Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: arde Esteiro!

2ª Galicia: arde Esteiro!
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com BUÑO S.D. 3 - U.D. MONTE LOURO 1 BUÑO: Brais, David Alvarez, Manoliño, Moscoso, Posiño, Jorge Calvete, David Dourado, Richard, Anxo, Zinho e Juan Antelo. Tamén xogaron Fran, Emilio, Pedro, Eloy e Pablo. MONTE LOURO: Iago, Miguel, David, Manolo Chouza, Pablo, Gelo, Gabri, Dani Corniños, Geiko, Riki e Dani de Sahorta. Tamén xogaron Abel e Juanma. GOLES: 0-1 24´Geiko   1-1 28´David Dourado   2-1 32´Jorge Calvete   3-1 68´Richard Expulsado Manolo Chouza 86´ Vitoria balsámica para un Buño que viu como un competitivo Louro se adiantaba no marcador nun erro defensivo, con tanto de Geiko. Non tardou en reaccionar o Buño, e Dourado igualou nun rexeite despois dunha falta lateral. E pouco despois unha internada de Zinho con pase a Jorge Calvete significou o 2-1. Puido empatar o Louro nun remate de Riki antes do descanso. Os visitantes buscaron a igualada, pero noutro pase de Zinho Richard facía o terceiro e definitivo tanto. Brais sacou un par de mans para evitar que o Louro se acercase e o Buño levouse a vitoria. S.D. ESTEIRANA 1 - S.D. CORISTANCO 0 FOTO CONCHY FREIRE ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Manu Tobío, Dani Rama, David, Josiño ALves, Alex Rama, Josiño Barreiro, Rober Pladur, Pablo Rama e Jaime. Tamén xogaron Campos, Brais, Xián e Eloy. CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Pazos, Cristian, Alex Botana, Cebey, Samu Vázquez, Javi, Jorge e Xuco. Tamén xogaron Corral, Lagoa, Braian, Figueiras e Rial. GOL: 1-0 43´Josiño Alves FOTO CONCHY FREIRE A Esteirana proclamouse campión da Liga da Costa con todo merecemento a falta de dúas xornada, vencendo onte ó Coristanco nun competido encontro que se decantou cun solitario tanto de Josiño Alves. O primeiro tempo foi igualado, con poucas ocasións de gol. E pouco antes do descanso un gran disparo lonxano de Josiño Alves adiantou á Esteirana ante o delirio da afección. No segundo tempo o Coristanco apretou e insistiu na busca do empate, o encontro abríuse máis, tendo os visitantes un par de boas ocasións e a Esteirana á contra puido tamén sentenciar o encontro. Os locais aguantaron o marcador, sabedores de que lles daba o título, e co pitido final desatouse a euforia. Destacar o magnífico ambiente, moi deportivo a pesar do que se xogaban ambos equipos, no Xosé Luis Vara. O propio Xosé Luis, aló onde esté estará orgulloso desta camada de xogadores esteiráns. FOTO CONCHY FREIRE PUENTECESO S.D. 1 - OUTES C.F. 2 PUENTECESO: Xurxo, Christian, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Charro, Martín Puente, Mendieta, Ismail e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Iván, Luca, Adrián Pose e Yago. OUTES: Xandre, Cutu, Pose, Ramón, Lucas, Martín, Elías, Babu, Alvaro, Jura e Mario. Tamén xogaron Quin, Bruno e Joel. GOLES: 0-1 38´Pose   1-1 67´Iván   1-2 75´Pose O Outes, máis necesitado que o equipo local, levouse os puntos do Pinguel. Tras un bo inicio do Ponteceso, o Outes tomou o mando do encontro, anotando Pose o 0-1 ós 38´, e anulándoselle un gol antes do descanso. Tras o tempo de lecer, Recarey tivo unha gran ocasión que sacou Xandre cunha boa parada. Igualou Iván Rodríguez o encontro cun bo cabezazo, pero pouco despois, tras varios rexeites, novamente o central Pose anotou o tanto definitivo, que lle da tres puntos de ouro ós da Serra. SP. ZAS 5 - CORME C.F. 1 SP.ZAS: Tivoli, Andrés, Josito, Alex, Diego, Manu Fuentes, Brais, Pablo Fuentes, Fabián, Dani Mato e David Blanco. Tamén xogaron Rubén, Pedro e Xoel. CORME: Susiño, Jesús, Pandi, Eloy, Diego, Brais, Lucas, Toniño, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Samu Costa, Isaac, Alejandro e Cristian. GOLES: 1-0 51´Dani Mato   2-0 56´Alex   2-1 60´Lucas   3-1 66´Dani Mato   4-1 70´David Blanco   5-1 80´David Blanco FOTO DAVID CASTRO Sorprendente goleada dun Zas superior ó Corme, sobre todo no segundo tempo. O encontro foi máis iguado no