Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: o drama do descenso cobra forma

2ª Galicia: o drama do descenso cobra forma
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com S.D. CORISTANCO 1 - CAMARIÑAS F.C. 2 CORISTANCO: Diego, Mato, Lagoa, Pazos, Jorge, Javi, Samu Vázquez, Xuco, Corral, Cebey e Botana. Tamén xogaron Cristian, Damián, Samuel e Figueiras.  CAMARIÑAS: Alvaro, Soule, Moriño, Maikol, Pablo, Brandon, Mickael, Dani Costa, Nico, Saviola e Maikel. Tamén xogaron Djibi e Brais. GOLES: 0-1 11´Brandon   1-1 58´Cristian   1-2 90´Djibi O drama do descenso tomou forma na Rocheira. Dous equipos que agora mesmo ocupan os postos que levan á 3ª, pelexaron por non afundirse, e a pesar de acabar ambos na mesma situación, as sensacións son opostas. O Coristanco vese derrotado e afundido e o Camariñas con esperanzas por ese gol no último minuto de Djibi. Adiantouse pronto Brandon para o Camariñas, e o Coristanco tivo que remar moito. Igualou á saída dos vestiarios tras o descanso e arriscaron para levarse o partido, cun Camariñas buscando o contragolpe. E nun balón parado a favor dos locais, o Camariñas logrou roubar e facer unha contra mortal que significou o segundo tanto ante o delirio camariñán. U.D. MONTE LOURO 2 - S.C.D. MALPICA 2 MONTE LOURO: Iago, Abel, David, César, Pablo, Adrián, Riki, Gelo, Geiko, Juan de Celia e Dani Corniños. Tamén xogaron Miguel, Gabri e Pedro. MALPICA: Anxo, Jordán, Omar, Santi, Dimitri, Capelán, Gonzalo, Eiroa, Vituco, Dani Casal e Mante. Tamén xogaron Ures e Andy. GOLES: 0-1 10´Dani Casal   0-2 30´Capelán 1-2 33´Juan de Celia 2-2 43´Adrián de pti Inicio forte do Malpica que se adiantou con goles de DAni Casal de pti e de Capelán nun disparo lonxano que batiu nun defensa. O Louro, sabedor de que o empate lle daba a salvación, lanzouse na súa busca, e nunha mala saída de Anxo, recurtou distancias Juan de Celia. Antes do descanso, en outro penalti, igualou Adrián. No segundo tempo, e valéndolle o resultado a ambos equipos, houbo pouco risco e moito medo de perder o acadado, e o marcador non se moveu. Ambos logra o obxectivo da salvación a unha xornada do final. PUENTECESO S.D. 2 - MAZARICOS C.F. 2 PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Ismail, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Charro, Yago, Luca e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Mendieta, Raúl e Mouhssin. MAZARICOS: Angel, Manuel, Martín, Roberto, David, Cacho, Estéfano, Orlando, Barbeira, Pereiro e Manuel Luis. Tamén xogaron Carreira e Molinos. GOLES: 1-0 3´Charro   2-0 12´Luca   2-1 29´Cacho   2-2 50´Cacho Emocionante partido no Pinguel. O Ponteceso xogou uns primorosos primeiros minutos, nos que se adiantou con dous tantos de Charro e Luca. O Mazaricos recortou distancias antes do descanso por medio de Cacho e aínda viu como lle anulaban un tanto por fora de xogo. No inicio do segundo acto unha falta lateral botada por Estéfano rematouna Cacho poñendo o empate. Damían evitou a vitoria visitante cunha gran parada a disparo do propio Estéfano, e Charro, Eloy Alvarez e Recarey tiveron opcións para os locais, pero a igualada non se movería. OUTES C.F. 4 - SPORTING ZAS 0 OUTES: Xandre, Cutu, Pose, Ramón, Lucas, Martín, Elías, Babu, Alvaro, Jura e Mario. Tamén xogaron Quin, Bruno, Joel, Antón e Simón. SP.ZAS: Tivoli, Andrés, Víctor Vecino, Josito, Manu Fuentes, Alex, Fabián, Pablo Fuentes, Brais, Dani Mato e David Blanco. Tamén xogaron Rubén, Pedro e Rubio. GOLES: 1-0 39´Mario   2-0 49´Mario   3-0 54´Mario   4-0 66´Mario Unha gran tarde do rápido dianteiro Mario foi suficiente para que o Outes goleara ó Zas e saíra dos postos de descenso directo. A necesidade fixo que o Outes estivera máis intenso. Elías tivo unha boa ocasión