Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme asalta o liderato nun choque de emoción ata o final

2ª Galicia: O Corme asalta o liderato nun choque de emoción ata o final
Corme-Mazaricos-Foto-Fin Lema Moi tenso o choque no Cairo entre Corme e Mazaricos-Foto-Fin Lema Goles, remontada, tanganas, expulsións, penaltis decisivos… Tivo de todo o choque do Cairo no que o Corme arrebatou o liderato ao Mazaricos. Un Mazaricos que saíu moi descontento coa arbitraxe despois de facer un moi bo partido, pero sucumbíu nun treito final no que o Corme decidiu a base de calidade. Xusto ou inxusto, a clasificación queda co Corme cun punto por diante do Ponteceso e dous sobre o Mazaricos, e ambos conxuntos pecharán a primeira volta no Pino do Val a vindeira fin de semana. Polo demais, o Muxía non pasaba do empate sen goles na casa ante un Malpica que soubo sufrir cun home menos, e xa o alcanza un Volantes espectacular, que sumou a súa 5ª vitoria consecutiva. O Baíñas deixou escapar unha boa ocasión para subirse de novo ao carro, deixándose empatar no treito final ante o San Lorenzo. Por abaixo, importante vitoria do Muros ante o Ameixenda, que segue pechacancelas, e gran punto sumado polo Buño en Agra da Filgueira cando o cadro loureán tiña a vitoria na man para case alcanzalo na táboa.  

Muros - Ameixenda (4-2)

  • Muros: Xandre, Berni, Juachy, Eloy, Ramón, Álvaro, Alex Siaba, Dani, Xavi, Yerai e Saúl. Tamén xogaron: Bruno, Javi Pelos, Xandre, Xaco e Matías.
  • Ameixenda: Bicho, Gabriel, Samu, Bruno, Saulo, Kamacho, Pikero, Juanfran, Susiño, Tomás, Javichu. Tamén xogou: Pablo Trillo.
  • Goles: 0-1, m.5: Pikero de vaselina; 1-1, m.6: Álex Siaba; 2-1, m.15; Dani; 2-2, m.64: Saulo de vaselina; 3-2, m.74; de penalti; 4-2, m.85: Xavi.
Ameixenda con Bicho de porteiro en Muros 11 do Ameixenda, con Bicho de porteiro, en Muros Puntos importantes os que se xogaban en Muros, e así o entenderon os dous equipos, que chegaban fácilmente a área rival, pero tamén deixaban ocos na defensa. Un choque marcado polas baixas do cadro amarelo, que obrigaba a Bicho a colocarse baixo paus xa que nin Riolo nin Papi puideron estar no campo. Así, aos tres minutos Susiño manda o longueiro un rexeite de Xandre, e na contra Bicho para o tiro dos dianteiros muradáns. Pronto se adiantou o Ameixenda, m.5, con un gol de vaselina de Pikero. Pero pouco durou a alegría xa que tan só un minuto despois empataba Siaba para o Muros. Non había tregua, e no intercambio de golpes o Muros tuvo mais acerto, xa que Dani dende o borde da área grande facía o 2-1 cando só ía un cuarto de hora. Parecía que se podía rachar o partido pero logo de 15 minutos de desconcerto o Ameixenda voltou a collerlle o pulso o encontro. O segundo tempo foi máis igualado, e o Ameixenda volvía empatar o choque tras un erro de entendemento entre Xandre e a defensa local que Saulo aproveitou cunha fermosa vaselina. A entrada de Bruno foi clave, provocando un penalti e expulsión, e sendo unha dor de cabeza para a defensa ceense, que non tiña recambio. Os muradáns, conscientes de que van sufrir ata o remate da liga, tiraron de garra, ante un Ameixenda, cun home menos que non se daba por vencido. A expulsión de Bruno permitiu equilibrar a balanza e o Ameineda volcouse pero foi Xavi o que culminaba unha fermosa xogada combinada para sentenciar o choque.  

Corme - Mazaricos (3-2)