primeiro, onde Alejo tivo unha boa ocasión ós 5´ nun cabezazo que sae fora por pouco. Respostou o Zas cun remate de Andrés que saca Susiño. Anulouselle un gol a Alejo por fora de xogo. No segundo tempo Alejo viu como Tívoli lle detiña un penalti, e na seguinte xogada, nunha falta que o Zas saca cando o Corme está colocando a barreira, anota Dani Mato. Alex anotou o segundo tras unha falta sacada por Diego. Recortou diferencia Lucas, pero Dani Mato anotou o terceiro pronto, e David Blanco encargouse dos dous últimos tantos da tarde. C.D. BAÍÑAS 2 - U.C.CEE 4 BAÍÑAS: Víctor, Damián, Héctor, Moreira, Cachi, Canay, Mayor, Canosa, Pablo Muíño, Jesús e Felipe.  CEE: Parroto, Nico, Jorge, Aitor, Bermúdez, Carlos Leis, Canosa, Esteban, Charly, Jon e Adrián. Tamén xogaron Penedo, Leo e Borja. GOLES: 0-1 9´Moreira en pp   0-2 16´Charly   1-2 66´Pablo Muíño   2-2 70´Damián   2-3 79´Leo   2-4 83´Leo FOTO U.C. CEE Partido vital para un Cee que pronto se puxo en vantaxe no marcador con goles en propia porta do central local Moreira e de Charly. A partir de ahí o Cee defendeu ben e chegou así ó descanso. Pero no segundo tempo reaccionou o Baíñas, que logrou empatar o encontro, pero unha vez máis o veterano Leo saíu para sacar as castañas do lume, con dous tantos que acercan ó Cee á salvación. LIRA C.F. 3 - U.D. CERQUEDA 2 LIRA: Peipo, Eloy, Cristian, Jano, Ramón, Coté, Miguel, Isma Sanli, Bruno, Isma Leis e Toni. Tamén xogou Fran Maceiras. CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Martín, Javi Pazos, Manu Guillamet, Michel, Gonzalo, David Dourado, e Méndez. Tamén xogaron Bastón e Uru. GOLES: 0-1 13´Manu Guillamet   0-2 22´Manu Guillamet   1-2 29´Bruno   2-2 44´Bruno   3-2 53´Isma Leis Expulsado Jano no 64´ Partido vibrante en Lombáns. O Cerqueda saíu moi ben de inicio, anotando en dou córners Manu Guillamet puxo por diante ós visitantes. Nunha contra reduciu distancias Bruno, que antes do descansou foi quen de roubar un balón á defensa visitante e empatar o partido no man a man con Dourado. O Lira, necesitado de puntos, apretou no segundo tempo, e Isma Leis anotou o tanto da vitoria. Jano foi expulsado e montouse un bo lío, que acabou co arbitro no vestiario e o partido parado 30 minutos. Na reanudación apenas houbo ocasións e o partido quedou co 3-2 definitivo. CAMARIÑAS F.C. 1 - MAZARICOS C.F. 1 CAMARIÑAS: Martín, Rodrigo, Maikol, Moriño, Soule, Dani Costa, Brandon, Maikel, Mickael, Nico e Saviola. Tamén xogou Djibi.  MAZARICOS: Angel, Danis, Amoedo, Carreira, David, Ricardo, Roberto, Raúl, Barbeira, Pereiro, e Cacho. Tamén xogaron Iago, Manuel, Orlando, Molinos e Martín. GOLES: 1-0 49´Maikel de pti   1-1 62´Cacho Igualaron no Hermanas Patiño o Camariñas e o Mazaricos, resultado que é máis válido para os visitantes con vista a asegurar a promoción, pois perderon tanto Corme como Baíñas, que para os locais, que viron como Outes e Cee vencían e se lle escapaban na clasificación. O encontro decidiuse no segundo tempo. Adiantouse o Camariñas de penalti por medio de Maikel, e o xogador costeiro afincado en Bertamiráns, Cacho, igualou o encontro pouco despois. Ambos equipos buscaron a vitoria pero o empate foi inamovible. S.C.D. MALPICA 2 - MUXÍA C.F. 2 MALPICA: Anxo, Jordan, Omar, Santi, Dimitri, Eiroa, Gonzalo, Capelán, Vituco, Dani Casal e Ures. Tamén xogaron David e Andy. MUXÍA: Hugo, Iván, Conguito, Pereira, Adrián, Manu Nogueira, Michael, Mario, Isma, Tomás e Mauro. Tamén xogaron Víctor, Julián, Martín, Lagoa e Toja. GOLES: 0-1 48´Manu Nogueira   0-2 52´Mauro   1-2 58´Dani Casal de pti   2-2 74´Dani Casal Igualaron Malpica e Muxía nun encontro sen apenas transcendencia clasificatoria. O encontro chegou 0-0 ó descanso, e no segundo tempo foi cando chegaron os goles. Adiantouse o Muxía con dous tantos moi pronto, por medio de Manu Nogueira e Mauro, pero Dani Casal, en vena goleadora anotou primeiro de penalti e igualou faltando 15 minutos. O encontro enrareciuse algo cara o final coas expulsións dos visitantes Mauro e Pereira.

Comentarios