no 8´, e outra no 15´, con boa parada de Tívoli. Un centro de Elías a Mario abriu o marcador a pouco do descanso. No segundo tempo foi o recital de Mario, que en dúas xogadas persoais e nun disparo dende cerca anotou tres tiros máis. Aínda puido aumentar a conta o Outes cun disparo ó longueiro nos últimos minutos. U.D. CERQUEDA 2 - BUÑO S.D. 2 CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Javi Pazos, Marcos Pensado, Martín, Manu Guillamet, Michel, Gonzalo e David Dourado. Tamén xogaron Eloy, Julián, Uru e Bastón. BUÑO: Brais, David Alvarez, Manoliño, Moscoso, Posiño, Jorge, Fran, David, Richard, Anxo e Zinho. Tamén xogaron Juan Antelo, Petís, Emilio, Miguel e Pablo. GOLES: 0-1 52´Jorge Calvete   1-1 60´Dani de pti   1-2 75´Juan Antelo de pti   2-2 89´Eloy Gran derbi en Xaviña, con tensión, ocasións e polémica. O primeiro tempo non tivo un dominador claro, con poucas ocasións. Adiantouse o Buño cun gol de Jorge á saída dos vestiarios, e igualou o Cerqueda de penalti por medio de Dani. Un novo máximo castigo serviu para adiantar ó Buño, que se replegou, pois o resultado significaba a salvación, pero no último minuto Eloy anotou o tanto da salvación matemática do Cerqueda e fai que o Buño teña que esperar a ese Buño-Cee da última xornada para non temer polo pouco probable cuarto arrastre. CORME C.F. 6- C.D. BAIÑAS 1 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Eloy, Lucas, Toniño, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Brais, Alejandro, Samu Costa, Isaac e Angel. BAIÑAS: Víctor, Roi Carril, Moreira, Héctor, Jesús, Mayor, Canosa, Damián, Esteban, Pablo Muíño e Felipe. Tamén xogou Canay. GOLES: 1-0 8´Alejo de pti   2-0 44´Toniño   3-0 47´Alejo   3-1 57´Pablo Muíño   4-1 73´Eloy   5-1 75´Mayor en pp   6-1 89´Samu Costa Recital goleado do Corme no Cairo ante un Baíñas que está a pasar estas últimas xornadas de maneira relaxada e que onte pouco puido facer ante o acerto goleador dos locais. No duelo de pichichis Alejo ganoulle a partida a Pablo Muíño, como nota destacada. Ó descanso xa ganaba o Corme 2-0, e en ningún momento se viu poder de reacción no conxunto visitante. MUXÍA C.F. 3 - S.D. ESTEIRANA 0 MUXIA: Angel Luis, Iván Chans, Congui, Michael, Tomás, Isma, Lagoa, Mario, Manu Nogueira, Adrián e Julián. Tamén xogaron Toja, Víctor e Denis. ESTEIRANA: Alex , Codesido, Simón, Dani Rama, Xián, Alex Rama, Adrián Campos, Jaime, Brais e Eloy. Tamén xogaron Pladur, Pablo Rama, Tobío, David e Dani. GOLES: 1-0 7´Isma   2-0 35´Conguito   3-0 79´Isma Unha Esteirana todavía de resaca do título xogou relaxada e con homes non habituais na alineación e caeu en Muxía ante un equipo local cos deberes feitos, e que está a completar unha gran campaña. Xa no primeiro tempo sentenciou o Muxía o encontro con goles de Isma e Congui. Fixo cambios a Esteirana no segundo pero o Muxía aínda ampliou o marcador. U.C.CEE 1 - LIRA C.F. 1 CEE: Carlos, Nico, Jorge, Borja, Bermúdez, Aitor, Canosa, Carlos Leis, Leo, Charly e Adrián. Tamén xogaron Penedo e Isma. LIRA: Peipo, Cristian, Chema, Isma Leis, Eloy, Cote, Miguel, Bruno, Kike, Isma e Toni. Tamén xogaron Maceiras e Oliver. GOLES: 0-1 32´Bruno   1-1 65´Leo Igualada no dramático partido de Sampaio de Refoxos. Tras unha primeira media hora aburrida, unha gran ocasión de Leo precediu a un momento clave: unha boa xogada de Bruno acabou con penalti e expulsión de Borja, e o propio Bruno transformou o primeiro tanto. O Cee esperou ó segundo tempo para aproveitar o vento a favor, e así o fixo, acosando ó Lira e logrando o tanto do empate por medio de Leo a pesar de xogar con 10 homes. Incluso cara ó final do encontro tivo Penedo a ocasión para darlle a vitoria pero non chegou por milímetros na boca de gol.    

Comentarios