Corme no Cairo-Foto-Fin Lema Convocatoria do Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
  • Corme: Suso, Eloy, Pandi, Brais Andrade (Javi Bermúdez, min.70), Sueiro, Manu Bermúdez (Brais Torrado, min.60), Toniño Jesús (Alejandro m.85),Lucas (Fabián m.90), Alejo e Adrián Doldán.
11 do Mazaricos no Cairo-Foto-Fin Lema 11 do Mazaricos no Cairo-Foto-Fin Lema
  • Mazaricos: Miguel, Mario, Cutu, Borja, Pose, Ricardo, Raúl, Estéfano, Barbeira, Piky e Yago. Tamén xogaron: J. Ángel, José, Oreiro, Chiki e Róber.
  • Goles: 0-1, min.5: Piki; 0-2, min.50: Barbeira tras petar nos dous paus; 1-2 min.65: Lucas marca un golazo de falta; 2-2 min.88: Alejo de volea; 3-2 min.92: Alejo de penalti.
O Partidazo da xornada, case que do que levamos de tempada, non defraudou. O líder visitaba o campo do segundo clasificado e o choque tivo de todo: cinco goles, remontada, tanganas, expulsións, penaltis, vitoria de penalti no desconto… Unha alegría para os espectadores que estiveron no Cairo. Primeira metade de clara cor amarela, cun Mazaricos moi ben asentado en defensa e creando perigo constante cada vez que chegaba á area de Suso. Piki abría o marcador; Barbeira mandaba á madeira outro balón e Raúl vía como un defensa cormelán lle sacaba o segundo na liña de gol. Antes do descanso un posible penalti sobre o mazaricán Barbeira quedada cunha doble tarxeta que marcaría o choque. A segunda comezaba cun bo gol de Barbeira, e un segundo despois outro posible penalti sobre Estéfano tamén pasaba desapercibido para o colexiado. Mediada a segunda metade, e o co Mazaricos moi cómodo, chegan dúas xogadas claves: Lucas marca un golazo de falta e Barbeira recibe o seugundo cartón e deixa ao equipo cun menos. O Corme víñase arriba ata que Sueiro tamén era expulsado, pouco antes de que Estéfano marchase tamén aos vestiarios deixando os útimos minutos cun 10 contra 9 sobre o campo. E cando o partido parecía esmorecer, apareceu o de sempre, Alejo, cunha volea para empatar o choque. E xa co tempo cumplido, o colexiado volvería sorprender cun penalti por mans, que Alejo non desperdiciu, para poñer ao Corme líder co seu 26º gol en 13 partidos. Un Corme no que ao carón dos coñecidos Lucas, Pandi, Adrián Doldán, Toniño ou Alejo… hai outros 10 rapaces non tan famosos… todos de Corme. Lucas trasnforma unha falta fermosa no Corme-Mazaricos-Foto-Fin Lema Lucas transforma unha falta fermosa no Corme-Mazaricos-Foto-Fin Lema  

Muxía - Malpica (0-0)

  • Muxía: Hugo, Tomás, Michael Vilela, Mikael, Gerardo (Mario), Pereira (Gora), Mauro, Isma, Adrián, Julián (Congui) e Manu Nogueira.
  • Malpica: Eusebio, Mante (Jorge, m.31), Brais Cean, Dimitri, Fuentes, Laik, Andy (Martin, m.65) Aitor, Massar, Vilariño e Dani Casal.
Choque en Arlina Choque en Arlina Partido intenso, típico esta temporada en Arliña, con moita seriedade atrás pero poucas ocasións. En todo caso, foi un dos peores choques do Muxía no curso, no que unca se sentiu cómodo e con falto de ideas en ataque Así e todo os muxiáns tiveron un par de boas ocasións para romper a igualada, como unha na primeira metade e un longueiro co tempo cumplido da segunda, da man de Adrián. O Malpica tirou de seriedade e conseguiu manter as embestidas finais do cadro local, despois de quedar con 10 no m.51 por expulsión de Laik.  

Cerqueda - Lira (2-0)

  • Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Marcos Pensado, Atu, Manu Guillamet, Martín Añón, Michel, Méndez, Adrián Cives, Lorenzo e Dieguito. Tamén xogaron: Javi Pazos, Martín Castro, Julián, Sande e Bastón.
  • Lira: Babacar, Danis, Raúl, Óscar, Cartamil, Borja, Mamadou, Toni, Badara, Cristian e Oli. Tamén xogaron: Demetrio, Marcos, Manu e Javi. Non entrou Peipo.
  • Goles: 1-0, m.56: Dieguito; 2-0, m.67: Dieguito.
Cerqueda-Lira-Foto-UD 2 Cerqueda-Lira-Foto-UD Partido moi igualado o vivido en Xaviña, con dous equipos moi parellos, e un Lira que vai a máis. Na primeira metade tanto o cadro local como o liracho tiveron ocasións para adiantarse pero non estiveron acertados. Saiu mellor o Lira que tivo unha ocasión clarísima para adiantarse, pero de contado, o acerto de Diegueito foi clave para sentenciar o partido. O Lira, cun home menos, seguiu dando a cara ata o final, pero sen ver porta. A boa nova no cadro de Diego Lobelos foi o debut de Mamadou, que vai confirmando, por fin, o que pode ser o plantel para o resto da temporada. Cerqueda-Lira-Foto-UD Cerqueda-Lira-Foto-UD

Cee - Volantes (0-3)

  • Cee: Anxo, Jorgito, Pablo, Dani Freire, Estebo, Carlos Leis, Adrián Canosa, Martín, Bermúdez, Luís Lojo e Leo. Tamén: Brais, Maikel e Hugo.
  • Volantes: Javira, Jano, Santi, Juan (Tiko), Godo, Iván, Parde, Caju (Rapante), Rachón (Riki), Pesco e Berto (Yerai).
  • Goles: 0-1, min.25: Jano nu córner; 0-2, min.69: Pesco de fermosa falta; 0-3, min.85: Berto de penalti.
Partido igualado e disputado, cun Volantes perfectamente armado dende atrás, que deixaba tocar ao Cee no seu campo, pero que roubaba e sacaba perigosas contras. Aos 15 minutos Martín prantábase diante de Javira pero este conseguía deter o man a man. Leo mandou ao longueiro á media hora, e pouco despois, o Volantes abría o marcador como acababa decidindo o partido: en xogadas a balón parado. O primeiro foi de Jano nun córner, e na segunda caeron golazo de Pesco nunha falta e finalmente Berto de penalti. Antes de marcar o segundo o cadro muradán, Patera e Leo tiveron o empate. Malas novas para o Cee coa nova lesión de Dani Freire.  

