Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: aprétase a cabeza coa vitoria do Corme no derbi

2ª Galicia: aprétase a cabeza coa vitoria do Corme no derbi
A vitoria do Corme no derbi e o empate do Mazaricos en Verdillo apretou a cabeza da tabla clasificatoria na zona alta. Pinchou o Muxía ante o Muros e alónxase do liderato. Na zona baixa o Lira caeu en Cee e o Ameixenda sorprendeu ó Buño en Xaviña. O Malpica venceu en Louro e mete a este equipo nos posto perigoso. Baíñas e Cerqueda igualaron buscando ambos chegar arriba, e o Volantes encadea varios bos resultados e colócase quinto. CORME C.F. 2 - PUENTECESO S.D. 1 CORME CF: Suso, Jesús, Pandi, Eloy Villar, Javi Peón, Manu Bermúdez, Doldán, Alejo, Lucas, Brais Pombo e Toniño. Tamén xogaron Sueiro, Samu Costa e Brais Torrado. PUENTECESO SD: Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Iván Rodríguez, Mendieta, Ismail, Iago e Aday. Tamén xogaron Charro, Eloy Alvarez, Darío e Adrián Pose. GOLES: 1-0 44´Alejo   2-0 75´Sueiro   2-1 89´Charro Gran derbi no Cairo. Empezou dominando o Ponteceso, pero as ocasións foron para o Corme. Damián detivo un bo disparo de Alejo. Á media hora o mesmo Alejo volveu  a rematar de maneira acrobática e Damián tivo que mandar a córner. Xusto antes do descanso, o primeiro tanto: Alejo, sempre atento, aproveita unha indecisión entre Damián e Matías para anotar o gol que abría o marcador. Na reanudación puido sentenciar pronto o Corme en ocasións de Eloy Villar e Alejo, moi activo todo o partido. Matías nun lanzamento de falta tivo a mellor ocasión visitante. Sueiro á saída dun córner anotou o segundo, e Alejo nunha contra tivo o terceiro pero rematou alto. Charro co tempo case cumplido recortou diferencias pero foi insuficiente e a vitoria quedouse no Cairo. MUXÍA C.F. 0 - C.D. MUROS 0 MUXÍA CF: Hugo, Michael, Brais Mouzo, Conguito, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Gora, Santi, Isma Pose, Tomás e Mauro. Tamén xogaron Víctor Alcaina, Noe, Mario, Pereira e Julián. CD MUROS: Xandre, Banana, Pelos, Eloy, Gael, Alex Siaba, Ramón, Xavier, Alvarito, Daniel e Yerai. Tamén xogaron Xoaquín, Gabriel e Bruno. O Muxía pagou a falta de acerto cara ó gol e non puido levarse a vitoria ante un serio Muros. O Muxía tivo claras ocasións no primeiro tempo, sobre todo cun penalti que Adrián Alcaina non foi quen de transformar. Tivo o Muros a súa opción no segundo tempo pero Noé, que sustituirá a Hugo, fixo unha boa parada. Puido vencer o Muxía cunha ocasión de Manu Nogueira pero o dianteiro enviou o balón ó pao. C.D. BAÍÑAS 0 - U.D. CERQUEDA 0 CD BAÍÑAS: Paulo, Rodri, Naya, Ramón, Luis Alvite, Mayor, Canosa, Pablo Muíño, Javi Souto, Oreiro e Toño. Tamén xogaron Esteban, Felipe, Capote e Esteban Rodríguez. UD CERQUEDA: Diego Dourado, Javi Souto, Martín Añón, Dani, Jonathan, Javi Pazos, Dieguito, Michel, David Dourado, Molinos e Lorenzo. Tamén xogaron Méndez, Manu Guillamet, Gonzalo, Martín Castro e Bastón. Moito frío en Vimianzo e a mesma temperatura goleadora, nun encontro igualado que acabou en xusto empate. Tivo unha boa opción de gol o Cerqueda no primeiro tempo, cun man a man de Molinos que dispara alto. No segundo tempo o Baíñas apretou nos primeiros vinte minutos, pero non foi uen de marcar. O Cerqueda buscaba a contra, e tivo un par de claras ocasións, sobre todo un man a man de Dieguito que tras regatear a Paulo botou o balón fora. Diego Dourado salvou ó Cerqueda no último minuto nun rexeite dun córner que rematou o Baíñas a boca de xerro e o gardameta evitou a vitoria local. U.C.CEE 3 - LIRA C.F. 0 UC CEE: Maikel, Jorge, Pablo, Dani Freire, Aitor, Esteban, Brais, Martín, Iván, Luis Lojo e Patera. Tamén xogaron Leo, Fran, Samu e Alex. LIRA CF: Peipo, Cristian, Chema, Porto, Badara, Gabri, Oliver, Cristian Caamaño, Deme, Borja e Toni. Tamén xogou Javier Sieira GOLES: 1-0 68´Patera   2-0 78´Patera   3-0 90´Leo As inclemencias meteorolóxicas marcaron o encontro no Sampaio de Refoxos. O día non se prestaba para a práctica do fútbol, con moito frío e incluso por momentos