isma, Vecino, Josito, Diego, David Blanco, Dani Mato, Brais, Fabián, Alex e Manu Fuentes. Tamén xogaron Andrés, Bruno, Rubén e Pedro. GOL: 1-0 47´Carlos Leis Expulsado Isma no 76´por parte visitante Vital triunfo do Cee ante un Zas un pouco relaxado tras conseguir o obxectivo da permanencia de maneira virtual. O primeiro tempo foi aburrido,e foi no segundo cando se decidiu o encontro. Nun centro lateral Carlos Leis libre de marca anotou o único tanto do partido. O Zas estirouse pero nas contras o Cee era moi perigoso. No 67´Maikel saca un man a man con Charly. A mellor ocasión dos visitantes foi no 76´ cun remate de Manu Fuentes foi sacado baixo paos. No 90´, case que co tempo finalizado, Leo dispón doutro man a man. O Cee defendeu ben o gol conseguido e venceu xustamente. U.D.CERQUEDA 2 - C.D. BAÍÑAS 1 CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Marcos Pensado, Javi Souto, Martín, Michel, Atu, Manu Guillamet, Javi Pazos, Méndez e David Dourado. Tamén xogaron Gonzalo e Bastón. Foto David CAstro BAÍÑAS: Víctor, Cristian, Cachi, Moreira, Roi Carril, Jesús, Mayor, Canosa, Javi Souto, Esteban e Pablo Muíño. Tamén xogaron Damián, Canay e Oreiro. Foto David Castro GOLES: 0-1 1´Pablo Muíño   1-1 44´Dani   2-1 69´Gonzalo Expulsados Marcos Pensado 89´por parte local e Roi Carril 85´e Oreiro 87´por parte visitante. O Baíñas despediuse das súas opcións de título o sábado en Xaviña. A pesar de adiantarse na primeira xogada non foi quen de conservar a vantaxe e acabou caendo. Tivo ocasións para sentenciar, Javi Souto no 12´con parada de Diego, Pablo Muíño no 37´nun remate cruzado e Canosa no 38´cun remate ó pao. As opcións do Cerqueda foron case sempre das botas de Méndez, moi incisivo. Unha boa xogada do dianteiro non a rematou David Dourado no 20´, e Manu Guillamet disparou frouxo no 30´. Nun penalti por mans de Jesús igualou o Cerqueda. No segundo tempo o partido seguiu moi entretido. Dourado luciuse a disparos de Pablo Muíño no 53´e de Jesús no 64´. O seu irmán David tivo unha clarísima ocasión pero tras regatear a Víctor botou o balón fora. O gol da vitoria chegou nunha gran galopada de Gonzalo que definiu con mestría ante Víctor. O final do partido foi algo axitado, con tres expulsados e os xogadores mais pendientes do colexiado que do partido. Foto David Castro U.D.MONTE LOURO 3 - LIRA C.F. 3 MONTE LOURO: Fer, Abel, David, Manolo Chouza, Pablo, Adrián, Dani Corniños, Dani de Sahorta, Raúl, Juan de Celia e Riki. Tamén xogaron Gabri, Miguel, Pedro e Gelo. LIRA: Peipo, Eloy, Cristian, Jano, David, Miguel, Cote, Kike, Bruno, Isma e Toni. Tamén xogaron Chema, Oliver e Isma Leis. GOLES: 1-0 14´Raúl   1-1 23´Toni   1-2 24´Isma   2-2 43´Juan de Celia  2-3 64´Bruno   3-3 88´Jano en propia porta Expulsados Kike 89´e o porteiro suplente Raúl 69´por parte dos visitantes. Foto. Edu Olveira Encontro marcado pola lesión do dianteiro local Raúl, que rompeu a tibia nun choque fortuito cun rival. O partido foi trepidante, típico derbi costeiro. Adiantáronse os locais precisamente por medio de Raúl, pero pronto remontou o Lira. Chegouse ó descanso con empate cun gol de penalti de Juan de Celia. O segundo tempo foi moi intenso. Fer sacou varias mans prodixiosas pero non puido facer nada no gol de Bruno que parecía que ía dar a vitoria os visitantes, pero nun balón parado un remate de Juan de Celia introduciuno Jano na súa portería. Pediu o Lira penalti a Kike co tempo cumplido, que supuxo a expulsión do dianteiro liracho. Ó final produciuse algún pequeno altercado e protestas varias hacia o colexiado, sobre todo por parte da afección visitante. Foto. Edu Olveira MUXÍA C.F. 4 - BUÑO S.D. 1 MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Conguito, Michael, Tomás, Adrián, Pereira, Isma, Mauro, Mario e Nogueira. Tamén xogaron Martín, Víctor e Lagoa BUÑO: Brais, David Alvarez, Manoliño, Moscoso, Posiño, Jorge Calvete, Fran, David Dourado, Juan Antelo, Pedro e Zinho. Tamén xogaron Richard, Anxo, Eloy, Emilio e Pablo GOLES: 1-0 36´Adrián Alcaina   2-0 55´Manu Nogueira   3-0 59´Mario   4-0 72´Isma   4-1 89´Jorge Calvete Primeiro tempo igualado, cun Buño respondón e cun Hugo que tivo que facer boas intervencións para evitar que se adiantaran os visitantes. Foi Adrián Alcaina de penalti o que puxo o 1-0 no marcador. Unha boa xogada de Manu Nogueira rompeu o encontro definitivamente, e pronto chegaron os restantes goles. O Buño non se amedrentou e pelexou con orgullo, pero só foi quen de anotar un tanto co tempo case cumplido. S.D. CORISTANCO 0 - S.C.D. MALPICA 2 CORISTANCO: Diego, Mato, Cristian, Lagoa, Pazos, Damián, Jorge, Javi, Xuco, Cebey e Figueiras. Tamén xogaron Braian, Rial e Miguel Mallo. MALPICA: Anxo, Jordan, Omar, Santi, Juan Fuentes, Capelán, Gonzalo, Eiroa, Vituco, Dani Casal e Ures. Tamén xogou Andy. GOLES: 0-1 46´Dani Casal   0-2 76´Dani Casal Nun igualado encontro o Malpica levouse os puntos gracias ó acerto no segundo tempo do seu talentoso 10, Dani Casal. Tras un primeiro tempo sen moitas ocasións, nada máis saír do descanso un remate de cabeza no segundo pao significou o primeiro tanto. O Coristanco tentou acosar a Anxo, pero o Malpica defendeuse con acerto. E nunha contra Dani Casal non perdoou no man a man e sentenciou o encontro.

Comentarios