Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: catro candidatos para un título

2ª Galicia: catro candidatos para un título
MAZARICOS C.F. 1 - CORME C.F. 3 O Corme igualou a liga no treito final - FOTO FIN LEMA MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Roberto, Oreiro, David, Ricardo, Estéfano, Manuel Luis, Orlando e Barbeira. Tamén xogaron Pereiro, Carreira, Martín e Angel. CORME: Susiño, Jesús, Pandi, Javi Peón, Sueiro, Eloy, Doldán, Lucas, Toniño, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Alejandro, Samu Costa e Brais Torrado. GOLES: 0-1 9´Sueiro   0-2 14´Lucas   1-2 33´David de pti   1-3 90´Samu Costa Expulsado Danis 89´ Danis foi expulsado nos instantes finais - FOTO FIN LEMA Partidazo en Mazaricos, dos que crean afección. O Corme parece que lle ten tomada a medida ó Mazaricos e volveuno a vencer, esta vez para igualar a liga e deixar un final de infarto, con 4 equipos candidatos ó título. O primeiro cuarto de hora dos visitantes foi excelente, e con goles de Sergio Sueiro e Lucas adiantáronse no marcador. Reaccionou o Mazaricos, que notou moito a baixa de Roberto Amoedo no centro da defensa, e David recurtou diferencias de penalti á media hora. O segundo tempo foi moi intenso. O Corme tivo que sacar a Alejandro de porteiro ante a lesión de Susiño, e o veterano xogador estivo na súa liña de fenómeno costeiro. O colexiado expulsou ó defensa local Danis, e co tempo cumplido Samu Costa, ese proxecto de figura, sentenciou o encontro. FOTO FIN LEMA U.C. CEE 3 - OUTES C.F. 0 CEE: Parroto, Nico, Martín, Aitor, Bermúdez, Carlos Leis, Adrián Canosa, Esteban, Leo, Juan o Bello e Charly. Tamén xogaron Carlos, Penedo, Castiñeira, Borja e Isma. OUTES: Xandre, Cutu, Pose, Lucas, Quin, Martín, Babu, Simón, Cristian, Jura e Mario. Tamén xogaron Elías, Yago Dosil, Joel e Alvarito. GOLES: 1-0 40´Charly   2-0 47´Esteban   3-0 75´Esteban No duelo vital pola permanencia o Cee impúxose ó Outes con claridade no marcador, non tanto no xogo. O Outes empezou ben o encontro, tivo ocasións antes do gol local, que chegou a pouco do descanso, nun rexeite na area pequena que aproveitou Charly. Xusto ó saír dos vestiarios o Cee fixo o segundo tanto, e o Outes veuse abaixo. Coa entrada de Penedo o Cee foi mellor neste tramo e sentenciou cun disparo dende a frontal da area de Esteban 3-0 e o Outes sae moi tocado de Cee. U.D. CERQUEDA 2 - PUENTECESO S.D. 2 CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Martín Añón, Pazos, Marcos Pensado, Michel, Cholo, Gonzalo, Méndez, David Dourado e Martín Castro. Tamén xogaron Eloy, Iván Mato, Bastón e Uru. PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Matías, Eloy Trigo, Ismail, Mendieta, Luca, Iván, Charro, Dieguito e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Dani Cotelo, Juanma e Cristian. GOLES: 0-1 18´Charro   0-2 37´Charro   1-2 47´Cholo   2-2 75´Martín Castro Expulsado Eloy 76´ Típico derbi en Xaviña, moi trabado e disputado, e con emoción no marcador. Iniciou mellor o Ponteceso, e un centro de Eloy anotouno Charro ós 18´. Antes do descanso o propio dianteiro malpicán anotou o segundo tras regatear a Dourado. Unha falta directa de Martín Puente puido significar o terceiro tanto. Pero no segundo acto o Cerqueda mellorou. Un disparo de Cholo bate en Matías e cólase na meta de Xurxo. Diego Dourado tivo que intervir a disparo de Dieguito, e pouco despois igualou o Cerqueda. A última ocasión tivoa Iván Mato para os locais pero o empate non se moveu. U.D. MONTE LOURO 2 - SP. ZAS 4 MONTE LOURO: Fer, Abel, Pablo, Dani Corniños, Manolo Chouza, Adrián, Dani de Sahorta, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Riki. Tamén xogaron David, Gabri, César e Gelo. SP.ZAS: Maikel, Alex, Fabián, Isma, Víctor Vecino, Josito, Manu Fuentes, David Blanco, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes. Tamén xogaron Jaime, Andrés, Rubén e Pedro. GOLES: 0-1 12´Dani Mato de pti   1-1 19´Juan de Celia   2-1 33´Adrián   2-2 36´Josito   2-3 49´Jaime   2-4 66´Josito Golazo