granizando. Despois dun primeiro tempo moi igualado no segundo foi cando chegaron os goles locais. Tivo o Lira unha boa opción de adiantarse no marcador pero non foi quen de facelo e o Cee non perdoou. O 1-0 descentrou ó Lira, que viu como pronto chegaba o segundo. Co tempo cumplido o veterano Leo anotaba o terceiro e definitivo para darlle uns importantes puntos ó Lira. BUÑO S.D. 2 - S.D. AMEIXENDA 3 BUÑO SD: Brais, David Alvarez, Eloy, Fran, Borja Gándara, Zinho, Alexandre, Posiño, Pablo, Matías e Juan Antelo. Tamén xogaron David Dourado, Manuel, Miguel e Petís. SD AMEIXENDA: Oscar Riolo, Tomás, Po, Javichu, Camacho, Chucho, Castreje, Bicho, Piquero, Susiño e Pablo. Tamén xogaron Yago, Saulo e Cristian. GOLES: 1-0 30´Juan Antelo   1-1 67´Chucho   2-1 70´Zinho   2-2 79´Piquero  2-3 84´Piquero Remontada importantísima do Ameixenda ante un rival directo, non campo de Xaviña. Adiantouse o Buño no primeiro tempo con gol de Juan Antelo e así se chegou ó descanso. Chucho igualou, que importante está a ser a chegada do centrocampista ó equipo de Julio Vila, pero pronto volveu a marcar Zinho. Cando parecía que a vitoria ía caer do lado local saíu a vena goleadora do centrocampista Piquero, que en dúas accións remontou o partido ante a desesperación local. VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 - SPORTING ZAS 0 VOLANTES DE BAÑO FC: Javira, Juan do Sivil, Thiago, Pardelo, Raúl, Santi, Godo, Pesco, Iván, Rachón e Saúl. Tamén xogaron Yanki, Alex, Ricardo e Samu. SP. ZAS: Adrián Vázquez, Paredes, Rubén, Juan Lois, Brais, Amado, Miguel, Pablo Fuentes, Santi Casas, Dani Mato e Rubio. Tamén xogaron Alvaro, Raúl e Christian. GOLES: 1-0 28´Thiago   2-0 74´Pesco de penalti Victoria clara dun Volantes que puido ganar de maneira máis clara, pois fallou bastantes ocasións de gol. O Zas xogou moi mermado polas baixas e fixo xogar a 4 xuvenís. Thiago lanzou unha falta ó inicio do partido que sacou Adrián, despois Pesco tivo unha clara ocasión. Marcou Thiago o primeiro, e no segundo tempo o Volantes incluso mandou un balón ó pao, e Adrián Vázquez tivo que sacar varias mans. Pesco sentenciou cun gol de penalti. S.D. SAN LORENZO 1 - MAZARICOS C.F. 1 SAN LORENZO: Rubén, Fidalgo, Rudi, Luciano, Pablo Díaz, David, Alejandro, Mario, Fuentefría, Jose e Diego Varela. Tamén xogaron Brais Cancela, Juanjo, Dani Cotelo, Fran e Alberto. MAZARICOS CF: Miguel, Cutu, Borja, Mario, Ricardo, Barbeira, Piki, Estéfano, Roberto, Pereiro e Raúl. Tamén xogaron Yago Dosil, Oreiro e Chiki. GOLES: 0-1 64´Mario   1-1 77´Jose Gran partido nas Pedreiras. Dous equipos ben plantados no campo, cunhas defensas moi sólidas e buscando as súas armas en ataque. O primeiro tempo foi moi táctico, con moita loita no centro do campo. No segundo tempo o San Lorenzo tivo un par e boas ocasións para diantrse no marcador, pero a partir de ahí o Mazaricos mellorou e dominou o encontro, ata que atopou o gol nunha internada de Mario. O San Lorenzo, que sempre apreta moito no seu campo, buscou o empate e atopouno o senior de primeiro ano Jose. Ambos equipos loitaron buscando a vitoria pero quedouse nun xusto e bonito empate. U.D. MONTE LOURO 2 - S.C.D. MALPICA 3 UD MONTE LOURO: Fer, Abel, Pablo, Borja, Pedro, Yeray, Pesco, Dani de Sahorta, Geiko, Juan de Celia e Sambade. Tamén xogaron Manolo Chouza, Gelo, Samu e Mingos. SCD MALPICA: Lamas, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Migueliño, Andy, Gonzalo, Marcos, Dani Casal e Aitor. Tamén xogaron Brais Ceán, Alberto e Laik. GOLES: 0-1 1´Andy   0-2 22´Dani Casal   0-3 48´Andy   1-3 61´Juan de Celia   2-3 89´Juan de Celia Unha saída en tromba do Malpica comandada por Gonzalo Vilariño dende o centro do campo sorprendeu ó Louro. Andy na primeira xogada e Dani Casal ós vinte minutos deixou un 0-2 difícil de remontar que se volveu imposible co 0-3 de Andy á volta do descanso. O Louro sacou de casta, e Juan de Celia recortou distancias. O segundo gol chegou demasiado tarde para pensar nunha posible remontada dos locais, e o Malpica levouse tres importantes puntos.  

Comentarios