Montelouro - Buño (1-1)

  • Montelouro: Fer, Abel, Pedro, Borja (Pesco, m.46), Pablo, Yeray, Dani Corniños (David, m.40), Sahorta (Gelo, m.90), Geiko (Adrián, m.75), Ivi, Rama (Miguel, m.65).
  • Buño: Brais, Miguel Dourado, Manuel, Adrián, David, Fran, Juan Antelo, Martín, Eloy, Lorenzo, Alexandre. Tamén xogaron: Rubén, Brandón, Emilio Calvo e David Dourado.
  • Goles: 1-0, m.27: un defensa malpicán en propia cando Geiko ía rematar a gol; 1-1, m.90: Fran.
Montelouro-Buno-Foto-Edu Olveira Foto-Edu Olveira Partido igualado en Agra da Filgueira cun cadro local algo máis dominador no primeiro tempo. Adiantábanse os de Óscar Leis cun gol en propia dos visitantes, e o partido parecía encarrilado trala expulsión de Alexandre ao fío do descanso. Seguíu dominando, cun home máis, o Montelouro, pero entre o meta Juan e a falta de acerto, non sentenciou. E na última xogada do partido, o Buño conseguía un puntiño nun córner, que sabe a ouro, vendo ademais como está a táboa, e deixando aínda ao cadro loureán a 4 puntos de diferencia. Montelouro-Buno-Foto-Edu Olveira Foto-Edu Olveira

Ponteceso - Zas (2-0)

  • Ponteceso: Brais, Ismail, Moscoso, Matias, Dani Cotelo (Adrián Pose min.78), Alberto Recarey, Mendieta (Nando min.57), Iago (Iván Rodríguez min.46), Luca, Puente (Aday min.67), Eloy Álvarez.
  • Zas: Penelas, Miguel (Raúl, m.71), Amado, Manu, Juan (Xabi, m.88), Juan Lois (Rubén, m.83), Pablo, Rubio, Dani, Fabián (Lody, m.58), Santi (Darío, m.85).
  • Goles: 1-0, m.23: Luca: 2-0, m.65: Iván Rodríguez.
Cómoda vitoria dun Ponteceso que saía combinando ante un Zas, con 6 xuvenís, que corría e corría detrás do balón e intetntaba sacar contras. O Zas tería dúas ocasións claras de gol en dúas internadas perigosas por banda de Rubio que pararía moi ben Brais. O Ponteceso íase sentindo máis e máis cómodo e pronto Luca abría o marcador. Pente, Recarey e Matías avisaban antes do descanso, pero non foi ata mediada da segunda metade cando Iván Rodríguez, nunha das súas internadas, facía o segundo. De aí ao final sucedéronse varias ocasións nas dúas áreas pero con protagonismo para Penelas e Brais, que fixeron varias paradas.  

Baíñas - San Lorenzo (2-2)

  • Baíñas: Paulo, Rodri, Toño, Joser, Luis Alvite, Canosa, Oreiro, Piñeiro, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén: Esteban, Canay, Jacobo, Felipe, e Capote.
  • San Lorenzo: Benja, Fidalgo, Rudi, Luciano, Dani Cotelo, Pazos, Fuentefría, Brais Cancela, Yago Varela e Styven. Tamén: Rubén, Juan, Ures, Junjo e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.11: Oreiro; 1-1, m.26: Fuentefría; 2-1, m.55: Pablo Muíño; 2-2, m.68: Brais Cancela de penalti.
Comezou a primeira parte intentando dominar o Baiñas e froito desto unha xogada desde a banda foi aproveitada por Oreiro para facer o 1-0. A partir de aqui o San Lorenzo subiu as liñas e comezou a asediar a porteria rival, provocando moitas impresicións no equipo local e froito dunha delas nunha indecision da defensa, aproveitase Fuentefría para poñer o 1-1 co que se iria o descanso. A volta dos vestuarios igual que na primeira parte co Baíñas que quería facerse dominador do balon e cun golpeo de Pablo Muiño para facer o 2-1. O San Lorenzo de novo a remolque vense arriba e nunha falta Paulo tivo que lucirse para evitar o empate, cousa que non conseguiu minutos máis tarde o conseguir de penalti a igualada. Dende este momento o partido converteuse nun “ida e volta” con Benja salvando varias ocasións do cadro local e mantendo o empate.  

Comentarios