de Juan de Celia - FOTO R.OLVEIRA Bo partido en Louro entre o conxunto local e o Zas. O encontro foi moi físico, con alternancia no primeiro tempo e un segundo onde o Zas aproveitou ben as súas ocasións. Iniciou o Louro cunha boa doble ocasión á que respostou o Zas cun disparo ó pao de Manu Fuentes. Anotou Dani Mato de penalti, pero Juan de Celia de falta e Adrián á saída dun córner puxeron ós locais por diante. Josito de falta igualou antes do descanso. No segundo acto o Louro levou o peso do partido pero primeiro Jaime e logo Josito novamente de falta foron moi efectivos e deron a vitoria ós visitantes. FOTO R.OLVEIRA MUXÍA C.F. 0 - C.D. BAÍÑAS 4 MUXÍA: Angel, Congui, Michael, Martín, Chans, Pereira, Isma, Mauro, Adrián, Nogueira e Lagoa. Tamén xogaron Denis, Mario, Tomás e Víctor. BAÍÑAS: Víctor, Javi, Roi Carril, Moreira, Esteban, Mayor, Cristian, Javi Souto, Pablo Muíño, Felipe e Hermida. Tamén xogaron Jesús, Oreiro e Damián. GOLES: 0-1 11´Pablo Muíño   0-2 28´Cristian   0-3 86´Jesús   0-4 88´Pablo Muíño O Baíñas está imparable e puido cun bo Muxía Vai lanzado o Baíñas, moi efectivo en ataque e solvente en defensa. Os visitantes demostraron onte o seu potencial ofensivo, do mellorciño da categoría, ante o que o Muxía pouco puido facer. Se a esto unimos a boa actuación do gardameta Víctor, enténdese o marcador, aínda que ó mellor foi un pouco abultado de máis. S.D. CORISTANCO 3 - LIRA C.F. 2 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Botana, Cebey, Samu Vázquez, Jorge Lorenzo, Damián, Samuel, Rial, Xuco. Tamén xogaron Corral, Lagoa, Javi, Figueiras e Braian. LIRA: Peipo, Eloy, Pedro, Cristian, David, Miguel, Jano, Kike, Bruno, Cote e Toni. Tamén xogaron Oliver e Isma Leis. GOLES: 0-1 43´Bruno   1-1 49´Xuco   2-1 82´Lagoa   2-2 83´Oliver   3-2 90´Xuco Vaia partidazo o de onte na Rocheira. Despois dun primeiro tempo con moitas imprecisións e onde o Lira de adiantou con gol de Bruno antes do descanso, o Coristanco reaccionou na segunda parte. O ex do Sofán Xuco, que debutaba onte, foi o protagonista do encontro. Anotou o 1-1, Lagoa de falta directa fixo o 2-1 e na seguinte xogada empatou Oliver. Pero co tempo cumplido Xuco anotou o terceiro tanto ante o delirio da parroquia local. CAMARIÑAS F.C 0 - BUÑO S.D 3 CAMARIÑAS: Martín, Djibi, Rodrigo, Maikol, Moriño, Brais, David, Javi Antelo, Brandon, Dani Costa e Nico. Tamén xogaron Joseba, Adrián, Dani Yanacon e Diego. BUÑO: Brais, Miguel, Manu, Moscoso, David, Dourado, Posiño, Adrián Rama, Richard, Anxo e Zinho. Tamén xogaron Juan Antelo, Emilio, Eloy, Gurita e Pablo. GOLES: 0-1 28´Zinho 0-2 63´Zinho  0-3 83´Juan Antelo Expulsado Javi Antelo 56´ O Buño dou un paso de xigante cara a salvación derrotando no Hnas. Patiño con claridade a un Camariñas que se mete en verdadeiros problemas. Os de Dani Calvete tiveron a paciencia necesaria, anotaron á media hora e coa expulsión de Javi Antelo no inicio do segundo tempo só tiveron que exprimir o nerviosismo local para levarse os tres puntos con claridade. O Camariñas pediu un penalti de Moscoso a Brandon, pero Zinho á saída dun córner e Juan Antelo de libre directo sentenciaron, e incluso o Buño puido facer algún tanto máis. S.D. ESTEIRANA 1 - S.C.D. MALPICA 0 ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Simón, Dani Rama, Josiño Alves, Estévez, Alex Rama, Josiño Barreiro, David, Jaime e Eloy. Tamén xogaron Pablo Rama, Campos e Brais. MALPICA: Anxo, Fabio, Omar, Dimitri, Juan Fuentes, Mante, Ures, Gonzalo Vilariño, Vituco, Santi e Andy. Expulsado Estévez no 63´ Un Malpica que se presentou so con 11 xogadores e 1 porteiro suplente en Esteiro plantou cara ó equipo local, que se levou os puntos cun solitario gol do lateral Simón, e que lle serve á Esteirana para colocarse a nada do liderato, con partidos directos entre os de arriba nas próximas xornadas. A pesar da baixa de Rober Pladur a Esteirana foi quen de levarse o encontro, non sen sufrimento, pois xogou con 10 homes a última media hora por expulsión de Estévez.

Comentarios